Ir o contido principal

Seminario ‘Perspectivas na investigación das narrativas e as plataformas’

05.11.2025 | 17.00h

Santiago de Compostela
Sala de Doutoramento

Coa investigadora Fabiana Piccinin

O encontro será na Facultade de Ciencias da Comunicación. Foto: Santi Alvite
O encontro será na Facultade de Ciencias da Comunicación. Foto: Santi Alvite

O grupo Novos Medios recibe o 5 de novembro a visita da investigadora Fabiana Piccinin, Bolsista Produtividade (CNPQ) da Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil) e integrante do Grupo de Estudos sobre Narrativas Audiovisuais Jornalísticas (GENAJOR).

A profesora Piccinin compartirá as súas reflexións nun seminario sobre os enfoques contemporáneos na investigación das narrativas xornalísticas e as transformacións que introducen as plataformas dixitais, cunha mirada dende os estudos que desenvolven na súa institución.

O encontro será ás 17.00 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación. A inscrición está aberta a docentes, persoal investigador, estudantado e profesionais da Comunicación a través desta ligazón.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2025.