Ir o contido principal

Aberta a matrícula dos cursos de idiomas para o segundo semestre

Aberta a matrícula dos cursos de idiomas para o segundo semestre. FOTO: Santi Alvite
Aberta a matrícula dos cursos de idiomas para o segundo semestre. FOTO: Santi Alvite
A oferta do CLM inclúe entre outros cursos de alemán, francés, inglés, portugués, italiano, galego para non galegofalantes ou xaponés, ademais de seminarios específicos sobre competencias comunicativas ou destrezas orais
Lugo, Santiago de Compostela

Alemán, checo, chinés, francés, inglés, portugués, italiano, catalán, español como lingua estranxeira, galego para non galegofalantes e xaponés son os idiomas que oferta o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM)  nos campus de Santiago e Lugo para este segundo semestre do curso 19/20. Dirixida á comunidade universitaria así como a calquera persoa maior de 16 de anos interesada, a oferta de cursos dispón de distintas alternativas de horario en función do idioma elixido así como distintos emprazamentos.

Ademais desta oferta de cursos regulares, a programación do CLM  inclúe tamén cursos específicos de destrezas orais en alemán, cursos preparatorios para os exames do Instituto Ramón Llull, así como cursos de competencias comunicativas e culturais en francés, cursos de iniciación ao italiano ou cursos semi intensivos de inglés. A maiores están previstos seminarios de checo e francés para o contexto universitario.

As persoas interesadas en cursar estudos nunha lingua da que posúan coñecementos previos e non teñan asignado un nivel nese idioma durante o curso anterior no CLM ou na EOI, deberán realizar un test de nivel. A inscrición para esta proba realizarase por Internet a través da secretaría virtual, accesible dende a web do CLM (http://www.usc.gal/clm), antes do 30 de xaneiro. Unha vez realizado este test, a data de matrícula nos cursos rematará o 4 de febreiro e o día 17 do mesmo mes para chinés e xaponés..

A maiores da oferta regular de cursos, o Centro de Linguas Modernas acolle ao longo de todo o ano os exames oficiais de certificación de coñecemento de distintos idiomas.

Cartel da oferta de idiomas do CLM para o segundo semestre
Cartel da oferta de idiomas do CLM para o segundo semestre
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.01.2020.