Ir o contido principal

Aberto o prazo para presentar textos ao premio de relato curto de Alumni USC

Imaxe das persoas participantes na entrega de premios da pasada edición do certame
Imaxe das persoas participantes na entrega de premios da pasada edición do certame
Os orixinais poden presentarse ata o 15 de outubro

Alumni USC vén de convocar a décimo oitava edición do seu certame de relato curto, aberto ao público en xeral, de temática libre, para textos inéditos e redactados en lingua galega. O relato terá un máximo de sete páxinas e os orixinais poden presentarse, co 15 de outubro como data límite, por correo electrónico ou por correo certificado, segundo os requirimentos establecidos na convocatoria.

O xurado poderá declarar deserto o premio e a súa decisión será inapelable a todos os efectos. O premio terá unha dotación de 500 euros, patrocinados polo Hospital HM La Rosaleda. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.07.2024.