Ir o contido principal

Clausura da quinta edición do máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural na Escola Politécnica Superior

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC acollerá este venres 26 de xuño, a partir das 17.30 horas, a clausura da quinta edición do máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural, un posgrao propio da USC organizado pola Plataforma da Madeira Estrutural (Pemade), en colaboración con Confemadera Hábitat Galicia e dirixido polo catedrático da USC Manuel Guaita.

A clausura deste máster celebrarase no salón de actos da EPS, no marco dunha sesión na que participarán, ademais de Manuel Guaita, o presidente de Confemadera Hábitat Galicia, Elier Ojea, o director do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC, Ramón Velo Sabín, e o tamén profesor da USC Juan Ortiz Sanz, quen intervirá en calidade de presidente do tribunal encargado de fallar os premios aos mellores proxectos de fin de máster.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2015.