Ir o contido principal

Eclipse total de lúa na noite do sábado ao domingo

Os investigadores da USC xa teñen traballado con anterioridade en rexións polares
Os investigadores da USC xa teñen traballado con anterioridade en rexións polares
As condicións meteorolóxicas non van acompañar a súa observación en Galicia

Na noite deste sábado, día 3, ao domingo 4 producirase unha eclipse de lúa que, segundo informa o director do Observatorio Astronómico ‘Ramón María Aller’ da USC, José Ángel Docobo, non se verá acompañada das condicións meteorolóxicas axeitadas que permitan a súa observación. Coas previsións de hoxe xoves, afirma, “tan só hai unha pequena probabilidade para a zona leste da Comunidade”.
O comezo da eclipse penumbral terá lugar ás 21:16, comezando a ser parcial ás 22:30 e total ás 23:44 do sábado. O medio da eclipse producirase ás 0:21 horas do domingo, finalizando a total ás 00:58 e a penumbral ás 3:25 horas.
Próximas eclipsesDurante o ano 2007 vanse producir catro eclipses, dúas de sol e outras tantas de lúa. A primeira de sol, que será parcial, terá lugar o vindeiro 19 de marzo e observarase no leste de Asia así como en Alaska. A segunda, tamén parcial, poderase seguir dende zonas de Sudamérica, a Antlántida e o Atlántico Sur o 11 de setembro.
En canto aos de lúa, tan só será visible na Península Ibérica a desta fin de semana “loxicamente naquelas zonas libres de nubosidade”, explica Docobo. Esta eclipse de lúa vai ser total, como tamén o será a do 28 de agosto.
Xa en 2008 haberá dúas eclipses de lúa visibles en España, o 21 de febreiro unha total e o 16 de agosto outra parcial. En Galicia, a próxima eclipse de sol visible será o 4 de xaneiro de 2011.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.03.2007.