Ir o contido principal

O Espazo de Danza da USC volve actuar no campus co seu programa 'Xa que pasas...'

Actuación do programa de improvisación ‘Xa que pasas…' desenvolta na Facultade de Filoloxía
Actuación do programa de improvisación ‘Xa que pasas…' desenvolta na Facultade de Filoloxía

O Espazo de Danza da USC volverá sorprender aos estudantes co seu programa de improvisación ‘Xa que pasas…’. Titulado ‘O falar calado’ e dirixido polo coordinador do Espazo Juan Carlos Zahera, o primeiro espectáculo será este mércores 2 ás 22:00 horas no recibidor da Residencia Universitaria Monte da Condesa.
As próximas citas celebraranse tamén ás 22:00 horas o luns 7 na RU Burgo das Nacións e o mércores 9 no Colexio Maior de Fonseca. ‘Xa que pasas...’ pretende achegar a danza aos universitarios nos propios espazos onde desenvolven o seu quefacer cotiá como son as facultades e escolas. Procúrase así a democratización do baile dentro da escena universitaria.
Espazo de Danza da USC
Dende a súa creación en 1997, o Espazo de Danza da USC avanza no seu desexo de converterse nun laboratorio de experiencias contemporáneas, para o que traballa con todos os integrantes da comunidade universitaria. No caso do Campus de Lugo tamén estende esta vocación a nenos maiores de 5 anos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.04.2008.