Ir o contido principal

Estudantes de 15 países avalían na USC a presenza de microcontaminantes en augas residuais

Parte do equipo docente posa co alumnado da escola de verán
Parte do equipo docente posa co alumnado da escola de verán
Nunha escola de verán que se desenvolve esta semana na ETSE

Un grupo de 30 estudantes de quince países participa esta semana en Santiago nunha escola de verán sobre presenza, tratamento e impacto económico de microcontaminantes en augas residuais que organizan as profesoras Maite Moreira e Marta Carballa, do Departamento de Enxeñaría Química. O encontro que se desenvolve na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) ten como finalidade avaliar a presenza de microcontaminantes en augas residuais, determinar as emisións de gases​ de efecto invernadoiro, analizar tecnoloxías de tratamento e valorar os seus impactos ambientais segundo o concepto de análise de ciclo de vida e avaliación económica. A organización comprende clases teóricas, seminarios, clases de laboratorio e una visita técnica á Edar Tui-Guillarei. Esta escola de verán é unha iniciativa conxunta de tres redes de investigación que coordina o profesor da USC Juan M. Lema: a europea COST Water 2020, con 60 investigadores de 32 países; a española NOVEDAR, con 10 grupos universitarios; e a galega REGATA, que asocia 11 grupos de investigación galegos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.09.2015.