Misión
Contribuír á promoción, o impulso e o desenvolvemento do coñecemento, a investigación e a difusión dos métodos alternativos de xestión de conflitos, entendidos como ferramentas ao servizo da prevención e xestión pacífica das controversias.
Valores
- Cooperación e diálogo como piares da convivencia social.
- Humanización da xustiza e participación democrática.
- Rexeitamento da violencia como mecanismo de resolución de disputas e responsabilización da cidadanía na súa xestión.
- Solidariedade e respecto á diversidade.
- Igualdade de oportunidades.
Obxectivos
- Promover o estudo científico e a investigación sobre aspectos relacionados coa mediación.
- Ofrecer á cidadanía e, en particular, á comunidade universitaria o acceso á mediación como ferramenta de prevención e
xestión de conflitos. - Emprender actividades formativas en materia de mediación e xestión alternativa de conflitos, tanto aquelas que sexan promovidas ou encomendadas pola USC como por promotores externos.
- Establecer relacións de colaboración con outras organizacións galegas, nacionais ou internacionais con obxectivos converxentes co Centro.
- Favorecer a difusión da mediación e da cultura de paz entre a cidadanía.