Ir o contido principal

Misión y objetivos

O CIARCUS, como centro propio da Universidade de Santiago de Compostela, alberga entre os seus obxectivos a promoción, impulso e desenvolvemento de coñecementos en materia de xestión alternativa de conflitos. Todo para favorecer a innovación e transferencia de coñecementos, fins inherentes á institución universitaria dos nosos días.

Misión

Contribuír á promoción, o impulso e o desenvolvemento do coñecemento, a investigación e a difusión dos métodos alternativos de xestión de conflitos, entendidos como ferramentas ao servizo da prevención e xestión pacífica das controversias.

Valores

  1. Cooperación e diálogo como piares da convivencia social.
  2. Humanización da xustiza e participación democrática.
  3. Rexeitamento da violencia como mecanismo de resolución de disputas e responsabilización da cidadanía na súa xestión.
  4. Solidariedade e respecto á diversidade.
  5. Igualdade de oportunidades.

Obxectivos

  • Promover o estudo científico e a investigación sobre aspectos relacionados coa mediación.
  • Ofrecer á cidadanía e, en particular, á comunidade universitaria o acceso á mediación como ferramenta de prevención e
    xestión de conflitos.
  • Emprender actividades formativas en materia de mediación e xestión alternativa de conflitos, tanto aquelas que sexan promovidas ou encomendadas pola USC como por promotores externos.
  • Establecer relacións de colaboración con outras organizacións galegas, nacionais ou internacionais con obxectivos converxentes co Centro.
  • Favorecer a difusión da mediación e da cultura de paz entre a cidadanía.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2024.