O Centro Integral de Análise e Resolución de Conflitos da Universidade de Santiago de Compostela (CIARCUS), creado no 2013, é un centro de investigación multidisciplinar en materia de xestión e resolución de conflitos, tanto polas vías tradicionais como polas alternativas. O seu obxectivo é a promoción do estudo, desenvolvemento e difusión do coñecemento neste ámbito, así como a formación do alumnado, partindo dos casos que cheguen ao centro para a súa xestión. O CIARCUS integra dúas seccións con cadanseu ámbito de actuación diferenciado: o Centro de Mediación e o Estudo Xurídico.
Contacto
Facultade de Dereito
Primeiro andar
Avda. Dr. Ángel Echeverri s/n, Campus Sur. 15782 Santiago de Compostela (A Coruña)
Email: ciarcus [at] usc.es (ciarcus[at]usc[dot]es)