Skip to main content

A comunidade universitaria beneficiarase de prezos exclusivos no encontro entre o Monbus Obradoiro e o Odilo FC Cartaxena CB

Imaxe de arquivo da bancada nun encontro do Monbus Obradoiro. FOTO: https://www.facebook.com/obradoirocab
Imaxe de arquivo da bancada nun encontro do Monbus Obradoiro. FOTO: https://www.facebook.com/obradoirocab
Será obrigatorio presentar a TUI no acceso ao Multiusos Fontes do Sar
Santiago de Compostela

USC e Monbus Obradoiro lanzan unha promoción especial dirixida á comunidade universitaria, con prezos e oportunidades exclusivas, con motivo do encontro fronte ao Odilo FC Cartaxena CB. O partido terá lugar o vindeiro martes 11 de febreiro, ás 20.30 horas, no Multiusos Fontes do Sar. Para beneficiarse desta oferta, será obrigatorio presentar a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) no acceso ao recinto, acreditando así a pertenza á comunidade universitaria. 

Todas as localidades estarán situadas na Tribuna 2 do pavillón. Para conseguilas haberá que empregar o código promocional USC1102 que xa está dispoñible na páxina web do Monbus Obradoiro e permitirá obter as entradas da seguinte maneira: as 100 primeiras serán gratuítas, as seguintes 200 poderán adquirirse por 3 euros, mentres que as restantes 300 estarán dispoñibles por 5 euros, sempre que a capacidade do espazo o permita. Con esta iniciativa, o Monbus Obradoiro busca achegar o baloncesto de elite á comunidade universitaria e fomentar a súa participación. 

The contents of this page were updated on 02.05.2025.