A comunidade universitaria beneficiarase de prezos exclusivos no encontro entre o Monbus Obradoiro e o Odilo FC Cartaxena CB
![Imaxe de arquivo da bancada nun encontro do Monbus Obradoiro. FOTO: https://www.facebook.com/obradoirocab Imaxe de arquivo da bancada nun encontro do Monbus Obradoiro. FOTO: https://www.facebook.com/obradoirocab](/sites/default/files/styles/content_inner_main_image/public/image/2025-02/474926164_1154256740039381_5505599133987636848_n.jpg?h=10d202d3&itok=g49sH7fk)
USC e Monbus Obradoiro lanzan unha promoción especial dirixida á comunidade universitaria, con prezos e oportunidades exclusivas, con motivo do encontro fronte ao Odilo FC Cartaxena CB. O partido terá lugar o vindeiro martes 11 de febreiro, ás 20.30 horas, no Multiusos Fontes do Sar. Para beneficiarse desta oferta, será obrigatorio presentar a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) no acceso ao recinto, acreditando así a pertenza á comunidade universitaria.
Todas as localidades estarán situadas na Tribuna 2 do pavillón. Para conseguilas haberá que empregar o código promocional USC1102 que xa está dispoñible na páxina web do Monbus Obradoiro e permitirá obter as entradas da seguinte maneira: as 100 primeiras serán gratuítas, as seguintes 200 poderán adquirirse por 3 euros, mentres que as restantes 300 estarán dispoñibles por 5 euros, sempre que a capacidade do espazo o permita. Con esta iniciativa, o Monbus Obradoiro busca achegar o baloncesto de elite á comunidade universitaria e fomentar a súa participación.