09.04.2025 | 12.00h

A inauguración do curso académico 2025-2026 do Sistema Universitario de Galicia terá lugar na Universidade de Santiago o 4 de setembro nun acto que presidirá o reitor compostelán, Antonio López, ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e ao que asistirán os seus homólogos das Universidades de Vigo e A Coruña e numerosas autoridades académicas. Precisamente ese día a Universidade de Santiago de Compostela conmemorará o 530 aniversario da sinatura da súa acta de constitución.
O discurso inaugural correrá a cargo do profesor de Historia Contemporánea Xosé Ramón Veiga Alonso e leva por título 'Muller e esfera pública no século XIX. Historia dunha conquista inacabada'.
O acto poderase seguir en directo na Canle Youtube da USC.