Skip to main content

Presentación do libro 'Más vale fortuna en tierra que bonanza en la mar. Franquismo y vivienda social para pescadores en Galicia'

11.04.2025 | 12.30h
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández, participa o 4 de novembro, ás 12.30 horas, na presentación da publicación "Más vale fortuna en tierra que bonanza en la mar". Franquismo y vivienda social para pescadores en Galicia da que son autores os membros do grupo  HISTAGRA da USC, Daniel Lanero Táboas e Xurxo Antelo Alvite. O acto desenvolverase na Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia da USC. 

Este libro quere ser unha contribución ao coñecemento da vivenda social, na súa modalidade destinada ao colectivo profesional dos mariñeiros, durante o franquismo. Pero, nos seus obxectivos, a investigación pretendeu ir moito máis alá tomando a cuestión da vivenda como fío condutor. "Nun sentido máis amplo, o noso propósito foi recuperar e poñer en valor a memoria laboral, social e política dos mariñeiros, das súas familias e das súas comunidades a través da reconstrución das súas historias de vida. De aí a atención que prestamos a asuntos como as experiencias laborais dos homes e as mulleres do sector pesqueiro, as súas prácticas e lugares de sociabilidade ou a dimensión comunitaria da vida cotiá", explican os autores.

Ademais da vicerreitora, intervirán  Xurxo Antelo Alvite e Daniel Lanero Táboas, autores e membros de HISTAGRA, e Antonio Míguez Macho, decano da Facultade de Xeografía e Historia. 


 

The contents of this page were updated on 10.30.2025.