Skip to main content

Descontos para a comunidade universitaria no encontro Monbus Obradoiro-Caja Rural CB Zamora

A promoción inclúe tres modalidades, limitadas e suxeitas á orde de adquisición.
A promoción inclúe tres modalidades, limitadas e suxeitas á orde de adquisición.
Disputarase o martes 16 de decembro ás 20.00 horas e cada persoa poderá adquirir un máximo de dúas entradas
Santiago de Compostela

Con motivo do partido da xornada 12 de Primeira FEB que enfrontará ao Monbus Obradoiro contra Caja Rural CB Zamora no Multiusos Fontes do Sar, o club lanza prezos especiais para toda a comunidade universitaria. O encontro disputarase o martes 16 de decembro ás 20.00 horas e cada persoa poderá adquirir un máximo de dúas entradas.

A promoción inclúe tres modalidades, limitadas e suxeitas á orde de adquisición. As primeiras 100 entradas serán gratuítas, as entradas 101 a 200 valerán 3 euros cada unha, e as entradas 201 a 300 costarán 5 euros cada unha, sempre condicionado ao espazo dispoñible. Todas as localidades estarán situadas na Tribuna 2 do Multiusos Fontes do Sar. O código para adquirir as entradas (USC12256) xa está activo no web do Monbus Obradoiro. Con esta iniciativa, o Monbus Obradoiro reafirma o seu compromiso de achegar o baloncesto profesional á comunidade universitaria e fomentar a participación dos afeccionados no vibrante ambiente do Fontes do Sar. 
 

The contents of this page were updated on 12.10.2025.