Descontos para a comunidade universitaria no encontro Monbus Obradoiro-Caja Rural CB Zamora
Con motivo do partido da xornada 12 de Primeira FEB que enfrontará ao Monbus Obradoiro contra Caja Rural CB Zamora no Multiusos Fontes do Sar, o club lanza prezos especiais para toda a comunidade universitaria. O encontro disputarase o martes 16 de decembro ás 20.00 horas e cada persoa poderá adquirir un máximo de dúas entradas.
A promoción inclúe tres modalidades, limitadas e suxeitas á orde de adquisición. As primeiras 100 entradas serán gratuítas, as entradas 101 a 200 valerán 3 euros cada unha, e as entradas 201 a 300 costarán 5 euros cada unha, sempre condicionado ao espazo dispoñible. Todas as localidades estarán situadas na Tribuna 2 do Multiusos Fontes do Sar. O código para adquirir as entradas (USC12256) xa está activo no web do Monbus Obradoiro. Con esta iniciativa, o Monbus Obradoiro reafirma o seu compromiso de achegar o baloncesto profesional á comunidade universitaria e fomentar a participación dos afeccionados no vibrante ambiente do Fontes do Sar.