Ir o contido principal

Cata de cervexas experimentais

10.04.2025 | 18.00h-20.00h

No marco do proxecto de investigación I-ReWater (Interreg SUDOE), a inscrición permanece aberta ata o 8 de abril

A actividade organizase en catro quendas de 20 min aproximadamente dende as 18.00 horas. FOTO: Pixabay
A actividade organizase en catro quendas de 20 min aproximadamente dende as 18.00 horas. FOTO: Pixabay

A cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría acolle o 10 de abril unha cata de cervezas experimentais no marco do proxecto de investigación I-ReWater (Interreg SUDOE). A actividade de degustación de cervexas elaboradas por LU.TE.GA realízase  en colaboración con Lúpulos del Bierzo, SAT Lúpulos de León, GESTAGUA, Fundación Juana de Vega, e o grupo de investigación PROePLA da Universidade de Santiago de Compostela. 

A actividade organízase en catro quendas de 20 minutos aproximadamente dende as 18.00 horas, onde se presentará a orixe do produto empregado para a elaboración da cervexa, en especial o lúpulo, así como os principais aspectos do proxecto I-ReWater que aborda o estudo dos efectos da auga rexenerada na rega dos cultivos, como o lúpulo en Abegondo (A Coruña) e Cubillos del Sil (León).

Para poder garantir a participación requírese inscrición previa ata o 8 de abril, indicando un máximo de dúas preferencias horarias para a súa participación. Os grupos pecharanse con 15 persoas por quenda de cata. A selección farase por orde de inscrición e quenda, ata cubrir as prazas. 
Enviarase por e-mail confirmación de asignación de quenda. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2025.