Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

A alcaldesa de Lugo recibe no Vello Cárcere a uns 150 alumnos e alumnas de intercambio da USC

A alcaldesa de Lugo recibe no Vello Cárcere a uns 150 alumnos e alumnas de intercambio da USC
A alcaldesa de Lugo recibe no Vello Cárcere a uns 150 alumnos e alumnas de intercambio da USC
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, así como polo seu adxunto para Estudantes, Internacionalización, Cultura e...
Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, así como polo seu adxunto para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, recibiu este domingo, no patio do Vello Cárcere, a uns 150 alumnos e alumnas de intercambio, que veñen cursar o segundo semestre universitario á USC, tanto ao Campus Terra, como ao campus de Santiago.

 

Os encargados de organizar e guiar esta visita, que se completou cunha visita polas instalacións socioculturais e pola cidade, foron os voluntarios e voluntarias de SCQ Erasmus, unha asociación sen ánimo de lucro composta por estudantes da USC e creada no 2016, á que a rexedora lle agradeceu o seu traballo durante o encontro, no que lles deu a benvida aos estudantes convidándoos a gozar de todo o legado e patrimonio de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.