Ir o contido principal

O Campus Terra da USC ultima a renovación da acreditación europea de Veterinaria con melloras no Rof Codina

El Campus Terra de la USC ultima la renovación de la acreditación europea de Veterinaria con mejoras en el Rof Codina
El Campus Terra de la USC ultima la renovación de la acreditación europea de Veterinaria con mejoras en el Rof Codina
O reitor da USC, Antonio López, xunto co conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, presidiu este luns a inauguración das obras de remodelación...
Lugo

O reitor da USC, Antonio López, xunto co conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, presidiu este luns a inauguración das obras de remodelación do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, acto ao que tamén asistiron a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; o secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos Conde; a tenente de alcalde do Concello de Lugo,  Ana Prieto; o director xerente da Fundación Rof Codina, Luis Felipe de la Cruz Palomino; e o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina.

 

As achegas económicas realizadas polos patróns da Fundación Rof Codina para acometer estas melloras no hospital universitario constitúen unha axuda esencial para que a USC poida cumprir o seu “obxectivo prioritario” de que a Facultade de Veterinaria do Campus Terra renove a acreditación europea expedida pola Eaeve (The European Association of Establishments for Veterinary Education) e continúe a ser un dos centros universitarios de referencia en España e en Europa, sinalou o reitor da USC, Antonio López.

 

O Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, aproveitou este acto inaugural para salientar que o Campus Terra concentra un triángulo virtuoso de Galicia no que ao eido veterinario se refire. “A Facultade de Veterinaria de Lugo é o centro universitario de Galicia que capta máis alumnado procedente de fóra da comunidade”, sentenciou o conselleiro, para logo engadir que este hospital veterinario ofrece uns servizos e máxima calidade asistencial á cidadanía, ao tempo que contribúe a mellorar a formación e as capacidades dos futuros profesionais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.