Ir o contido principal

O reitor Antonio López realiza visitas institucionais á Deputación Provincial e ao Concello de Lugo

El rector Antonio López realiza visitas institucionales a la Diputación Provincial y al Ayuntamiento de Lugo
El rector Antonio López realiza visitas institucionales a la Diputación Provincial y al Ayuntamiento de Lugo
O reitor da USC, Antonio López, mantivo este luns encontros institucionais co presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos Conde, e coa alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, na que...
Lugo

O reitor da USC, Antonio López, mantivo este luns encontros institucionais co presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos Conde, e coa alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, na que foi a súa primeira visita oficial ás dúas institucións luguesas desde que fora investido reitor da institución académica compostelá.

 

Ademais, a xornada de traballo do reitor en Lugo comezou a primeira hora da mañá na Facultade de Administración e Dirección de Empresas, onde presidiu a inauguración do curso de verán ‘A empresa familiar’, no marco dun acto no que, ademais dos preto de 20 alumnos e alumnas inscritas, tamén participaron o secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro, e a decana da facultade, a profesora Begoña Barreiro Fernández.

 

 

Na procura de sinerxías

Os encontros en Deputación e Concello de Lugo, aos que Antonio López, acudiu acompañado da vicerreitora de Coordinación deste campus, Montserrat Valcárcel Armesto, serviron para constatar o clima de bo entendemento e de máxima colaboración que mantén a USC coas institucións lucenses. As reunións permitiron asemade intercambiar opinións e actualizar información sobre as diferentes liñas de colaboración activas entre Deputación, Concello e Campus Terra da USC, ademais de para explorar futuras sinerxías que desenvolver a curto e medio prazo.

 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.