A representación simbólica da cautiva no século XIX: unha lectura crítica e a súa importancia na construción da identidade arxentina
Autoría
M.A.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)

Data da defensa
09.07.2025 15:45
09.07.2025 15:45
Resumo
Desde o século XIX, a figura da cativa ocupou un lugar central no imaxinario cultural arxentino, operando como símbolo dos conflitos fundacionais entre civilización e barbarie, e como axente de tensión nos discursos sobre nación, xénero e identidade. A súa representación, tanto na literatura como nas artes visuais, oscilou entre a victimización, a idealización romántica e a instrumentalización política, configurándoa como un corpo fronteirizo, erotizado e silenciado, moldeado polo relato patriarcal branco e letrado. Este traballo xorde da motivación por revisar criticamente esas narrativas hexemónicas, que aínda hoxe seguen facendo eco na construción da historia. A partir desta inquedanza, o obxectivo principal da investigación é analizar como a figura da cativa foi representada na literatura e na pintura arxentina do século XIX, e de que maneira estas representacións contribuíron a lexitimar proxectos de dominación cultural, territorial e de xénero. Así mesmo, proponse reescribir dita figura desde unha perspectiva feminista e decolonial, rescatando voces silenciadas e imaxinando novas formas de narrar a súa experiencia. A metodoloxía empregada combina un enfoque crítico-discursivo con análise iconográfico e literario, integrando ferramentas procedentes dos estudos de xénero, a teoría poscolonial e os estudos visuais. Analízanse textos de Echeverría, Hernández, Mansilla, así como obras de Blanes, Della Valle, Rugendas, Monvoisin e outros artistas da época. Como soporte teórico, tómanse achegas de autores como Segato, Rotker, Iglesia, entre outros. A investigación culmina nunha proposta expositiva que, a través de instalacións, proxeccións e outros dispositivos participativos, propón unha relectura crítica do mito da cativa, articulando elementos da arte contemporánea con arquivos históricos e ficcións restitutivas. A mostra busca visibilizar as tensións entre representación e poder, dando espazo ás voces que foron excluídas do relato oficial. O traballo estrutúrase en dúas partes. A primeira desenvolve o marco teórico e histórico do tema, abordando o tratamento da cativa na arte e na literatura do século XIX. A segunda parte describe o deseño curatorial do proxecto expositivo, detallando a súa fundamentación estética, política e simbólica. Deste xeito, articúlase a investigación e a práctica artística, propoñendo unha intervención crítica sobre a memoria cultural desde a intersección entre arte, historia e xénero.

Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)

A Francofonía en Marrocos: Papel educativo e cultural, aplicación práctica a través dun encontro literario
Autoría
M.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
M.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
15.09.2025 10:00
15.09.2025 10:00
Resumo
O proxecto explora a presenza da francofonía e da lingua francesa en Marrocos, examinando o seu impacto na cultura local e as súas implicacións na sociedade. Pon de relevo a importancia do Instituto Francés e da Alianza Francesa na difusión da lingua e da cultura francesas no contexto marroquí. A través dunha análise teórica, o estudo repasa a historia da presenza do francés en Marrocos, dende o período colonial ata a actualidade. Este traballo tamén permitirá responder ás seguintes hipóteses: é a cultura o único factor que promove a lingua francesa na sociedade marroquí, ou outros elementos como a literatura e o ensino tamén teñen influencia? A presenza da lingua francesa en Marrocos está unicamente ligada á historia das relacións entre os dous países, ou tamén a factores económicos e sociais? Esta primeira parte teórica tamén ten como obxectivo definir conceptos clave relacionados coa francofonía e analizar como estas institucións influíron nas prácticas educativas e culturais. A segunda parte explorará este impacto a través da proposta de organización dun Encontro Literario no Instituto Francés de Kénitra durante dous días. Esta iniciativa busca fomentar o intercambio cultural e o desenvolvemento profesional de escritores e escritoras marroquís de expresión francesa, ao mesmo tempo que aborda as dificultades loxísticas da organización dun evento deste tipo. O obxectivo é amosar como estas actividades enriquecen a cultura marroquí e fortalecen os lazos coa francofonía.

GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Titoría)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
Veiga Rodriguez, Alejandro S (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)

Vita Mulieris. A proxección social da muller na Galicia medieval: cotiandade, produción e cultura.
Autoría
N.C.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
N.C.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
Este traballo parte da análise do currículo de 2º de ESO, etapa educativa na que se aborda a Idade Media e na que se detecta unha presenza escasa e frecuentemente estereotipada da muller. A partir desta constatación, formúlanse cinco eixes temáticos que dan lugar a unha proposta didáctica composta por cinco actividades, cada unha vinculada a un eixe, deseñadas para ofrecer ao alumnado unha visión plural, complexa e activa do papel feminino na Galicia medieval. Para iso, empréganse metodoloxías activas que inclúen a análise de fontes primarias, o traballo cooperativo, proxectos creativos e a reflexión guiada, fomentando así unha aprendizaxe crítica e participativa. Enmarcada no ámbito dos servizos culturais, esta proposta concibe a escola como un espazo fundamental para conectar a investigación historiográfica actual coa divulgación e unha educación crítica, contribuíndo a superar imaxinarios reducionistas e a promover unha comprensión máis rica e matizada do pasado.

BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Titoría)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
Fogar e patrimonio: análise da cultura material en Lugo a finais do Antigo Réxime
Autoría
E.A.C.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
E.A.C.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
16.09.2025 10:00
16.09.2025 10:00
Resumo
Esta investigación céntrase na análise cuantitativa e cualitativa dos bens materiais rexistrados nos inventarios post-mortem de catro individuos pertencentes a diferentes estratos sociais: campesiño, sacerdote, comerciante e fidalgo, na provincia de Lugo, durante a transición do reinado de Fernando VII ao comezo da modernidade (arredor de 1830). A través do estudo destes documentos notariais, examínanse as semellanzas e diferenzas materiais así como as prioridades económicas presentes na xurisdición lucense neste periodo. A análise ten como obxectivo comprender a cultura material galega a finais do Antigo Réxime e pretende contribuír ao debate arredor da historia social e económica de Galicia.

CASTRO REDONDO, RUBEN (Titoría)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
DIAZ GEADA, ALBA (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
DIAZ GEADA, ALBA (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
22 anos da asociación teatral Pinchacarneiros, xestores dunha loita pola cohesión sociocultural das persoas con discapacidade
Autoría
S.C.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
S.C.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
15.09.2025 12:30
15.09.2025 12:30
Resumo
Este traballo de investigación céntrase en analizar os procesos de xestión cultural desenvolvidos ao longo de 22 anos de traxectoria pola asociación teatral Pinchacarneiros, conformada por persoas con discapacidade, co obxectivo de observar se a xestión contribuíu á cohesión sociocultural das persoas con discapacidade na cidade de Lugo. Para desenvolver esta análise empregouse unha metodoloxía de orde cualitativa, baseada no modelo de avaliación e identificación de impacto en proxectos culturais aplicados, proposto por Álvaro Fierro (2020) empregando unha serie de entrevistas estruturadas ás e aos integrantes da asociación, á comunidade en xeral de Lugo, axentes institucionais da cultura e por último fundadores e representantes de Pinchacarneiros. Tras cruzar os datos obtidos baixo tres indicadores de análise sociocultural: integración social, redes comunitarias e participación institucional, obsérvase que, aínda que a traxectoria da asociación é moi ampla e así mesmo a súa participación na cultura, son moitas as estratexias que se están deixando de lado na xestión para lograr a visibilidade, a cohesión sociocultural e a profesionalización do grupo. De tal xeito establécense unha serie de conclusións que recoñecen os aportes que a asociación ten feito no eido sociocultural da cidade, e invitan a continuar o desenvolvemento desta investigación a través de modelos de xestión e prácticas culturais aplicadas a agrupacións conformadas por persoas con discapacidade.

FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Titoría)

Construción de identidades e emigración. Cataluña en Arxentina: O caso de Josep Maria Casas Moral e do Casal Catalán de Córdoba
Autoría
L.C.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
L.C.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
11.09.2025 11:15
11.09.2025 11:15
Resumo
Un estudo de caso sobre Josep Maria Casas Moral, un catalán que emigrou durante a posguerra española e viviu toda a súa vida en Córdoba, Arxentina. Trátase dunha análise sobre as maneiras en que se vai configurando a identidade, no seu caso marcada pola emigración a moi temperá idade e polo intento constante de lembrar e recrear un anaco de Cataluña en Córdoba. As identidades, tanto individuais como colectivas, ¿son algo completo e inequívoco, ou unha construción imperfecta e en constante proceso? A través dunha proposta teórica que serve de ferramenta de investigación e da observación desta historia particular, este traballo trata de comprender un pouco mellor a complexidade das identidades, para abrir espazo á dúbida e ao pluralismo, nun tempo no que a apoloxía das esencias puras e da identificación sen fisuras está a gañar terreo perigosamente. Esta é unha tentativa de debullar e desmontar aquilo que pode parecer ou se fai pasar por sólido.

ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)

A obriga do éxito: os desafíos de narrar a Arxentina neoliberal
Autoría
M.Z.D.P.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
M.Z.D.P.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
08.07.2025 17:15
08.07.2025 17:15
Resumo
Desde decembro de 2023, a Arxentina está gobernada pola forza de ultradereita La Libertad Avanza, cuxo programa económico se centra na redución do gasto público e na reestruturación administrativa do Estado. No plano ideolóxico, busca a dominación da dimensión cultural da sociedade a través da chamada 'batalla cultural'. Aínda que este contexto afecta ao campo cultural arxentino na súa totalidade, este traballo particulariza a situación do teatro da Cidade de Bos Aires. Ao mesmo tempo, achega unha definición teórica do teatro, sitúa antecedentes históricos do teatro porteño e pretende ampliar a reflexión sobre a potencialidade da súa resistencia política.
Desde decembro de 2023, a Arxentina está gobernada pola forza de ultradereita La Libertad Avanza, cuxo programa económico se centra na redución do gasto público e na reestruturación administrativa do Estado. No plano ideolóxico, busca a dominación da dimensión cultural da sociedade a través da chamada 'batalla cultural'. Aínda que este contexto afecta ao campo cultural arxentino na súa totalidade, este traballo particulariza a situación do teatro da Cidade de Bos Aires. Ao mesmo tempo, achega unha definición teórica do teatro, sitúa antecedentes históricos do teatro porteño e pretende ampliar a reflexión sobre a potencialidade da súa resistencia política.
Dirección
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)

A transformación e cohesión social da música. Proxecto Banda-Escola de Música
Autoría
X.F.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
X.F.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 11:15
08.07.2025 11:15
Resumo
Este traballo de fin de máster analiza o papel transformador e cohesionador da música no contexto sociocultural galego, a través do desenvolvemento dun proxecto de formación dunha Banda-Escola de Música. A investigación céntrase na capacidade da música, concretamente das bandas e escolas de música, para fomentar a participación cidadá, fortalecer a identidade local e impulsar dinámicas de integración interxeracional, sociais e educativas para a mocidade. A primeira parte do traballo ofrece unha contextualización histórica da banda como formación musical e da educación musical. A continuación, analízase o caso concreto do concello de Palas de Rei (Lugo), tomando como exemplo a súa tradición musical e o seu tecido asociativo. Finalmente, preséntase unha proposta organizativa, pedagóxica e social que integra a escola de música, banda e pobo, entendéndoa como un proxecto educativo e comunitario que aposta pola continuidade xeracional, a aprendizaxe colaborativa e o desenvolvemento cultural sostible.

ALONSO PEREZ, SILVIA Cotitoría
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
ALONSO PEREZ, SILVIA Cotitoría
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
A muller galega baixo o réxime franquista: políticas de control e resistencia
Autoría
N.F.S.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
N.F.S.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
16.09.2025 18:00
16.09.2025 18:00
Resumo
Este traballo analiza a manipulación ideolóxica que o franquismo exerceu sobre as mulleres, tanto no ámbito rural coma no urbano, mediante control, represión e adoutrinamento con ferramentas como a Sección Feminina. Estúdanse os mecanismos empregados para impoñer o modelo ideal de muller franquista, ademais das formas de resistencia feminina que emerxeron fronte a este sistema, acabando coa buscada homoxeneidade do réxime. A investigación, baseada en fontes bibliográficas, documentais e gráficas, ten como obxectivo analizar as formas de control e reivindicar a importancia da memoria histórica feminina e feminista galega, destacando así a relación entre o xénero, a política e a memoria.

Saberes en feminino: unha mirada etnográfica á colonización en Castro de Rei (Lugo)
Autoría
M.G.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
M.G.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
09.07.2025 17:15
09.07.2025 17:15
Resumo
Este artigo propón unha aproximación etnográfica ás prácticas e coñecementos das mulleres de Veiga do Pumar, unha aldea francocolonizada no concello de Castro de Rei. A partir de 1968, encargouse de acoller familias de Negueira de Muñiz afectadas pola construción do encoro de Salime. Seguindo a premisa de Henri Lefebvre de que o espazo é tanto un soporte como un produto das relacións sociais, o estudo aborda as formas en que, no contexto deste reasentamento, a paisaxe afectou as prácticas dos colonos e como, a través dun exercicio de apropiación do espazo, as súas prácticas tamén afectaron á paisaxe. O traballo de campo consistiu na participación en reunións mensuais organizadas polas mulleres da aldea, a realización de entrevistas e a recollida de fotografías. A investigación reflexiona sobre as formas de axencia feminina durante o réxime franquista e, ao mesmo tempo, cuestiona o futuro das aldeas rurais nun contexto de cambio climático e falta de renovación xeracional.

FREIRE PAZ, ELENA (Titoría)
CABANA IGLESIA, ANA Cotitoría
FREIRE PAZ, ELENA (Titoría)
CABANA IGLESIA, ANA Cotitoría
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
LOPEZ RODRIGUEZ, MARIA PILAR (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
LOPEZ RODRIGUEZ, MARIA PILAR (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
As Bestas: Deseño e Desenvolvemento dun Proxecto Expositivo sobre o Bestiario e a súa Vixencia na Cultura Contemporánea.
Autoría
A.G.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
A.G.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
10.07.2025 16:00
10.07.2025 16:00
Resumo
O presente TFM desenvolve as bases teóricas e unha proposta de servizo cultural tomando como eixo unha revisión crítica do bestiario medieval como sistema simbólico e visual, con especial atención á súa recepción e adaptación no contexto galego. A investigación estrutúrase arredor de cinco eixes temáticos que exploran as múltiples funcións atribuídas á figura animal no imaxinario cristián, dende o seu carácter moralizante e didáctico ata a súa dimensión como representación da alteridade. Analízanse manifestacións materiais do patrimonio galego, como a escultura románica e os manuscritos iluminados, nos que o animal actúa como figura mediadora entre o divino, o terrenal e o monstruoso. A última sección dedícase ás relecturas contemporáneas do bestiario, salientando a vixencia do símbolo animal nas prácticas artísticas actuais. O proxecto propón un diálogo interdisciplinar entre pasado e presente, tradición e innovación, orientado a resignificar o potencial expresivo e cultural do imaxinario bestiario.
O presente TFM desenvolve as bases teóricas e unha proposta de servizo cultural tomando como eixo unha revisión crítica do bestiario medieval como sistema simbólico e visual, con especial atención á súa recepción e adaptación no contexto galego. A investigación estrutúrase arredor de cinco eixes temáticos que exploran as múltiples funcións atribuídas á figura animal no imaxinario cristián, dende o seu carácter moralizante e didáctico ata a súa dimensión como representación da alteridade. Analízanse manifestacións materiais do patrimonio galego, como a escultura románica e os manuscritos iluminados, nos que o animal actúa como figura mediadora entre o divino, o terrenal e o monstruoso. A última sección dedícase ás relecturas contemporáneas do bestiario, salientando a vixencia do símbolo animal nas prácticas artísticas actuais. O proxecto propón un diálogo interdisciplinar entre pasado e presente, tradición e innovación, orientado a resignificar o potencial expresivo e cultural do imaxinario bestiario.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
A estilización da danza tradicional como reflexo da identidade cultural: Ballet Galego Rey de Viana
Autoría
M.G.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
M.G.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 10:00
08.07.2025 10:00
Resumo
O Ballet Galego Rey de Viana foi un exemplo único da estilización e dignificación da danza tradicional galega e unha mostra da expresión e universalización da identidade cultural a través da linguaxe coreográfica. Este traballo analiza o seu estilo distintivo, que integra elementos do folclore e da danza académica, a súa evolución ao longo de máis de cincuenta anos, a súa meticulosa posta en escea e o seu impacto no panorama actual da danza en Galicia. Esta análise é a base da proposta expositiva que sustenta o tema deste TFM na que se recollen, organizados por temas, imaxes, fragmentos de pezas coreográficas, vestiario, atrezo e a recreación escénica do repertorio. De este xeito ponse de relevo tanto o seu valor estético baseado na reinterpretación da danza tradicional como o seu papel como transmisor do patrimonio cultural inmaterial.

A estilización da danza tradicional como reflexo da Identidade cultural: Ballet Galego Rey de Viana

Orquestra Parassinfônica do Estado de São Paulo: Inclusión, Derechos humanos y Oportunidad Laboral
Autoría
J.M.M.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
J.M.M.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
10.09.2025 10:00
10.09.2025 10:00
Resumo
Este traballo de fin de mestrado propón unha reflexión sobre o potencial transformador da música como práctica de inclusión, equidade e xustiza social, a partir da experiencia da Orquestra Parassinfônica do Estado de São Paulo (OPESP). Constituída por músicos con e sen discapacidade, a OPESP rompe cos modelos tradicionais de produción musical ao crear un espazo de convivencia, escoita plural e valorización da diversidade. Máis que unha proposta simbólica, trátase dunha práctica concreta de inclusión laboral e cultural que articula arte, dereitos humanos e políticas públicas. A investigación parte do recoñecemento da música como un territorio sensible e político, capaz de reunir corpos, historias e subjetividades arredor dun facer artístico compartido. O obxectivo central é analizar como a OPESP se configura como unha experiencia de pertenza, diálogo e recoñecemento para artistas, en especial persoas con discapacidade nas súas múltiples dimensións: físicas, sensoriais e cognitivas. A partir da escoita atenta das voces das persoas participantes na orquestra, búscase comprender os significados atribuídos a experiencia vivida, revelando os seus desafíos, contradicións e potencialidades transformadoras. Metodoloxicamente, trátase dunha investigación cualitativa e interpretativa, orientada polo estudo de caso. As entrevistas con membros da coordinación da OPESP constitúen a principal fonte de datos. O enfoque analítico céntrase tanto en aspectos obxectivos, como a accesibilidade e as condicións de traballo, como en dimensións subxectivas, tales como os afectos, o recoñecemento e o sentido de pertenza. Ao considerar a OPESP como unha proposta innovadora de política pública cultural, o traballo analiza como esta iniciativa contribúe a ampliar o acceso ao traballo artístico por parte de persoas con discapacidade e tensiona as estruturas normativas que aínda rexen o campo musical. A disertación afirma, así, a importancia de garantir o dereito á participación cultural plena e digna, recoñecendo o valor da pluralidade humana como fundamento para unha sociedade verdadeiramente inclusiva.

MindoMúsica
Autoría
R.M.L.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
R.M.L.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
15.09.2025 17:15
15.09.2025 17:15
Resumo
O proxecto MindoMúsica constitúe unha iniciativa cultural singular e innovadora centrada na música de cámara como medio de transmisión artística e social. Desenvolvido en Mondoñedo, localidade cunha riqueza patrimonial e unhas condicións acústicas privilexiadas, este festival aposta pola excelencia interpretativa e pola interdisciplinariedade como sinais de identidade. Concibido baixo o modelo de “artistas en residencia”, único en Galicia, MindoMúsica congrega durante unha semana a destacados intérpretes e creadores de ámbito europeo, favorecendo a colaboración intensa e a creación compartida de contidos culturais de alta calidade. A música ocupa un lugar central dentro da programación, mais convive en harmonía con outras disciplinas como a danza, o teatro ou a literatura. Esta apertura facilita un diálogo transversal entre artistas de diferentes áreas, promovendo unha linguaxe artística universal e integradora. Ao tempo, a organización demostra un firme compromiso coa accesibilidade, deseñando actividades específicas para públicos diversos, como a infancia, a mocidade, persoas maiores ou con diversidade funcional. MindoMúsica procura tamén unha interacción profunda co territorio, contribuíndo á dinamización cultural, económica e social da comarca da Mariña e de Galicia en xeral. O festival concíbese como un espazo de encontro entre artistas e comunidade, co obxectivo de descentralizar a cultura e fomentar a democratización do acceso ás artes no contexto rural. Neste sentido, destaca a colaboración con entidades educativas e sociais locais, como escolas, institutos, centros asistenciais e residencias de maiores, promovendo accións pedagóxicas e experiencias musicais inclusivas. Outro dos piares fundamentais do proxecto é a posta en valor do patrimonio musical mindoniense, especialmente a través da divulgación dos fondos do Arquivo de Música da Catedral de Mondoñedo. Así mesmo, o festival promove a presenza activa das mulleres na creación e na interpretación artística, reivindicando a igualdade como principio transversal. En coherencia cos seus valores fundacionais, MindoMúsica alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030, adoptando unha perspectiva ética, social e ambiental que promove a igualdade, a sustentabilidade e a xustiza cultural. A súa aposta polo turismo sustentable (turismo slow) reforza o compromiso co medio rural e co respecto pola identidade local. Tras cinco edicións celebradas con éxito (a última en 2023), o festival continúa a medrar, consolidándose como un referente cultural en Galicia e como un modelo exemplar de xestión artística baseada na sinerxía, na calidade e na implicación comunitaria.

FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Titoría)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
Anderson McGuire, JoDee (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
Anderson McGuire, JoDee (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
Teatros e cultura: unha exposición en Bos Aires
Autoría
M.F.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
M.F.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
11.09.2025 12:30
11.09.2025 12:30
Resumo
O traballo analiza o contexto histórico, a evolución arquitectónica e a transformación cultural a través do teatro en Bos Aires desde o século XVIII ata comezos do século XX. A proposta que aquí se desenvolve nace da motivación, por unha banda, de dar conta do teatro como acontecemento socio-territorial por antonomasia; e por outra, de reflexionar, a través dos teatros que hoxe se atopan na cidade de Bos Aires, que pegadas da historia do teatro europeo conservan e como eses trazos foron apropiados para construír un sistema teatral con identidade porteña. O presente estudo consta de dúas partes. A primeira traza un percorrido teórico desde a orixe do teatro en Europa ata as primeiras representacións no Río da Prata, coa posterior conformación do sistema teatral arxentino. O enfoque articúlase arredor das salas teatrais máis emblemáticas situadas na Avenida Corrientes (Teatro Liceo, El Nacional, Maipo, Ópera e Politeama), consideradas patrimonio cultural. A investigación culmina cunha proposta de Servizo Cultural, a través dunha exposición dedicada ás infancias que aborda o proceso de creación teatral; esta terá carácter itinerante e desenvolverase no vestíbulo de cada un dos teatros mencionados.
O traballo analiza o contexto histórico, a evolución arquitectónica e a transformación cultural a través do teatro en Bos Aires desde o século XVIII ata comezos do século XX. A proposta que aquí se desenvolve nace da motivación, por unha banda, de dar conta do teatro como acontecemento socio-territorial por antonomasia; e por outra, de reflexionar, a través dos teatros que hoxe se atopan na cidade de Bos Aires, que pegadas da historia do teatro europeo conservan e como eses trazos foron apropiados para construír un sistema teatral con identidade porteña. O presente estudo consta de dúas partes. A primeira traza un percorrido teórico desde a orixe do teatro en Europa ata as primeiras representacións no Río da Prata, coa posterior conformación do sistema teatral arxentino. O enfoque articúlase arredor das salas teatrais máis emblemáticas situadas na Avenida Corrientes (Teatro Liceo, El Nacional, Maipo, Ópera e Politeama), consideradas patrimonio cultural. A investigación culmina cunha proposta de Servizo Cultural, a través dunha exposición dedicada ás infancias que aborda o proceso de creación teatral; esta terá carácter itinerante e desenvolverase no vestíbulo de cada un dos teatros mencionados.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
Como falar de arte contemporánea? Estratexias de diálogo no espazo museístico
Autoría
G.M.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
G.M.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
10.09.2025 16:00
10.09.2025 16:00
Resumo
O presente estudo investiga a composición das exposicións de arte contemporánea, centrándose no proceso de mediación. Para iso, visitáronse e analizaron dúas exposicións colectivas temporais de dúas institucións diferentes: Novos imaxinarios (CGAC) e Outras historias posibles (Museo Centro Gaiás), utilizando como base teórica a semiótica greimasiana, así como as consideracións de Whitehead (2011) sobre a interpretación nos museos. A arte contemporánea é visto aquí como un fenómeno complexo, producido e exposto dentro dunha rede na que a contemporaneidade, o mercado, o museo, o público, os artistas e os comisarios están tensamente conectados. A investigación revela diferentes estratexias discursivas, influídas polo enfoque temático, o tipo de institución e mesmo as obras de arte presentadas. Os resultados tamén mostran que a tese curatorial determina a selección, disposición e comunicación das obras, que figurativizan os temas centrais, así como guía cales obxectos de valor deben ser explicados e exaltados ao visitante nos textos de apoio.

Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
A cidade das mulleres
Autoría
A.P.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
A.P.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
15.09.2025 11:15
15.09.2025 11:15
Resumo
A oncorporación das mulleres ao espazo público foi unha das maiores revolucións do século XX, mais esta revolución segue incompleta. Esta entrada das mulleres no espazo público non veu acompañada dunha revisión do funcionamento e da organización das cidades. Non se eliminou un rol privado tradicional, estreitamente asociado ao coidado, mim houbo unha inclusión plena do traballo, nin sequera unha inclusión real nas responsabilidades tanto públicas como privadas. Polo tanto, esta investigación explicará as desigualdades de xénero que existieron e seguen existindo no espazo urbano: primeiro, abordará a segregación de xénero que existiu ao longo da historia, revisando brevemente a historia da cidade, comenzando por Grecia, continuando polo período medieval, onde se centrará en dous casos excepcionais: as sociedades beguinas e Christine de Pizán, debido ao seu legado histórico. Despois continuará polo período moderno, e concluirá coa era contemporánea, onde mostrará como algunhas das características de épocas anteriores se manteñen nas sociedades occidentais, non só nos espazos públicos senón tamén na creación da cidade. Para superar esta abordaxe tradicional, propoñerase a introdución dunha perspectiva feminista na planificación urbana e, finalmente, presentaranse exemplos de accións urbanas con perspectiva de xénero.

A xuntanza e a construción de común-unidade desde as expresións artísticas populares no Correxemento de El Manzanillo (Colombia). Unha ollada histórica e antropolóxica desde mediados do século XX ata a actualidade.
Autoría
J.S.P.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
J.S.P.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
10.07.2025 17:15
10.07.2025 17:15
Resumo
Este traballo ofrece unha perspectiva histórica e antropolóxica das expresións artísticas populares como pontes de encontro para a construción de comunidade e o desenvolvemento local no Correxemento de El Manzanillo, Itagüí, Colombia. A análise céntrase nas manifestacións artísticas xurdidas neste territorio desde mediados do século XX ata a actualidade, recoñecendo o papel esencial das prácticas culturais e artísticas campesiñas na creación dun sentido de “común-unidade”. Máis que conceptualizar disciplinas artísticas específicas ou afondar nas definicións do comunitario, o interese radica en comprender como as expresións artísticas populares promoven o desenvolvemento comunitario e o tecido social dentro dunha cultura. Dúas son as prácticas artísticas protagonistas desta indagación: a música parrandera e o muralismo. Para tal fin, a investigación emprega unha metodoloxía histórico-antropolóxica que examina, en primeiro lugar, a cultura campesiña, os convites e as xuntanzas, para logo centrarse na música parrandera como un legado de tradición oral que se converte en canción nos encontros comunitarios, contribuíndo así á transmisión cultural. Ademais, realízase unha ollada histórica sobre o papel político e comunitario da muller na construción do tecido social, co ánimo de posicionar as súas voces no relato histórico colectivo. Finalmente, analízanse os procesos de construción de comunidade emerxentes nas novas xeracións e a resignificación das expresións artísticas dentro dos procesos de educación popular impulsados pola Fundación Cultural El Hormiguero, unha organización xuvenil nacida no corazón desta comunidade.

DIAZ GEADA, ALBA (Titoría)
DIAZ GEADA, ALBA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
Rótulos rotos: proposta expositiva sobre a evolución da rotulación histórica de Pontevedra.
Autoría
C.R.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
C.R.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 16:00
08.07.2025 16:00
Resumo
Este proxecto propón a conceptualización e desenvolvemento dunha exposición sobre os rótulos históricos de Pontevedra, resaltando a súa importancia cultural e gráfica, así como a súa evolución ao longo do tempo. O traballo destaca o papel destes elementos na identidade visual e cultural da cidade, subliñando a necesidade de rescatalos, conservalos e valorizalos como parte do patrimonio colectivo. Mediante unha revisión bibliográfica e a análise de proxectos semellantes, abórdanse cuestións como a gráfica comercial histórica, a patrimonialización do deseño urbano e a súa relación co tecido social e económico local. O proxecto inclúe, ademais, a planificación dunha exposición física e dunha campaña de recuperación comunitaria de rótulos, integrando á poboación no proceso. A proposta busca sensibilizar sobre a relevancia deste patrimonio gráfico e establecer as bases para un proxecto máis amplo de preservación e posta en valor.
Este proxecto propón a conceptualización e desenvolvemento dunha exposición sobre os rótulos históricos de Pontevedra, resaltando a súa importancia cultural e gráfica, así como a súa evolución ao longo do tempo. O traballo destaca o papel destes elementos na identidade visual e cultural da cidade, subliñando a necesidade de rescatalos, conservalos e valorizalos como parte do patrimonio colectivo. Mediante unha revisión bibliográfica e a análise de proxectos semellantes, abórdanse cuestións como a gráfica comercial histórica, a patrimonialización do deseño urbano e a súa relación co tecido social e económico local. O proxecto inclúe, ademais, a planificación dunha exposición física e dunha campaña de recuperación comunitaria de rótulos, integrando á poboación no proceso. A proposta busca sensibilizar sobre a relevancia deste patrimonio gráfico e establecer as bases para un proxecto máis amplo de preservación e posta en valor.
Dirección
Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
Proxectos de transformación ecosocial con perspectiva interseccional nos ámbitos rural e urbano de Galicia
Autoría
P.R.S.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
P.R.S.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
15.09.2025 17:15
15.09.2025 17:15
Resumo
Ante un mundo consumido polos ritmos frenéticos do capitalismo e as súas desoladoras consecuencias, tanto nas dinámicas sociais como na esfera ecolóxica, nesta investigación visibilízanse as cooperativas de traballo asociado e/ou sen ánimo de lucro como forma empresarial alternativa que pode acompañar a transición ecosocial a un futuro máis xusto, horizontal e conectado coa nosa ecodependencia e interdependencia. A través dunha metodoloxía cualitativa, con especial atención á perspectiva ecofeminista e interseccional, realizáronse seis entrevistas ás seguintes cooperativas galegas da Economía social e solidaria, enfocadas na transformación social e a visión ecosocial: Outonía, Rexenerando, Alalá, Arabías, Feitoría Verde e 7H Cooperativa Cultural. Enfocándonos na identificación das súas estratexias e impactos nas comunidades e territorios de incidencia mediante unha praxe alonxada do sistema hexemónico, visibilizamos referentes como inspiración para un cambio posible.

Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Titoría)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Vogal)

GALIPORT MUSICFEST. Música Clásica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Autoría
D.R.P.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
D.R.P.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
15.09.2025 18:30
15.09.2025 18:30
Resumo
Este Traballo Fin de Máster propón a creación dun Festival de Música Clásica centrado na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A iniciativa busca recuperar, difundir e pór en valor o patrimonio musical común de ambas rexións, dende as cantigas medievais até a música contemporánea, visibilizando a compositores pouco coñecidos ou moitos deles incluso esquecidos, ao tempo que se impulsa a creación actual e se promoven vencellos culturais, sociais e académicos entre ambos territorios. Ademais dos concertos, ofreceríanse conferencias impartidas por especialistas para contextualizar e redescubrir a estes autores. O proxecto procura fortalecer os lazos culturais e sociais entre Galicia e o Norte de Portugal, rexións cunha historia compartida, unha lingua común nas súas orixes e unha identidade cultural afín. A través da difusión e divulgación do seu legado musical, preténdese reforzar o sentido de pertenza, fomentar o intercambio cultural e estimular novas investigacións musicolóxicas. Así mesmo, preséntase como unha ferramenta para incentivar a cooperación transfronteiriza e xerar valor económico mediante novas relacións comerciais e culturais. O traballo estrutúrase en varias fases: dende unha análise territorial do contexto político e da oferta musical existente na Eurorrexión, ata a conceptualización do Festival en termos de programación, xestión e proxección. A proposta pretende ofrecer unha alternativa na oferta cultural rexional e democratizar un ben cultural inmaterial como é a música académica, para se converter nun referente cultural sostible que combine tradición e innovación.
Este Traballo Fin de Máster propón a creación dun Festival de Música Clásica centrado na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A iniciativa busca recuperar, difundir e pór en valor o patrimonio musical común de ambas rexións, dende as cantigas medievais até a música contemporánea, visibilizando a compositores pouco coñecidos ou moitos deles incluso esquecidos, ao tempo que se impulsa a creación actual e se promoven vencellos culturais, sociais e académicos entre ambos territorios. Ademais dos concertos, ofreceríanse conferencias impartidas por especialistas para contextualizar e redescubrir a estes autores. O proxecto procura fortalecer os lazos culturais e sociais entre Galicia e o Norte de Portugal, rexións cunha historia compartida, unha lingua común nas súas orixes e unha identidade cultural afín. A través da difusión e divulgación do seu legado musical, preténdese reforzar o sentido de pertenza, fomentar o intercambio cultural e estimular novas investigacións musicolóxicas. Así mesmo, preséntase como unha ferramenta para incentivar a cooperación transfronteiriza e xerar valor económico mediante novas relacións comerciais e culturais. O traballo estrutúrase en varias fases: dende unha análise territorial do contexto político e da oferta musical existente na Eurorrexión, ata a conceptualización do Festival en termos de programación, xestión e proxección. A proposta pretende ofrecer unha alternativa na oferta cultural rexional e democratizar un ben cultural inmaterial como é a música académica, para se converter nun referente cultural sostible que combine tradición e innovación.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
ALONSO PEREZ, SILVIA Cotitoría
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
ALONSO PEREZ, SILVIA Cotitoría
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
Anderson McGuire, JoDee (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
Anderson McGuire, JoDee (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
O país das bandas. Aproximación ao estudo das bandas de música profesionais de Galicia desde a perspectiva dos servizos culturais
Autoría
J.R.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
J.R.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
10.09.2025 18:00
10.09.2025 18:00
Resumo
As bandas profesionais de música son agrupacións que, operando baixo estruturas organizativas formais, están conformadas por un conxunto de profesionais estable que se dedica a realizar concertos cun alto nivel de esixencia interpretativa. Estas teñen un papel clave coma motor cultural, económico e social en Galicia, contribuíndo ao fomento do patrimonio musical, a dinamización da cultura, o turismo cultural e o desenvolvemento de emprego estable e de calidade vencellado ás artes escénicas. O presente traballo explora as bandas de música profesionais galegas desde a perspectiva dos servizos culturais, abordando a súa evolución histórica ata a actualidade. Deste xeito, analizaranse as políticas públicas de apoio, a formación dos intérpretes e a diversidade de modelos de xestión existente en Galicia, así coma os desafíos aos que se enfrontan estas bandas, coma o financiamento, o relevo xeracional e a diversificación da oferta musical. Esta visión permitirá esclarecer as diferencias entre os modelos aplicados na xestión de cada organismo, as situacións que as orixinan e as potencialidades e as eivas dos mesmos, permitindo reflexionar sobre o futuro destas agrupacións.
As bandas profesionais de música son agrupacións que, operando baixo estruturas organizativas formais, están conformadas por un conxunto de profesionais estable que se dedica a realizar concertos cun alto nivel de esixencia interpretativa. Estas teñen un papel clave coma motor cultural, económico e social en Galicia, contribuíndo ao fomento do patrimonio musical, a dinamización da cultura, o turismo cultural e o desenvolvemento de emprego estable e de calidade vencellado ás artes escénicas. O presente traballo explora as bandas de música profesionais galegas desde a perspectiva dos servizos culturais, abordando a súa evolución histórica ata a actualidade. Deste xeito, analizaranse as políticas públicas de apoio, a formación dos intérpretes e a diversidade de modelos de xestión existente en Galicia, así coma os desafíos aos que se enfrontan estas bandas, coma o financiamento, o relevo xeracional e a diversificación da oferta musical. Esta visión permitirá esclarecer as diferencias entre os modelos aplicados na xestión de cada organismo, as situacións que as orixinan e as potencialidades e as eivas dos mesmos, permitindo reflexionar sobre o futuro destas agrupacións.
Dirección
Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
Sons do patrimonio: un estudo sobre as orquestras profesionais españolas e o seu lugar na cultura actual
Autoría
D.R.C.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
D.R.C.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
10.07.2025 11:15
10.07.2025 11:15
Resumo
Este TFM ofrece a primeira análise comparada das orquestras profesionais españolas integradas na AEOS. Mediante fontes documentais e datos oficiais examínanse gobernanza, financiamento, programación, públicos e accións educativas. Confírmase que a maioría depende de recursos públicos, que o repertorio segue dominado polo canon clásico e romántico e que se consolidan iniciativas para incorporar creacións actuais e visibilizar autoras. Máis do oitenta por cento das formacións manteñen programas didácticos, aínda con graos desiguais de profesionalización. Destácanse como retos a precariedade do persoal, a renovación dos públicos, a dixitalización das propostas e a diversificación de ingresos a través de mecenado e alianzas sociais. O estudo conclúe que a sustentabilidade futura das orquestras esixe harmonizar tradición patrimonial, innovación artística e compromiso cidadán, reforzando o seu papel estratéxico na cohesión cultural española.
Este TFM ofrece a primeira análise comparada das orquestras profesionais españolas integradas na AEOS. Mediante fontes documentais e datos oficiais examínanse gobernanza, financiamento, programación, públicos e accións educativas. Confírmase que a maioría depende de recursos públicos, que o repertorio segue dominado polo canon clásico e romántico e que se consolidan iniciativas para incorporar creacións actuais e visibilizar autoras. Máis do oitenta por cento das formacións manteñen programas didácticos, aínda con graos desiguais de profesionalización. Destácanse como retos a precariedade do persoal, a renovación dos públicos, a dixitalización das propostas e a diversificación de ingresos a través de mecenado e alianzas sociais. O estudo conclúe que a sustentabilidade futura das orquestras esixe harmonizar tradición patrimonial, innovación artística e compromiso cidadán, reforzando o seu papel estratéxico na cohesión cultural española.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
ALONSO PEREZ, SILVIA Cotitoría
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
ALONSO PEREZ, SILVIA Cotitoría
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
As Pandereteiras De Mens e a Agrupación Folklórica Aturuxo, proxecto expositivo
Autoría
C.R.S.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
C.R.S.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
09.07.2025 11:15
09.07.2025 11:15
Resumo
Neste Traballo de Fin de Master tratarase a figura das Pandereteiras de Mens, un dos primeiros grupos en levar a música tradicional de pandeireta aos escenarios. Isto coincide coa homenaxe á figura das pandeireteiras no Día das Letras Galegas 2025, así como o 70 aniversario da Agrupación Folklórica Aturuxo da Coruña, á que estiveron vencelladas durante toda a súa traxectoria artística, e á incoación por parte da Xunta de Galicia do expediente para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) do Patrimonio Inmaterial a música e o baile tradicionais de Galicia. Proponse ademais un proxecto expositivo que tratará tanto a figura destas mulleres como a súa relación e traxectoria coa mencionada agrupación coruñesa, a fin de amosar a súa relevancia para a cultura galega.
Neste Traballo de Fin de Master tratarase a figura das Pandereteiras de Mens, un dos primeiros grupos en levar a música tradicional de pandeireta aos escenarios. Isto coincide coa homenaxe á figura das pandeireteiras no Día das Letras Galegas 2025, así como o 70 aniversario da Agrupación Folklórica Aturuxo da Coruña, á que estiveron vencelladas durante toda a súa traxectoria artística, e á incoación por parte da Xunta de Galicia do expediente para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) do Patrimonio Inmaterial a música e o baile tradicionais de Galicia. Proponse ademais un proxecto expositivo que tratará tanto a figura destas mulleres como a súa relación e traxectoria coa mencionada agrupación coruñesa, a fin de amosar a súa relevancia para a cultura galega.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
Actitudes lingüísticas en Costa Rica acerca das diferentes variedades
Autoría
J.E.R.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
J.E.R.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
10.09.2025 19:15
10.09.2025 19:15
Resumo
Costa Rica foi de sempre un país receptor de persoas migrantes. É por isto que presenta unha grande diversidade cultural e lingüística. Desenvolvéronse no país investigacións sobre as actitudes lingüísticas, mais moitas delas están focalizadas na variedade do Valle Central e de Guanacaste, deixando fóra variedades doutros países latinoamericanos. Por este motivo, este traballo buscou analizar as actitudes que teñen os falantes do Valle Central cara as variedades colombiana, nicaragüense e venezolana para formular unha proposta de intervención lingüística. Para logralo, realizouse unha revisión bibliográfica para contextualizar a situación da diversidade cultural e lingüística do país e aplicouse un cuestionario a persoas costarricenses da variedade vallecentraleña. Cos resultados dos dous procedementos analizouse e desenvolveuse unha proposta de intervención lingüística para educar na diversidade. Atopamos que, pese a haber moitas valoracións neutras cara ás variedades, hai unha tendencia a ter actitudes negativas, especialmente respecto de aspectos sociais e da variedade nicaragüense. Tamén se confirmou o exposto por estudios anteriores en canto a que a lealdade lingüística do vallecentraleño é alta e diferenciadora respecto da fala doutros lugares. Ademais, hai algunhas características identitarias do costarricense que fomentan a formación de actitudes negativas. Por último, por mor dos resultados obtidos, propúxose unha intervención lingüística en forma de xornada para estudantes de octavo curso de educación secundaria para fomentar a convivencia multicultural e da diversidade lingüística.

González Pereira, Miguel (Titoría)
González Pereira, Miguel (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
Regina Silveira: Estudo de obra e interaccións visuais no espazo
Autoría
J.J.R.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
J.J.R.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a traxectoria da artista Regina Silveira e demostra como o seu “debuxo expandido” converte a liña nun dispositivo crítico capaz de descarnar as arquitecturas do poder, desde as ditaduras do Cono Sur ata o cubo branco museístico. Despois de situala no conceptualismo latinoamericano, na crítica institucional e no feminismo performativo, estúdase a súa recepción en España a través de diversas mostras, fundamentais ante a ausencia dunha monografía completa. O estudo conclúe coa propostadunha I Bienal Internacional de Debuxo en Santiago de Compostela, estruturada en seis eixos temáticos e cunha sala monográfica dedicada á artista, reivindicando o debuxo como linguaxe autónoma, espacial e política.