Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Área externa M.U en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A NIVEL CONCEPTUAL
1. Coñecer e interpretar os cambios cognitivos no envellecemento normal e patolóxico.
2. Saber identificar e analizar os principais factores que favorecen a adaptación funcional nos cambios cognitivos normativos e patolóxicos.
3. Coñecer os fundamentos nos que se basea a avaliación e a intervención cognitiva no envellecemento normal e patolóxico
A NIVEL DE DESTREZAS E ACTITUDES
1. Axudar ao alumnado para utilizar de forma estratéxica coñecementos conceptuais, procedementais e actitudinais útiles e relevantes para a investigación e intervención cognitiva.
2. Axudar ao alumnado a coñecer e a utilizar algunhas estratexias e prácticas de actuación necesarias para a avaliación cognitiva xeral de adultos maiores.
3. Potenciar nos alumnos a necesidade de establecer relacións teóricas e metodolóxicas entre distintas materias relacionadas co desenvolvemento cognitivo en adultos maiores.
4. Adquirir e poñer en práctica os hábitos, actitudes e comportamentos que permiten o traballo en grupo, aprendendo a analizar, modificar e mellorar o propio funcionamento e o do grupo para conseguir os obxectivos propostos
1. Cambios cognitivos: desde o envellecemento normativo ata o deterioro cognitivo.
2. Cambios sensoriais e motrices. Influencia na cognición. Repercusións adaptativas.
3. Atención, memoria e linguaxe. Cambio e deterioro.
4. Intelixencia, creatividade e sabedoría.
5. Plasticidade, reserva cognitiva. Bases para a intervención cognitiva
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (EN LIÑA EN ACCESO ABERTO OU A TRAVÉS DA BIBLIOTECA DA USC EN FORMATO ELECTRÓNICO):
-Anderson, N. D., & Craik, F. I. (2017). 50 Years of Cognitive Aging Theory. The Journals of Gerontology Series B: Psychological Sciences and Social Sciences, 72(1), 1-6.
-Juncos-Rabadán, O., Pereiro, A.X. y Facal, D. (2019). Atención, memoria y lenguaje. En C. Triadó, F. Villar y M. Celdrán (Eds.,). Desarrollo adulto y vejez (pp. 75-105). Madrid: Ed. Alianza.
-Lojo, C., Facal, D., y Juncos-Rabadán, O. (2012). ¿Previene la actividad intelectual el deterioro cognitivo? Relaciones entre reserva cognitiva y deterioro cognitivo ligero. Revista Española de Geriatría y Gerontología, 47,6, 270-278.
-Park, D.C. & Festini, S.B. (2017). Theories of memory and aging: A look at the past and a flimpse of the future. Journals of Gerontology: Psychological Sciences, 72(1), 82-90.
- Villar, F. (2019). Inteligencia y sabiduría. En C. Triadó, F. Villar y M. Celdrán (Eds.,). Desarrollo adulto y vejez (pp. 107-137). Madrid: Ed. Alianza.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
-Alwin, D. F., & Hofer, S. M. (2011). Health and cognition in aging research. The Journals of Gerontology: Series B: Psychological Sciences and Social Sciences, 66B, 9-16
-Ballesteros, S., Mayas, J., & Reales, J. M. (2013). Cognitive function in normal aging and in older adults with mild cognitive impairment. Psicothema, 25(1), 18-24.
-Cabeza, R., Nyberg, L., & Park, D. C. (Eds.). (2016). Cognitive neuroscience of aging: Linking cognitive and cerebral aging. New York: Oxford University Press.
-Calero, M. D. y Navarro, E (2012). Envejecimiento óptimo: marcadores psicosociales de la evolución cognitiva en personas mayores de 80 años. Informació Psicològica, (104), 13-28.
-Díaz, Mª. C. y Peraita, H. (2008). Detección precoz del deterioro cognitivo ligero de la tercera edad. Psicothema, 3, 438-444.
-Hertzog, C., Kramer, A. F., Wilson, R. S., & Lindenberger, U. (2008). Enrichment effects on adult cognitive development: Can the functional capacity of older adults be preserved and enhanced? Psychological Science in the Public Interest, 9(1), 1-65.
-Kensinger, E. A., & Gutchess, A. H. (2017). Cognitive aging in a social and affective context: Advances over the past 50 years. The Journals of Gerontology: Series B, 72(1), 61-70.
-Latorre, J.M. et al. (2011). Memoria autobiográfica en la vejez. En A.X. Pereiro & O. Juncos-Rabadán (Eds). I Jornadas de investigación en Psicogerontología (pp.89-104). Santiago de Compostela: Servicio Publicaciones Universidad de Santiago de Compostela.
-Lindenberger, U. (2014). Human cognitive aging: Corriger la fortune? Science, 346(6209), 572-578.
-Lindenberger, U., & Mayr, U. (2014). Cognitive aging: is there a dark side to environmental support? Trends in Cognitive Sciences, 18(1), 7-15.-Montejo-Carrasco, P., Montenegro-Peña, M., & Sueiro-Abad, M.J. (2012). The Memory Failures of Everyday (MFE) Test: Normative data in adults. The Spanish Journal of Psychology 15, 3, 1424-1431
-Montenegro, M. y Montejo, P. (2009). Entrenamiento de la memoria. En R. Fernández-Ballesteros, R. (dir.). Psicología de la vejez. Una psicogerontología aplicada. Madrid: Pirámide.
-Montenegro, M., Montejo, P., Llanero, M., Reinoso, A. I. (2012). Evaluación y diagnóstico del deterioro cognitivo leve. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 32(2), 47-56.
-Navarro, E. y Calero, M. D. (2011). Relación entre plasticidad y ejecución cognitiva: el potencial de aprendizaje en ancianos con deterioro cognitivo. European Journal of Investigation in Health, Psychology and Education, 1(2), 45-59.
-Park, D. y Schwarz, N. (2006). Envejecimiento cognitivo. Madrid: Panamericana.
-Ruiz-Sánchez, J. M. (2012). Estimulación cognitiva en el envejecimiento sano, el deterioro cognitivo leve y las demencias: estrategias de intervención y consideraciones teóricas para la práctica clínica. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 32, 57-66
-Salthouse, T. A. (2014). Correlates of cognitive change. Journal of Experimental Psychology: General, 143(3), 1026-1048.
-Salthouse, T. A. (2016). Theoretical perspectives on cognitive aging. New York: Psychology Press.-Stern, Y. (2007). Cognitive reserve: Theory and applications. N. York: Taylor & Francis.
- Stern, Y. (2009). Cognitive reserve. Neuropsychologia, 47:2015-2028.
- Stern, Y. et al. (2023). A framework for concepts of reserve and resilience in aging. Neurobiology of aging 124, 100-103
- Stern, Y. et al. (2020). Whitepaper: Defining and investigating cognitive reserve, brain reserve, and brain maintenance. Alzheimer's & Dementia 16 (9), 1305-1311
-Verhaeghen, P. (2013). Cognitive aging. In D. Reisberg (Ed), The Oxford handbook of cognitive psychology (pp 1014-1035). New York, NY: Oxford University Press.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Coñecer a nivel avanzado o proceso de envellecemento normal e patolóxico desde o punto de vista psicobiológico, cognitivo, persoal e social.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT1 - Saber obter, analizar e sintetizar información especializada.
CT2 - Mostrar un sentido crítico razoable, curiosidade intelectual e capacidade de argumentación sobre problemas complexos.
ESPECÍFICAS
CE11 - Saber identificar e formular problemas de investigación e participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación en Psicogerontología.
CE12 - Coñecer, aplicar e interpretar análise de datos aplicados ao estudo do envellecemento.
CE1 - Saber aplicar as teorías sobre o envellecemento na conceptualización dos casos e situacións concretos.
A metodoloxía docente utiliza varios formatos que se combinan de varias formas para cada tema:
1. Clase expositiva: O profesor fai unha explicación de cada tema.
2. Traballo individual do alumno: Os/as alumnos/ as traballan sobre o tema correspondente mediante as lecturas obrigatorias seleccionadas e aquelas optativas que sexan recomendadas polo profesor e/ou que consideren oportunas.
3. Traballo de grupo: En pequenos grupos trabállase en clase sobre as preguntas ou tarefas presentadas. Elabórase un informe resumen do traballo realizado que se presentará nos seminarios de debate e servirá como material de avaliación.
4. Seminarios de debate: Debaterase sobre os traballos realizados en grupo e sobre as cuestións expostas nas sesións expositivas.
5. Titorías de grupo: Programads para resolver cuestións referentes ao traballo individual, e sobre todas aquelas cuestións teóricas ou metodolóxicas que os alumnos/ as expoñan sobre os distintos temas do programa.
6. Práctica de campo: Visita ao Complexo Xerontolóxico “A Veiga”, Poboa de S. Xiao, Lugo, para coñecer o estado cognitivo dos residentes e os seus correlatos psico-sociais; entender o seu rendemento cognitivo e a súa relación con factores persoais e afectivos que permita ao estudantado facer unha valoración integral de persoas maiores institucionalizadas.
1. Participación en clase e titorías: 20%
2. Exame e/ou informe de traballos individuais ou en grupo: 80%
No caso de dispensa de asistencia, o estudantado que obtivese a aceptación dos órganos pertinentes para acollerse a esta modalidade terá que porse en contacto co coordinador da materia para acordar un plan de titoración específico. Nesta modalidade, o estudantado deberá entregar os mesmos traballos, sempre de xeito individual, e compensar a participación con tarefas específicas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Clases expositivas (horas presenciais): 9
-Clases interactivas (horas presenciais): 12
-Preparación de presentacións orais e debates (horas traballo autónomo): 5
-Traballos tutelados (horas non presenciais): 16
-Estudo da bibliografía recomendada (horas traballo autónomo): 30
-Titorías individuais ou en grupo (horas presenciais): 3
TOTAL: 75 horas
O estudo da materia relacionarase co estudo da materia "Bases psicobiolóxicas do envellecemento" porque os contidos son complementarios.
Recoméndase facer uso das titorias individualizadas co profesor no horario de tutorías, que será indicado no inicio de curso.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
O alumnado con exención de docencia terá que comunicalo en tempo e forma ao profesorado. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 6ª ed. Washington: APA, 2011-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: http://www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos
CONTACTO:
Profesor: David Facal Mayo (Coord.)
Despacho: Nº 33, Módulo A, Facultade de Psicoloxía
Correo electrónico: david.facal [at] usc.es (david[dot]facal[at]usc[dot]es)
Tfno: 881813695
David Facal Mayo
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813695
- Correo electrónico
- david.facal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sandra Peña Díaz
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
Xoves | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
Venres | |||
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
10.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |