Ir o contido principal

Programa de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.laserfotonica [at] usc.es

A ciencia e a tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbito do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeración, transmisión, detección, control e manipulación da luz. Dito estudo está orientado ao desenvolvemento de tecnoloxías con aplicacións de un alto interese en múltiples e dispares ámbitos socioeconómicos e sanitarios, que van dende as telecomunicacións, as ciencias da vida e a saúde, o medio ambiente, a metroloxía industrial, o ocio,... até as fronteiras científico-técnicas como a nanoóptica, o procesado e as comunicacións cuánticas, os metamateriais ópticos, etc.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600812
Número prazas: 6

Coordinador-a do título:
Jesus Liñares Beiras
suso.linares.beiras [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
26/01/2022

Códigos ISCED:
(440) Ciencias Físicas, quimicas, geológicas
(420) Ciencias de la vida
(0533) Física

O programa de doutoramento en Láser, Fotónica e Visión recolle a experiencia docente e investigadora de diferentes grupos de investigación moi activos na área da óptica e especializados nos campos do láser, a fotónica a a visión.

A finalidade do programa é a formación nestos campos, tanto nos seus aspectos máis fundamentais coma nas súas crecentes e espectaculares aplicacións, de científicos, técnicos e emprendedores internacionalmente demandados tanto no sector académico coma industrial.

O Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbeto do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeneración, transmisión, detección, control e manipulación da luz e o desenvolvemento de tecnoloxías ópticas con aplicacións dun alto interés en múltiples e dispares sectores socio-económicos.

Abrangue dende elementos que forman parte da vida cotián até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico, e está a ser de extrema importancia para os grandes retos científico-técnicos do século XXI e para o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribúen de forma directa ao progreso e á innovación.

Esta ciencia abrangue dende o desenvolvemento de dispositivos que forman parte da vida cotiá até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico. A evolución da ciencia e tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión foi constante ó longo da historia acompañando o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribuíron de forma directa ao progreso e á innovación. Na actualidade e de forma natural, a óptica compleméntase coa electrónica, a informática, a micromecánca, etc, dando lugar a unha miríada de aplicacións altamente especializadas (técnicas de metroloxía óptica industrial, instrumentacións bio-óptica, sensores ópticos medio-ambientais, telecomunicacións, corrección de defectos visuais, iluminación, etc) e a produtos de gran consumo (cámaras dixitais, proxectores, soportes ópticos de almacenamento, todo tipo de lentes oftálmicas, etc). En termos socio-políticos, o sector científico-técnico da ciencia e a tecnoloxía óptica e fotónica é de extrema importancia para os grandes retos do século XXI, e de feito as tecnoloxías fotónicas, son consideradas como tecnoloxías estratéxicas (KETs) pola Comisión Europea.

1. Sen complementos de formación:

Estudantes que proveñan de másteres oficiais con temáticas afíns ao Programa de Doutoramento, por exemplo: o Máster Interuniversitario USC-UVigo-UDC en Fotónica e tecnoloxías do láser , Máster Interuniversitario USC-U.Valladolid, U.Coimbra, U..Murcia, UCM,UMH, en Investigación en Ciencias da Visión , Máster UVigo -UdC en Física Aplicada , Máster UVigo en Investigación en tecnoloxías e procesos avanzados na industria , Máster UPC- UAB-UB-ICFO en Fotonica , Máster UCM Tecnoloxías Opticas e da Imaxe , Máster USAL Fisica e Tecnoloxías dos Láseres , Máster de Ciencia e Tecnoloxía de Materiais, Máster de Enerxías renovables, Máster de Enxeñaría Matemática, Máster en Física Nuclear e de Partículas e as súas aplicacións tecnolóxicas e médicas, e outras a determinar pola CAPD.

2. Outros perfís:

No caso daqueles alumnos que procedan de Másteres cuxo contido non sexa afín ao Programa de Doutoramento, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos que deberán ser concretados para cada alumno pola CAPD. Estes complementos de formación corresponderán, como máximo, a 12 ECTS e a súa realización poderá ser simultánea coa matrícula en tutela académica. No caso de realizalos previamente, o alumno só se matriculará destes complementos e non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación.

3. Grao de coñecemento do idioma Inglés:

É conveniente dispor de acreditación dun nivel intermedio B1 do devandito idioma (nivel establecido dentro do Marco Europeo de Referencia sobre Coñecemento de Linguas) e acreditado ante a CAPD mediante calquera certificación oficial (nivel intermedio: B1, TOEFL, Cambridge, Escola Oficial de Idiomas...). No caso de carecer da devandita certificación oficial a CAPD realizará as probas que considere oportunas: proba oral e/ou escrita e/ou entrevista persoal, para avaliar o coñecemento da lingua inglesa do alumno, pero sempre se lle requirirá que se adquira a dita certificación durante os dous primeiros anos do programa. O idioma de traballo preferencial será o inglés. Un inglés científico considérase fundamental para o programa.

4. Recomendación complementaria:

Finalmente, como información e recomendación complementaria ao proceso normativo de acceso e admisión no programa de doutoramento, é conveniente indicar algúns aspectos sobre actitudes, capacidades, coñecementos previos, idiomas, etc, que se consideran moi recomendables para aqueles estudantes interesados no programa de doutoramento:

• Interese polas tarefas de investigación científico-técnica, en particular no ámbito do láser, a fotónica e a visión.

• Saber realizar procuras bibliográficas sistemáticas sobre algún aspecto científico-técnico concreto.

• Saber estruturar e desenvolver un traballo científico, tomando como base a experiencia adquirida no Grao e no Máster.

• Posuír coñecementos sobre óptica en xeral e láser, fotónica e visión en particular. Cantas máis materias, cursos, etc. cursase o alumno relacionadas coa óptica máis fácil será o seu tránsito no programa.

5. Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión no programa de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estas ensinanzas.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

• Expediente académico. Computará o 65% na cualificación global de admisión.

• Curriculum Vitae: valorarase preferentemente a formación e experiencias profesional e investigadora, e coñecemento de idiomas. Computará o 20% na cualificación total de admisión.

• Entrevista persoal: valorarase capacidades e motivación para o traballo científico. Computará o 15% na cualificación global de admisión.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Seminarios formativos en temas específicos de láser, fotónica e visión

  • E1081A01

Xornadas sobre valorización e trasferencia de tecnoloxía

  • E1081A02

Participación en workshops dos estudantes do programa

  • E1081A03

Estancias curtas de investigación

  • E1081A04

Actividade formativa de investigación

  • E1081A05
Profesores Área
Luz Maria Gigirey Prieto
Física Aplicada
Eva Maria Acosta Plaza
Óptica
Justo Arines Piferrer
Optometría
María José Tobar Vidal
Escola de Doutoramento Internacional
Ana Jesús López Díaz
Escola de Doutoramento Internacional
José Manuel Amado Paz
Escola de Doutoramento Internacional
José Benito Vázquez Dorrio
Escola de Doutoramento Internacional
José Carlos López Vázquez
Escola de Doutoramento Internacional
Armando José Yáñez Casal
Escola de Doutoramento Internacional
Jesãºs Blanco Garcã­a
Escola de Doutoramento Internacional
Marã­acristina Trillo Yaã±Ã©Z
Escola de Doutoramento Internacional
Ginã©S Nicolã¡S Costa
Escola de Doutoramento Internacional
Marã­adelapaz Mateo Orenes
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Raul De La Fuente Carballo
Óptica
Maria Elena Lopez Lago
Óptica
Xesus Prieto Blanco
Óptica
Maria Concepcion Nistal Fernandez
Óptica
Mª Carmen Bao Varela
Óptica
Jesus Liñares Beiras
Óptica
Carlos Montero Orille
Óptica
Maria Teresa Flores Arias
Óptica
José Ramón Salgueiro Piñeiro
Escola de Doutoramento Internacional
Humberto Javier Michinel Alvarez
Escola de Doutoramento Internacional
Daniele Tommasini
Escola de Doutoramento Internacional
Marcos Curty Alonso
Escola de Doutoramento Internacional
Javier Fraile Pelã¡Ez
Escola de Doutoramento Internacional

O programa de doutoramento en Láser, Fotónica e Visión recolle a experiencia docente e investigadora de diferentes grupos de investigación moi activos na área da óptica e especializados nos campos do láser, a fotónica a a visión.

A finalidade do programa é a formación nestos campos, tanto nos seus aspectos máis fundamentais coma nas súas crecentes e espectaculares aplicacións, de científicos, técnicos e emprendedores internacionalmente demandados tanto no sector académico coma industrial.

O Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbeto do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeneración, transmisión, detección, control e manipulación da luz e o desenvolvemento de tecnoloxías ópticas con aplicacións dun alto interés en múltiples e dispares sectores socio-económicos.

Abrangue dende elementos que forman parte da vida cotián até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico, e está a ser de extrema importancia para os grandes retos científico-técnicos do século XXI e para o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribúen de forma directa ao progreso e á innovación.

O programa de doutoramento en Láser, Fotónica e Visión recolle a experiencia docente e investigadora de diferentes grupos de investigación moi activos na área da óptica e especializados nos campos do láser, a fotónica a a visión.

A finalidade do programa é a formación nestos campos, tanto nos seus aspectos máis fundamentais coma nas súas crecentes e espectaculares aplicacións, de científicos, técnicos e emprendedores internacionalmente demandados tanto no sector académico coma industrial.

O Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbeto do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeneración, transmisión, detección, control e manipulación da luz e o desenvolvemento de tecnoloxías ópticas con aplicacións dun alto interés en múltiples e dispares sectores socio-económicos.

Abrangue dende elementos que forman parte da vida cotián até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico, e está a ser de extrema importancia para os grandes retos científico-técnicos do século XXI e para o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribúen de forma directa ao progreso e á innovación.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

  • Adquirir a capacidade para realizar unha comprensión rápida e sistemática e sobre todo actualizada na(s) distinta(s) disciplina(s) nas que o alumno especializouse, tanto nas relacionadas coas Tecnoloxías do Láser e a Visión como Láser e Fotónica.
  • Coñecer e saber aplicar os distintos métodos de investigación e habilidades teóricas, sobre todo de modelado e simulación, e experimentais, sobre todo de medida, relacionados coas Tecnoloxías Láser e Visión, e co Láser e Fotónica.
  • Adquirir a capacidade para identificar, formular e resolver, ou polo menos propoñer solucións alternativas, de problemas dos ámbitos da Ciencia e Tecnoloxías Láser e Visión e o Láser e Fotónica, partindo sempre dos resultados máis recentes obtidos na comunidade científica.
  • Adquirir a capacidade de entender e desenvolver a Optica en xeral, e o Láser, a Fotónica e a Visión, en particular, coma unha actividade económica e empresarial considerando tamén os seus aspectos sociais, éticos e de sostenibilidade.
  • Adquirir a capacidade para realizar contribucións científico-técnicas mediante a investigación que amplíe as fronteiras do coñecemento e saber plasmalo tanto en publicacións científicas de impacto internacional como en documentos académicos e/ou divulgativos.
  • Adquirir a capacidade de realizar e dirixir proxectos e/ou actividades investigadoras ou de formación de forma autónoma co obxecto de alcanzar obxectivos de forma eficiente, tomando decisións, e de ser o caso, liderando equipos de traballo.
  • Coñecer os contidos científico-técnicos e saber formular os avances máis recentes e os retos máis destacados da Tecnoloxía Láser e Visión nos que o alumno especializouse (Física da Visión, Sensores Láser, Metroloxía Láser, Irradiación/Ablación Láser, instrumentación Láser, Espectroscopía Láser, ESPI, Aplicacións Industriais, Médicas e Medio-ambientais do Láser)
  • Coñecer os contidos científico-técnicos e saber formular os avances máis recentes e os retos máis destacados do Láser e Fotónica nos que o alumno especializouse (interacción Láser-Estruturas Fotónicas, Pulsos Láser, Optica Integrada Clásica e Cuántica, Plasmónica, Fibras Ópticas e Transmisión Optica, Optica Non lineal Clásica e Cuántica, Modulación Optica de Materiais, Optica Atómica (BEC, Trampas Ópticas, Pinzas Ópticas, Microóptica, Vórtices Ópticos).
  • Coñecer as medidas de seguridade no uso do Láser, e en xeral as normativas de protección, incluíndo tamén aspectos relacionados coa medida da contaminación lumínica, e en xeral a radiometría e fotometría de fontes e láseres, co obxecto de saber manexar equipamentos con diferentes fontes de luz de forma eficiente e segura.

Coñecer aqueles conceptos, modelos e teorías fundamentais das liñas específicas de investigación sobre Tecnoloxías do Láser e Visión, e sobre Láser e Fotónica, que dote ao alumno dunha visión de conxunto, servíndolle ademais de base para posteriores aprendizaxes.

Adquirir a capacidade para realizar unha comprensión rápida e sistemática e sobre todo actualizada na(s) distinta(s) disciplina(s) nas que o alumno especializouse, tanto nas relacionadas coas Tecnoloxías do Láser e a Visión como Láser e Fotónica.

Coñecer e saber aplicar os distintos métodos de investigación e habilidades teóricas, sobre todo de modelado e simulación, e experimentais, sobre todo de medida, relacionados coas Tecnoloxías Láser e Visión, e co Láser e Fotónica.

Adquirir a capacidade para identificar, formular e resolver, ou polo menos propoñer solucións alternativas, de problemas dos ámbitos da Ciencia e Tecnoloxías Láser e Visión e o Láser e Fotónica, partindo sempre dos resultados máis recentes obtidos na comunidade científica.

Adquirir a capacidade de entender e desenvolver a Optica en xeral, e o Láser, a Fotónica e a Visión, en particular, coma unha actividade económica e empresarial considerando tamén os seus aspectos sociais, éticos e de sostenibilidade.

Adquirir a capacidade para realizar contribucións científico-técnicas mediante a investigación que amplíe as fronteiras do coñecemento e saber plasmalo tanto en publicacións científicas de impacto internacional como en documentos académicos e/ou divulgativos.

Adquirir a capacidade de realizar e dirixir proxectos e/ou actividades investigadoras ou de formación de forma autónoma co obxecto de alcanzar obxectivos de forma eficiente, tomando decisións, e de ser o caso, liderando equipos de traballo.

Coñecer os contidos científico-técnicos e saber formular os avances máis recentes e os retos máis destacados da Tecnoloxía Láser e Visión nos que o alumno especializouse (Física da Visión, Sensores Láser, Metroloxía Láser, Irradiación/Ablación Láser, instrumentación Láser, Espectroscopía Láser, ESPI, Aplicacións Industriais, Médicas e Medio-ambientais do Láser)

Coñecer os contidos científico-técnicos e saber formular os avances máis recentes e os retos máis destacados do Láser e Fotónica nos que o alumno especializouse (interacción Láser-Estruturas Fotónicas, Pulsos Láser, Optica Integrada Clásica e Cuántica, Plasmónica, Fibras Ópticas e Transmisión Optica, Optica Non lineal Clásica e Cuántica, Modulación Optica de Materiais, Optica Atómica (BEC, Trampas Ópticas, Pinzas Ópticas, Microóptica, Vórtices Ópticos).

Coñecer as medidas de seguridade no uso do Láser, e en xeral as normativas de protección, incluíndo tamén aspectos relacionados coa medida da contaminación lumínica, e en xeral a radiometría e fotometría de fontes e láseres, co obxecto de saber manexar equipamentos con diferentes fontes de luz de forma eficiente e segura.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Jesus Liñares Beiras

Secretario/a
Carlos Montero Orille

Vogais
Eva Maria Acosta Plaza
Mª Carmen Bao Varela
Maria Teresa Flores Arias
Maria Elena Lopez Lago

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

5,0

6,0

6,0

6,0

6,0

6,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,0

66,67

33,33

33,33

83,33

0,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

1,0

4,0

2,0

1,0

4,0

0,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

9,0

11,0

10,0

10,0

12,0

9,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

25,0

50,0

100,0

75,0

-

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

25,0

0,0

0,0

0,0

-

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

25,0

0,0

0,0

0,0

-

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

-

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,11

36,36

50,00

40,00

33,33

33,33

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

9,09

20,0

20,0

16,67

22,22

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

-

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

25,0

-

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

77,78

90,91

100,0

80,0

83,33

88,89

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

20,0

8,33

11,11

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,22

9,09

0,0

0,0

8,33

0,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

28,57

10,0

0,0

12,5

30,0

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,29

10,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

30,0

30,0

37,5

22,22

25,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,5

1,0

1,0

1,0

0,0

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

42,0

45,0

46,0

47,0

44,0

48,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,0

3,2143

3,2857

3,3571

3,3846

3,6923

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,86

92,86

92,86

92,86

92,31

92,31

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

85,71

78,57

78,57

78,57

84,62

84,62

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

11,11

9,09

9,09

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

33,33

33,33

0,0

0,0

33,33

17,05

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

2,0

2,0

2,0

1,0

1,0

1,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

1,0

0,0

0,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

1,0

2,0

1,0

1,0

1,0

1,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

3,9452

4,9315

4,9315

4,9233

3,8603

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

2,9589

-

-

-

-

-

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

50,0

0,0

100,0

100,0

0,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

28,57

22,22

0,0

12,5

18,18

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2024.