Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
Resultados da aprendizaxe:
- Reforzo dos coñecementos do alumno sobre a adquisición e tratamento de datos experimentais.
- Adquisición duns coñecementos básicos do traballo nun laboratorio de óptica, das medidas de seguridade necesarias no traballo con láseres e de métodos experimentais de uso común na óptica e a fotónica actual.
- Desenvolver destrezas específicas da óptica e a fotónica, como aliñado de sistemas ópticos ou filtrado espacial de feixes láser.
- Adquirir coñecementos básicos, dende una perspectiva experimental, sobre o tratamento e transmisión de información por métodos ópticos, así como da manipulación e guiado de luz.
- Aprender a interpretar os resultados experimentais obtidos. Aprender a usar correctamente a linguaxe científica.
-Procesado óptico de información.
-Instrumentación e metroloxía óptica: espectrometría de Fourier e interferómetro Mach-Zehnder.
-Estruturas fotónicas guiantes.
-Fibras ópticas. Acoplamento e caracterización.
-Materiais electro-ópticos e magneto-ópticos.
E. Hecht, 'Óptica', Pearson, 2017 (5ª edición).
B.E.A. Saleh, M.C. Teich, 'Fundamentals of photonics', John Wiley & Sons, Inc., 2007
Goodman, 'Introduction to Fourier Optics', MacGraw-Hill, 1996.
Hunsperger R.G.,"Integrated Optics: Theory and Technology", Springer-Verlag, 1991.
Cabrera, Agulló, López, 'Óptica Electromagnética. Vol II: Materiales y aplicaciones', Addison-Wesley/Univ. Autónoma de Madrid, 2000.
Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Xerais:
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
Transversais:
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
Específicas:
CE11 - Adquirir coñecementos e dominio das estratexias e sistemas de transmisión da luz e a radiación.
CE12 - Proporcionar unha formación especializada, nos distintos campos que abarca a Física Fundamental: desde a física medioambiental, a física de fluídos ou a acústica ata fenómenos cuánticos e de radiación coas súas aplicacións tecnolóxicas, médicas, etc.
Realizarase unha introdución previa a cada experiencia, e no laboratorio os alumnos dispoñerán dun guión, que lles indicará as actividades concretas a realizaren. Os alumnos deberán entregar un informe de algunha(s) das experiencias realizadas seguindo un formato semellante a un artigo científico, facendo especial fincapé nas conclusións.
Activarase un curso na plataforma Moodle da Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno así como material docente diverso.
A asistencia ás sesións previstas será condición imprescindible para superar esta materia. A avaliación continua da materia se farase en base ó traballo desenvolvido no laboratorio (CB6, CB7, CG01, CG05, CT01, CT02, CE11, CE12) e á calidade dos informes (CB8, CB9, CB10, CG02, CG03, CG04) que debe realizar o alumno:
Actividade avaliable Peso na nota global
Informes finais 70%
Traballo no laboratorio 30%
Non obstante, de acordo coa normativa vixente todos os alumnos terán dereito á realización dun exame final (100%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ao recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Horas de traballo presencial: 45
Horas de traballo persoal non presencial: 29
Horas de Titorías: 1
Total de horas de traballo do alumno/a: 75
Idioma do curso: Galego, Castelán, Inglés
Maria Dolores Mouriz Cereijo
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813519
- Correo electrónico
- mariadolores.mouriz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xesus Prieto Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813506
- Correo electrónico
- xesus.prieto.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Liñares Beiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813501
- Correo electrónico
- suso.linares.beiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade