Ir o contido principal

Programa de Doutoramento en Matemáticas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.matematicas [at] usc.gal

O Programa de Doutoramento en Matemáticas, asociado ao «Campus Vida» de Excelencia Internacional dá USC, e con mención de calidade obtida en 2008, posúe unha longa traxectoria nesta Universidade. Os doutores formados nel crearon grupos de investigación que concorreron e concorren con éxito a convocatorias rexionais, nacionais e europeas de financiamento e as súas publicacións acadaron e seguen acadando cotas de gran calidade e repercusión.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600506
Número prazas: 10

Coordinador-a do título:
Jesús Antonio Álvarez López
jesus.alvarez [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
18/05/2020

Códigos ISCED:
(461) Matemáticas
(0541) Matemáticas

O Programa de Doutoramento en Matemáticas posúe unha longa traxectoria nesta Universidade. En 2008, o Programa de Doutoramento obtivo a mención de calidade. Atópase en proceso de incorporación ao "Campus Vida" de Excelencia Internacional da USC. Os doutores formados crearon grupos de investigación que concorreron con éxito a convocatorias rexionais, nacionais e europeas de financeamento. As súas publicacións acadarón cotas de gran calidade e repercusión.
Segundo o ránquin 2011 QS World University, a Universidade de Santiago figura entre as 200 mellores do mundo e segundo o da Universidade de Granada, é a primeira de España e está entre as cinco mellores europeas no rendemento investigador na especialidade de matemáticas. O Programa abrangue todas as ramas fundamentais da matemática: álxebra, análise, xeometría, topoloxía e astronomía, o que permite unha ampla oferta de formación para os estudantes.

Segundo o ranking 2014 da Universidade Nacional de Taiwan a USC é a número 57 do mundo en investigación matemática, a 13 a nivel europea e a primeira de España, posto confirmado polo ranking da Universidade de Granada en repetidas ocasións. O Programa abrangue todas as ramas fundamentais da matemática: álxebra, análise, xeometría, topoloxía e astronomía, o que permite unha ampla oferta de formación para os estudantes.

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudantado que desexa acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorandos/as.
De forma xeral, o perfil de ingreso do programa é o de estudos de Máster na rama de coñecemento de Matemáticas e Estatística (incluíndo Matemática Aplicada), así como Física e Astronomía.

Outras titulacións tamén poden servir de perfil de ingreso directo se tratan sobre ela rama de coñecemento e teñen un nivel equiparable; por exemplo, o extinguido título de DEA obtido a través dos programas da Facultade de Matemáticas da USC. Se o nivel non é equiparable, a CAPD pode condicionar o ingreso á realización de complementos de formación, comentado noutro punto.
O perfil dos/as estudantes tamén debe incluír boas competencias lingüísticas en inglés.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario ou equivalente, sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
2. Así mesmo, poderá acceder quen se encontre nalgún dos seguintes supostos:
a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do marco europeo de cualificacións sempre que o dito título faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición deste. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, logo de comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster universitario e que faculta no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de doutora ou doutor.
e) Igualmente poderán accede-los titulados universitarios que, logo de obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do/a estudante consistente nunha carta de referencia dun(a) profesor(a) do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) puidese exercer como director/a en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.
Ademais, dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, o/a estudante debe ter acreditado un nivel mínimo de coñecementos de inglés equivalente ao nivel B1, non só por ser a lingua común de comunicación científica a nivel internacional na actualidade senón porque parte dos cursos, tanto de formación específica como transversal, así como diversas actividades do programa poden realizarse neste idioma. O nivel de idioma acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC para os distintos niveis do Marco Común Europeo: https://www.usc.gal/gl/centro/centro-linguas-modernas . Tamén se pode acreditar mediante a entrevista persoal ou ter estudado inglés no ensino primario e secundario.

A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:

• Expediente académico (60 %) determinado polas cualificacións obtidas no grao e máster (ou DEA ou suficiencia investigadora). Priorizarase a formación matemática do máster (ou titulación equivalente).
• Experiencia investigadora previa e os seus resultados (5 %): Neste punto valoraranse publicacións, comunicacións e outras contribucións científicas a congresos e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa.
• Experiencia profesional (5 %): Neste punto valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. Os/as candidatos/as deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.)
• Outros aspectos acreditados no currículo do candidato (5 %): Neste punto valoraranse as estadías de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa. Coñecemento de inglés e coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna, etc. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa.
• Entrevista persoal (15 %): Neste punto valoraranse motivación e aptitude, capacidade de comunicación, coñecementos xerais de matemáticas, etc.
• Carta de motivación e cartas de recomendación (10 %)

Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todos/as os/as estudantes independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Seminario de álxebra

  • E1091A01

Seminario de astronomía

  • E1091A02

Seminario de ecuacións diferenciais e análise funcional

  • E1091A03

Seminario de topoloxía, análise global, dinámica topolóxica e aplicacións

  • E1091A10

Seminario de análise xeométrica e accións isométricas

  • E1091A11

Seminario de topoloxía

  • E1091A12

Seminario de iniciación á investigación (SII)

  • E1091A13

Cursos transversais da EDIUS

  • E1091A14

Mobilidade no PD en Matemáticas

  • E1091A15

A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/as candidatos/as. A aqueles con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento proporáselles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a estudante e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento.
Estes complementos de formación poderán ser de materias ou módulos de máster e grao, e deberanse superar no período inicial de desenvolvemento da teses, nun prazo máximo dun curso académico e para efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración é a de formación de nivel de doutoramento.

Estas competencias adquiriranse cursando materias, ata un máximo de 15 créditos ECTS do Grao en Matemáticas ou do Máster en Matemáticas.

Os enlaces ás titulacións de grao e máster mencionadas son:
https://www.usc.gal/gl/estudos/graos/ciencias/grao-matematicas
https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/ciencias/master-universitario-m…
 

Profesores Área
Juan José Nieto Roig
Análise Matemática
Rodrigo Lopez Pouso
Análise Matemática
Maria Victoria Otero Espinar
Análise Matemática
Alberto Cabada Fernandez
Análise Matemática
Rosana Rodríguez López
Análise Matemática
Francisco Javier Fernandez Fernandez
Análise Matemática
Fernando Adrian Fernandez Tojo
Análise Matemática
Lucia Lopez Somoza
Análise Matemática
Daniel Cao Labora
Análise Matemática
Jorge Rodríguez López
Análise Matemática
Érika Diz Pita
Análise Matemática
Profesores Área
Manuel Andrade Baliño
Astronomía e Astrofísica
Profesores Área
Jesús Antonio Álvarez López
Xeometría e Topoloxía
Enrique Macías Virgós
Xeometría e Topoloxía
Antonio M. Gómez Tato
Xeometría e Topoloxía
Fernando Alcalde Cuesta
Xeometría e Topoloxía
Maria Cristina Costoya Ramos
Álxebra
Profesores Área
Eduardo Garcia Rio
Xeometría e Topoloxía
Modesto Ramon Salgado Seco
Xeometría e Topoloxía
Jose Carlos Diaz Ramos
Xeometría e Topoloxía
Miguel Brozos Vázquez
Escola de Doutoramento Internacional
Miguel Dominguez Vazquez
Xeometría e Topoloxía
Victor Sanmartin Lopez
Xeometría e Topoloxía
Profesores Área
Leovigildo Alonso Tarrio
Álxebra
Manuel Eulogio Ladra Gonzalez
Álxebra
José Javier Majadas Soto
Álxebra
Ana Jeremías López
Álxebra
Marta Pérez Rodríguez
Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)
Maria Cristina Costoya Ramos
Álxebra
Jose Manuel Casas Mirás
Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)
Oscar Rivero Salgado
Álxebra
Ana Peon Nieto
Álxebra

O Programa de Doutoramento en Matemáticas posúe unha longa traxectoria nesta Universidade. En 2008, o Programa de Doutoramento obtivo a mención de calidade. Atópase en proceso de incorporación ao "Campus Vida" de Excelencia Internacional da USC.

Os doutores formados crearon grupos de investigación que concorreron con éxito a convocatorias rexionais, nacionais e europeas de financeamento.

As súas publicacións acadarón cotas de gran calidade e repercusión. Segundo o ránquin 2011 QS World University, a Universidade de Santiago figura entre as 200 mellores do mundo e segundo o da Universidade de Granada, é a primeira de España e está entre as cinco mellores europeas no rendemento investigador na especialidade de matemáticas.

O Programa abrangue todas as ramas fundamentais da matemática: álxebra, análise, xeometría, topoloxía e astronomía, o que permite unha ampla oferta de formación para os estudantes.

O Programa de Doutoramento en Matemáticas posúe unha longa traxectoria nesta Universidade. En 2008, o Programa de Doutoramento obtivo a mención de calidade. Atópase en proceso de incorporación ao "Campus Vida" de Excelencia Internacional da USC. Os doutores formados crearon grupos de investigación que concorreron con éxito a convocatorias rexionais, nacionais e europeas de financeamento. As súas publicacións acadarón cotas de gran calidade e repercusión.
Segundo o ránquin 2011 QS World University, a Universidade de Santiago figura entre as 200 mellores do mundo e segundo o da Universidade de Granada, é a primeira de España e está entre as cinco mellores europeas no rendemento investigador na especialidade de matemáticas. O Programa abrangue todas as ramas fundamentais da matemática: álxebra, análise, xeometría, topoloxía e astronomía, o que permite unha ampla oferta de formación para os estudantes.

- Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
‐ Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
‐ Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
‐ Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
‐ Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos xeitos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
‐ Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
‐ Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

  • CM01. Profundar nas técnicas xerais da investigación en Matemáticas para adquirir a capacidade de abordar autonomamente problemas de investigación matemática.
  • CM02. Dominar os resultados relevantes, os problemas abertos e as técnicas dominantes nun campo de investigación matemática.
  • CM03. Alcanzar o nivel de especialista no campo de investigación da súa especialización. Ter unha perspectiva tanto da súa evolución histórica como das relacións con outros campos de investigación matemática.
  • CM04. Ser capaz de elaborar achegas relevantes e orixinais no campo de especialización, de modo que sexa posible publicalos en medios de referencia e que contribúan ao avance do coñecemento matemático.
  • CM05. Aprender e adquirir hábitos de comunicación de resultados matemáticos en foros locais, nacionais e internacionais.
  • CM06. Desenvolver e profundar en actitudes de colaboración e traballo matemático en equipo.

O perfil de egreso é o dun investigador en Matemáticas ou Astrodinámica. As capacidades, coñecementos e habilidades adquiridas polo doutorando lle permiten ser xa un investigador activo nalgunha das liñas de investigación do programa, tendo iniciado unha carreira investigadora na que irá alcanzando cada vez máis independencia. As saídas profesionais acordes con este nivel formativo son: profesor/a universitario/a, investigador/a nalgún centro de investigación matemática ou con necesidade de coñecementos matemáticos avanzados, contratado/a por algunha empresa cunha necesidade importante de coñecementos matemáticos avanzados, tanto para uso propio como para transferilos. A liña de investigación en Astrodinámica tamén abre a posibilidade de contratación como Investigador/a en institutos de Astronomía e Astrofísica e de ser astrónomo/a titular do Observatorio Astronómico Nacional.

como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha maior unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

O Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. Para tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para o Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Título Data de lectura Autoría Dirección
Cohomoloxía de De Rham espazos difeolóxicos 10/12/2024 Reihaneh Mehrabi Enrique Macías Virgós
Antonio M. Gómez Tato

Coordinador/a
Jesús Antonio Álvarez López

Secretario/a
Alberto Cabada Fernandez

Vogais
Antonio M. Gómez Tato
Eduardo Garcia Rio
Jose Angel Docobo Durantez
Leovigildo Alonso Tarrio

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

13,0

10,0

10,0

10,0

10,0

10,0

ID-02
Demand

Percentage ratio of applications submitted on the offer of places

Info da escala: Percentage with two decimal places

107,69

80,0

70,0

100,0

100,0

150,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

10,0

4,0

6,0

5,0

5,0

10,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

40,0

36,0

31,0

33,0

26,0

25,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

70,0

100,0

66,67

60,0

60,0

80,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

20,0

0,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

20,0

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

17,50

16,67

12,90

21,21

26,92

24,00

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

2,5

2,78

3,23

3,03

0,0

0,0

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,0

80,56

77,42

72,73

73,08

80,0

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

10,0

11,11

16,13

12,12

7,69

8,0

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

10,0

8,33

6,45

15,15

19,23

12,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

15,63

17,24

20,83

8,33

10,53

10,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

3,45

8,33

4,17

10,53

5,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

58,62

58,33

62,5

52,63

55,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,6364

0,75

0,6667

0,7143

1,0

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

80,0

76,0

85,0

89,0

83,0

81,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,6364

3,8

3,8636

4,0455

3,7727

3,8571

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

95,45

100,0

95,45

100,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

72,73

80,0

86,36

90,91

81,82

85,71

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

13,16

12,2

12,2

0,0

0,0

3,85

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

35,71

29,03

16,67

20,83

23,81

16,99

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

5,0

11,0

4,0

9,0

7,0

1,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

75,0

88,89

85,71

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

25,0

11,11

14,29

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

1,0

0,0

0,0

1,0

1,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

1,0

2,0

1,0

1,0

0,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

4,0

8,0

3,0

8,0

6,0

0,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

3,8255

3,9434

3,8185

4,2626

-

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

4,9479

4,7836

4,0521

5,5616

4,0712

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

27,27

0,0

11,11

0,0

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

85,71

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

40,0

54,55

50,0

55,56

71,43

0,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

6,9

15,63

22,73

14,29

23,53

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2025.