Ir o contido principal

Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.enxenariaquimica [at] usc.gal

O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental foi o primeiro dos ofertados pola USC nas área das ensinanzas técnicas, obtivo a Mención de Calidade dende a primeira convocatoria do Ministerio no curso 2003/04, manténdoa ininterrumpidamente ao longo de todos os cursos no que estivo vixente, obtendo igualmente a nova etiqueta de Mención de Excelencia dende o curso 2011/12, ano no que se implantou esta nova medida de calidade dos programas de doutoramento.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600495
Número prazas: 15

Coordinador-a do título:
Eva Rodil Rodriguez
eva.rodil [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
18/05/2020

Códigos ISCED:
(524) Procesos químicos
(851) Control y tecnología medioambiental
(0711) Ingeniería y procesos químicos

O Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental está adscrito á Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS). A EDIUS ten como obxecto a xestión e coordinación dos ensinos de doutoramento da USC, así como os procesos que conducen á obtención do título de doutor(a). Asume, así mesmo, a coordinación dos estudos avanzados da USC. A súa finalidade é concibir un modelo de formación doutoral flexible, interdisciplinar e de calidade, orientada a potenciar as liñas de investigación de maior interese e proxección da universidade
O Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental parte das seguintes premisas:
1. Manter a traxectoria formativa desenvolvida desde o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958.
2. Promover unha formación avanzada dos/as actuais e futuros/as Enxeñeiros/as Químicos/as na fronteira do coñecemento nas áreas da Enxeñería Química e Ambiental dentro da estrutura do novo Espazo Europeo de Educación Superior.
3. Formar ao novo persoal investigador pensando na súa futura incorporación nas áreas de I+D+i das empresas, o que resulta clave para o fortalecemento de sectores produtivos de valor engadido no noso país, fomentando ademais o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sostible.
4. Captar a posgraduadas/os estranxeiras/os, tanto europeas/os como doutras rexións do mundo. Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de estudantes iberoamericanas/os que, tradicionalmente, fixeron a tese nas diferentes versións históricas do noso programa de doutoramento.

Os obxectivos específicos do programa son os seguintes:
1.Formar doutores/as cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D+i.
2.Incorporar titulados/as ao mundo universitario, en particular aos grupos de investigación que participan no programa de doutoramento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senón tamén na xestión de proxectos.
3. Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D+i mediante a mobilidade do noso estudantado e profesorado.
4. Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico a área de Enxeñería Química, potenciando a súa difusión tanto no sector específico da investigación (asistencia a congresos, publicacións científicas con alto índice de impacto, impartición de seminarios etc.)/ etc.) como á sociedade en xeral (mediante actividades tales como día da ciencia, G-Night, etc).
5. Potenciar o doutoramento industrial, aliñándose especialmente coas necesidades do sector industrial galego.

O novo programa, que mantén a súa denominación actual, parte das seguintes premisas:

  1. Manter a traxectoria formativa desenvolta dende o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958.
  2. Promover a formación en áreas avanzadas na fronteira do coñecemento da Enxeñaría Química, Ambiental e Biotecnolóxica dos actuais e futuros enxeñeiros químicos dentro da nova estrutura de Bolonia.
  3. Formación de novo persoal investigador, pensando na súa futura incorporación ás áreas de I+D das empresas, clave para o despegue da investigación no noso país, fomentando ademais o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sustentable.
  4. Captación de posgraduados estranxeiros, tanto europeos como doutras rexións do mundo. Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de alumnos iberoamericanos que tradicionalmente fixeron as teses nos nosos anteriores programas de Doutoramento.

Os obxectivos específicos do programa son os seguintes:

  1. Incorporar titulados ao mundo universitario, en particular nas liñas de investigación do Departamento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senón tamén na xestión de proxectos.
  2. Formar doutores cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D.
  3. Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D mediante a mobilidade dos nosos alumnos e profesores.
  4. Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico nas áreas da Enxeñaría Química, Ambiental e de Bioprocesos, potenciando a súa difusión en publicacións científicas con alto índice de impacto.

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudantado que desexa acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, no seu caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorandos/as.
De forma xeral, os estudos de grao e máster que permitirán o ingreso directo a este programa de doutoramento sen complementos de formación serán aqueles adscritos ao ámbito de coñecemento da Enxeñería Química e Ambiental. Para calquera outro perfil dentro dos ámbitos de coñecemento de Ciencias e Enxeñería a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non aos/as estudantes e establecendo complementos formativos en caso de ser necesario. No caso de que o estudantado careza da formación previa requirida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación específicos que estableza a Comisión Académica (máximo 15 ECTS). A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa de doutoramento. No caso de ser previa, a súa realización non computará para os efectos dos prazos mínimos e máximos marcados para a realización dos estudos de doutoramento. Os complementos de formación deberán superarse no primeiro curso académico; en caso contrario, a doutoranda ou doutorando causará baixa no correspondente programa de doutoramento. Devanditos complementos de formación poderán ser materias de máster e grao, e terán, para os efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento.
Ao ser a lingua franca científico-tecnolóxica, recoméndase o coñecemento do inglés (mínimo nivel B1) que permita ao/á doutorando/a unha adecuada comunicación dos resultados á comunidade científica nun marco internacional

Acceso

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento, e na súa modificación polo Real Decreto 576/2023, do 4 de xullo. Estes son:
1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster Universitario ou equivalente, sempre que se superaran, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destes dous ensinos.
2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:
a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superaron, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destes ensinos e acreditar un nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do Marco Europeo de Cualificacións sempre que devandito título faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición do mesmo. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento a outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster universitario e que faculta no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento a outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de Doutora ou Doutor.
e) Igualmente poderán acceder os titulados universitarios que, previa obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

1. É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe de viabilidade ou carta de referencia dun(a) profesor(a) do programa que avale a viabilidade da futura tese no marco da liña de investigación á que se vincule.
2.Ademais, o/a estudante debe ter acreditado un nivel mínimo de coñecementos de inglés equivalente ao nivel B1, non soamente por ser a lingua franca de comunicación científica a nivel internacional na actualidade, senón porque parte dos cursos, tanto de formación específica como transversal, así como outras das actividades do programa realízanse en inglés. O nivel de inglés acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC para os distintos niveis do Marco Común Europeo: https://www.usc.gal/gl/centro/centro-linguas-modernas. En caso de non dispoñer da devandita certificación no momento da matrícula deberase demostrar a súa adquisición antes de transcorrer 24 meses de dedicación desde o inicio dos estudos de doutoramento. O estudantado procedente dun país cuxo idioma oficial e lingua materna sexa o inglés estarán exentos deste requisito.

Estes criterios permitirán realizar a selección de admitidos en caso de existir máis solicitudes que prazas.
É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe de viabilidade ou carta de referencia dun(a) profesor(a) do programa que avale a viabilidade da futura tese no marco da liña de investigación á que se vincule.
A selección de estudantes para a súa admisión no programa a realizará a CAPD en función dos seguintes criterios:
• Expediente académico (60%) determinado polas cualificacións obtidas no grao e o máster (ou titulación equivalente de polo menos 300 créditos).
• Experiencia investigadora previa e os seus resultados (10%): Neste apartado valoraranse publicacións, comunicacións e outras contribucións científicas a congresos e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa.
• Experiencia profesional (5%): Neste apartado valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. Os/as candidatos/as deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas etc.)/ etc.)
• Outros aspectos acreditados no currículo do candidato (10%): Neste apartado valoraranse as estancias de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa. Tamén se valorará ter coñecemento de lingua inglesa cun nivel B2 ou superior e coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna etc. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa.
• Entrevista persoal (15%): Neste apartado valoraranse motivación e aptitude, capacidade de comunicación etc.
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todos/as os/as estudantes independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Cursos de formación específicos da área de Ciencias e Enxeñería

  • E4021A13

Cursos de formación transversais

  • E4021A14

Presentación e defensa da investigación desenvolvida

  • E4021A15

Realización de estancias de investigación

  • E4021A16

Presentación de comunicacións en congresos científicos

  • E4021A17

Publicacións de artigos científicos

  • E4021A18

Publicacións de libros e capítulos de libros

  • E4021A19

Patentes concedidas

  • E4021A20

Colaboración en actividades docentes

  • E4021A21

A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/as candidatos/as. A aqueles/as con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento propoñeráselles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a estudante e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento.
Devanditos complementos de formación poderán ser adquiridos, ata un máximo de 15 créditos ECTS, cursando materias ou módulos de máster e/o de grao e deberán superarse no período inicial de desenvolvemento da tese, nun prazo máximo dun curso académico. A efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, terán a consideración de formación de nivel de doutoramento. Por norma, os mencionados complementos de formación estarán constituídos por materias pertencentes aos programas do Grao de Enxeñería Química (https://www.usc.gal/gl/estudos/graos/enxenaria-arquitectura/grao-enxena…), o Máster en Enxeñería Química e Bioprocesos (https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/enxenaria-arquitectura/master-u…) ou do Máster en Enxeñería Ambiental (https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/enxenaria-arquitectura/master-u…).
 

Profesores Área
Julia Gonzalez Alvarez
Enxeñaría Química
Ana Maria Soto Campos
Enxeñaría Química
Ramon Felipe Moreira Martinez
Enxeñaría Química
Maria Teresa Moreira Vilar
Enxeñaría Química
Jorge Sineiro Torres
Enxeñaría Química
Eva Rodil Rodriguez
Enxeñaría Química
Maria Sonia Freire Leira
Enxeñaría Química
Juan Jose Casares Long
Enxeñaría Química
Juan Manuel Garrido Fernandez
Enxeñaría Química
Diego Gomez Diaz
Enxeñaría Química
Enrique Roca Bordello
Enxeñaría Química
Anuska Mosquera Corral
Enxeñaría Química
Pastora Maria Bello Bugallo
Enxeñaría Química
Maria Amaya Franco Uria
Enxeñaría Química
Maria Angeles Val Del Rio
Enxeñaría Química
Marta Carballa Arcos
Enxeñaría Química
Óscar Rodríguez Figueiras
Enxeñaría Química
Daniel Jose Franco Ruiz
Enxeñaría Química
Hector Rodriguez Martinez
Enxeñaría Química
Profesores Área
Julia Gonzalez Alvarez
Enxeñaría Química
Gumersindo Feijoo Costa
Enxeñaría Química
Francisco Omil Prieto
Enxeñaría Química
Ana Maria Soto Campos
Enxeñaría Química
Jose Antonio Souto Gonzalez
Enxeñaría Química
Maria Teresa Moreira Vilar
Enxeñaría Química
Eva Rodil Rodriguez
Enxeñaría Química
Ramon Mendez Pampin
Enxeñaría Química
Eugenio Fernandez Carrasco
Enxeñaría Química
Maria Sonia Freire Leira
Enxeñaría Química
Juan Manuel Garrido Fernandez
Enxeñaría Química
Enrique Roca Bordello
Enxeñaría Química
Anuska Mosquera Corral
Enxeñaría Química
Pastora Maria Bello Bugallo
Enxeñaría Química
Gemma Maria Eibes Gonzalez
Enxeñaría Química
Almudena Hospido Quintana
Enxeñaría Química
Maria Amaya Franco Uria
Enxeñaría Química
Maria Angeles Val Del Rio
Enxeñaría Química
Sara Gonzalez Garcia
Enxeñaría Química
Marta Carballa Arcos
Enxeñaría Química
Miguel Mauricio Iglesias
Enxeñaría Química
Thelmo Alejandro Lu Chau
Enxeñaría Química
Alberte Regueira Lopez
Enxeñaría Química
Profesores Área
Gumersindo Feijoo Costa
Enxeñaría Química
Maria Teresa Moreira Vilar
Enxeñaría Química
Enrique Roca Bordello
Enxeñaría Química
Anuska Mosquera Corral
Enxeñaría Química
Gemma Maria Eibes Gonzalez
Enxeñaría Química
Marta Carballa Arcos
Enxeñaría Química
Óscar Rodríguez Figueiras
Enxeñaría Química
Miguel Mauricio Iglesias
Enxeñaría Química
Thelmo Alejandro Lu Chau
Enxeñaría Química
Alberte Regueira Lopez
Enxeñaría Química

Os obxectivos específicso do programa son os seguintes: i) Incorporar titulados ao mundo universitario, en particular nas liñas de investigación do Departamento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senon tamén na xestión de proxectos. ii) Formar doutores cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D. iii) Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D mediante a mobilidade dos nosos alumnos e profesores. iV) Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico nas áreas da Enxeñaría Química, Ambiental e de Bioprocesos, potenciando a súa difusión en publicacións científicas con alto índice de impacto.

O Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental está adscrito á Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS). A EDIUS ten como obxecto a xestión e coordinación dos ensinos de doutoramento da USC, así como os procesos que conducen á obtención do título de doutor(a). Asume, así mesmo, a coordinación dos estudos avanzados da USC. A súa finalidade é concibir un modelo de formación doutoral flexible, interdisciplinar e de calidade, orientada a potenciar as liñas de investigación de maior interese e proxección da universidade
O Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental parte das seguintes premisas:
1. Manter a traxectoria formativa desenvolvida desde o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958.
2. Promover unha formación avanzada dos/as actuais e futuros/as Enxeñeiros/as Químicos/as na fronteira do coñecemento nas áreas da Enxeñería Química e Ambiental dentro da estrutura do novo Espazo Europeo de Educación Superior.
3. Formar ao novo persoal investigador pensando na súa futura incorporación nas áreas de I+D+i das empresas, o que resulta clave para o fortalecemento de sectores produtivos de valor engadido no noso país, fomentando ademais o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sostible.
4. Captar a posgraduadas/os estranxeiras/os, tanto europeas/os como doutras rexións do mundo. Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de estudantes iberoamericanas/os que, tradicionalmente, fixeron a tese nas diferentes versións históricas do noso programa de doutoramento.

Os obxectivos específicos do programa son os seguintes:
1.Formar doutores/as cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D+i.
2.Incorporar titulados/as ao mundo universitario, en particular aos grupos de investigación que participan no programa de doutoramento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senón tamén na xestión de proxectos.
3. Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D+i mediante a mobilidade do noso estudantado e profesorado.
4. Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico a área de Enxeñería Química, potenciando a súa difusión tanto no sector específico da investigación (asistencia a congresos, publicacións científicas con alto índice de impacto, impartición de seminarios etc.)/ etc.) como á sociedade en xeral (mediante actividades tales como día da ciencia, G-Night, etc).
5. Potenciar o doutoramento industrial, aliñándose especialmente coas necesidades do sector industrial galego.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
• Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme ao artigo 12 da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoranda ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, así como a capacitación adquirida en senllas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

  • CE1 Capacidade para supervisar liñas de investigación
  • CE2. Capacidade para a procura de financiamento de proxectos de I+D+i nas distintas convocatorias e organismos da administracións autonómicas, nacionais, europeas e internacionais
  • CE3. Capacidade para a transferencia de tecnoloxía, con especial énfase na xeración, difusión e explotación de patentes
  • CE4. Capacidade para o deseño , desenvolvemento e operación de procesos físico-químicos e biolóxicos avanzados para o tratamento de augas residuais urbanas e industriais
  • CE5. Análise holística de sostenibilidade de procesos químicos e ambientais
  • CE6. Deseño e optimización de procesos de separación de produtos químicos e alimentarios
  • CE7. Capacidade de desenvolver a actividade investigadora con responsabilidade social e integridade científica

- Capacidade para supervisar liñas de investigación
- Capacidade para a procura de financiamento de proxectos de I+D+i nas distintas convocatorias e organismos da administracións autonómicas, nacionais, europeas e internacionais
- Capacidade para a transferencia de tecnoloxía, con especial énfase na xeración, difusión e explotación de patentes
- Capacidade para o deseño, desenvolvemento e operación de procesos físico-químicos e biolóxicos avanzados para o tratamento de augas residuais urbanas e industriais
- Análise holística de sustentabilidade de procesos químicos e ambientais
- Deseño e optimización de procesos de separación de produtos químicos e alimentarios
- Capacidade de desenvolver a actividade investigadora con responsabilidade social e integridade científica.

O Programa de Doutorado Enxeñería Química e Ambiental ofrece formación que permite ao/a estudante adquirir a capacidade para traballar no ámbito da investigación científica e aplicada, relacionada co desenvolvemento de procesos e produtos químicos de forma respectuosa co medio ambiente e cun consumo sostible de enerxía.
O/A egresado/a de o programa de doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental será un(a) investigador(a) autónomo/a de alto nivel capaz de propoñer, realizar e levar a cabo investigacións e innovacións que conduzan á xeración de novos coñecementos no campo da enxeñería química e as súas ciencias transversais. Tamén conectará o traballo, a investigación e os resultados académicos cos intereses nacionais e rexionais, avanzando en proxectos de investigación que, desde unha base científica e tecnolóxica, satisfagan as necesidades e prioridades da industria. O/A egresado/a pode xerar desenvolvemento e innovación desde unha perspectiva que mellore a calidade de vida da sociedade.
Os/as doutores/as do Programa en Enxeñería Química e Ambiental traballan en centros de Investigación públicos e probados (centros I+D+i), en universidades e nunha porcentaxe moi elevada (máis do 50%) en empresas privadas abarcando desde a propia industria química ata outros sectores relacionados, tales como o farmacéutico, biotecnolóxico, alimentario ou o ambiental. Os postos para desempeñar serán:
• Xestores de proxectos
• Técnicos de I+D+i
• Consultores de I+D+i
• Investigadores Senior
• Docente Universitario
• Directivos e técnicos na industria, enxeñerías, administración e servizos

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:
A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:
• Bases de datos reunidas
• Revistas electrónicas
• Sumarios electrónicos
• Servizo de préstamo interbibliotecario
Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.
A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha maior unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.
O Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.
O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. Para ese efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.
Outros recursos:
Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)
Redes de aulas de informática
Área de xestión de infraestruturas
Servizo de medios audiovisuais
Servizo de prevención de riscos

Título Data de lectura Autoría Dirección
Reoloxía e dixestibilidade de sistemas de amidón sen glute con diferentes biopolímeros de algas pardas Ascophylum nodosum Tese por compendio de publicacións 14/02/2025 Leticia Montes Martínez Ramon Felipe Moreira Martinez
Jorge Sineiro Torres
o trilema das sociedades avanzadas: saúde, medio ambiente e dieta Mención doutoramento internacional 12/02/2025 Cristina Cambeses Franco

Coordinador/a
Eva Rodil Rodriguez

Secretario/a
Diego Gomez Diaz

Vogais
Gumersindo Feijoo Costa
Maria Sonia Freire Leira
Juan Manuel Garrido Fernandez
Julia Gonzalez Alvarez
Hector Rodriguez Martinez

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

15,0

15,0

15,0

15,0

15,0

15,0

ID-02
Demand

Percentage ratio of applications submitted on the offer of places

Info da escala: Percentage with two decimal places

106,67

53,33

126,67

113,33

80,0

93,33

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

17,0

6,0

14,0

15,0

9,0

9,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

58,0

49,0

51,0

55,0

53,0

50,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

29,41

100,0

42,86

80,0

55,56

44,44

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

33,33

7,14

13,33

11,11

11,11

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

33,33

0,0

6,67

11,11

11,11

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

7,14

6,67

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,41

12,24

21,57

21,82

26,42

32,00

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,07

6,12

7,84

9,09

11,32

10,0

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

52,94

83,33

71,43

53,33

77,78

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

81,03

77,55

84,31

83,64

83,02

84,0

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,07

10,2

5,88

9,09

9,43

8,0

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,9

12,24

9,8

7,27

7,55

8,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

19,15

18,42

18,6

6,52

27,27

16,67

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

15,79

0,0

6,52

18,18

11,9

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

28,95

20,93

30,43

36,36

42,86

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,7143

0,8889

0,7143

1,0

0,875

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

80,0

85,0

82,0

77,0

82,0

89,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,0769

3,2692

3,1538

3,2083

3,28

3,56

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

96,15

100,0

96,15

100,0

96,0

100,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,77

88,46

84,62

79,17

80,0

80,0

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,71

5,71

12,5

17,14

13,89

9,09

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

37,04

33,33

37,04

35,0

45,0

17,26

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

9,0

7,0

9,0

7,0

7,0

8,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

0,0

1,0

0,0

3,0

0,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

9,0

6,0

9,0

4,0

7,0

8,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9294

4,1096

4,7692

4,1828

4,2172

4,0995

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

4,9315

5,0466

-

-

4,7575

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

88,89

28,57

0,0

14,29

0,0

12,5

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

71,43

100,0

100,0

85,71

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

66,67

28,57

85,71

37,5

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

15,91

20,0

9,09

6,82

7,32

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2025.