Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Achegar ao alumnado a un coñecemento global do proceso de conformación de Europa como unha realidade socio-política e un espazo de civilización, centrándose na definición inicial entre os anos 400 e 1500 como un marco social e cultural estructurado arredor do cristianismo e o feudalismo. Buscarase ofertar unha visión sintética, razoada e multicausal, que integre elementos políticos, económicos, sociais e culturais nun contexto de comprensión global dos procesos históricos pasados e a súa plasmación no presente, no marco da interdisciplinariedade propio dunha formación humanística.
0.- A Idade Media como crisol de Europa: conceptos básicos e orientación da materia.
I.- Ruptura, cambio e persistencia no mundo da Cristiandade latina (ss. IV-X):
1.- O legado de Roma e a impronta xermánica. novas bases sociais, novos xeitos de propiedade.
2.- Señorío e Feudalismo na sociedade rural altomedieval.
3.- O retroceso da cultura grecolatina e o renacemento cristianizante dos séculos VIII a X.
II.- A madurez da sociedade feudal no Occidente medieval (ss. XI-XIII):
4.- A revolución agraria e demográfica do "Ano Mil".
5.- Xénese e desenvolvemento do mundo urbano e comercial medieval.
6.- Estructura e dinámica da sociedade da Plena Idade Media.
7.- O nacemento dunha cultura propia europea-occidental e cristián: Románico e Gótico.
III.-Crise e renovación da sociedade europea medieval (ss.XIV-XV):
8.- O ciclo da depresión e a recuperación demográfica e económica.
9.- Da sociedade medieval á sociedade moderna: o peso social dos cambios.
10.- Igrexa, relixiosidade e cultura no "Outono da Idade Media".
Idade Media:
José Ángel GARCÍA DE CORTÁZAR e José Ángel SESMA, Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza Editorial, 2008.
José Manuel NIETO SORIA, Europa en la Edad Media, Madrid, Akal, 2016.
Julián DONADO e Ana ECHEVARRÍA, Historia Medieval I: siglos V-XII, Madrid, Editorial Ramón Areces, 2014.
Vicente ALVAREZ PALENZUELA e outros, Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2002.
Emilio MITRE, Historia de la Edad Media en Occidente, Madrid, Cátedra, 1995.
Robert FOSSIER e outros, La sociedad medieval, Barcelona, Crítica, 1996.
Europa:
.- Feliciano NOVOA e Javier VILLALBA, Historia de Europa a través de sus documentos, Barcelona. Lunwerg, 2012.
.- Jean-Fréderic SCHAUB, ¿Tiene Europa una historia?, Madrid, Akal, 2013.
.- Jean CARPENTIER e François LEBRUN, Breve Historia de Europa, Madrid, Alianza, 1998.
Outras obras de consulta:
Angus MACKAY e David DITCHBURN, Atlas de Europa medieval, Madrid, Cátedra, 2011.
Herman KINDER e Werner HILGEMANN, Atlas histórico mundial (I), Madrid, Istmo, 1999.
Atlas "The Times" de Historia de la Humanidad, Barcelona, GSC, 1994.
Transversais:
- Comunicación oral e escrita na lingua nativa
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Traballo en equipo
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
- Compromiso ético
- Aprendizaxe autónoma
- Creatividade
- Adaptación a novas situacións
Específicas:
- Coñecemento dos contidos básicos a partir dos que se estrutura a evolución histórica da Europa medieval.
- Capacidade de análise crítica e construtiva de situacións actuais e pasadas
- Capacidade para ler e interpretar información en todo tipo de soportes
- Capacidade de lectura crítica e comprensiva
1.-Docencia presencial: exposicións temáticas do docente, comentarios de textos históricos, exposicións en grupo de alumnos/as.
2.- Actividades académicamente dirixidas: lectura e recensión de libros, prácticas de iniciación básica á investigación, cine-forum.
3.- Aula Virtual: guions temáticos, materiais auxiliares, gravacions, recursos audiovisuais e en liña.
Avaliación continua, baseada na asistencia do alumnado ás clases e/ou a participación nas actividades propostas a través do Campus Virtual, a intervención nos debates en clase e a realización das pequeñas tareas propostas polo docente.
Horas de actividade presencial: 15 horas
.- Sesións expositivas: 6 horas.
.- Sesións de seminario: 6 horas.
.- Tutorías, avaliación e outras actividades en aula: 3 horas.
Horas de actividade non presencial: 30 horas.
.- Estudo e preparación de clases e materiais: 15 horas.
.- Traballos de curso: 5 horas.
.- Lecturas de bibliografía e materiais: 5 horas.
.- Preparación de exames e outros: 5 horas.
Tendo en conta a amplitude e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter de materia de especialización, é altamente recomendable o dedicar un tempo diario á súa preparación, que debería facerse recorrendo á realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. De igual xeito, é case imprescindible o recurso á bibliografía de apoio xeral e a específica de cada tema para complementar e suplementar a docencia maxistral, así como as suxestións de lectura do profesor e o manexo de atlas, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou informatizadas, sen excluír a lectura, visión e análise dos medios de comunicación diaria, como un xeito de relacionar coñecementos e procesos históricos.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Jose Carlos Baliñas Perez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carlos.balinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula 15 Facultade de Humanidades |