Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable
• Ofrecer unha visión do xornalismo como actividade profesional estruturada e corporativa
• Entender a importancia da comunicación/divulgación como elemento de vertebración social.
• Diferenciar entre mitos e realidades, xéneros informativos e de opinión, profesionais e intrusos da profesión, medios convencionais e redes sociais.
• Fomentar o consumo responsable e crítico dos medios de comunicación
• Comunicación, información e opinión: semellanzas e diferenzas. Xéneros literarios e a súa transposición na prensa escrita
• A estrutura informativa e os procesos de produción informativa
• Fontes informativas e confidentes
• Gabinetes de comunicación e o principio de afinidade burocrática
• Comunicación de crise: o papel dos medios diante dun conflito
• Ética informativa e dereito da información. O lobbying
• A empresa informativa: das estruturase familiares ao oligopolio
• Xornalismo especializado
• Xornalismo vs. Comunicación vs. Publicidade: similitudes e diferenzas
• As notas de prensa como ferramenta de relación cos medios de comunicación
• Información e divulgación científica. A relación dos medios de comunicación coa ciencia
• Os medios como xeradores de opinión
• EGM, OJD e outros sistemas de medición de audiencias
• Televisión, Internet e redes sociais: novas canles con discriminación de usuarios
Martínez Albertos, J. L. (2007). Curso General de Redacción Periodística. Ediciones Paraninfo.
Díaz Noci, J. y Salaverría Aliaga. R. (2003).Manual de redacción ciberperiodística Barcelona, Ariel.
Fernández del Moral, J. (2004). Periodismo especializado. Barcelona: Ariel.
Losada Vázquez, A. –Esteve Ramírez, F. (Editores), El Periodismo de Fuente. Salamanca: Universidad Pontificia, 2003.
Montañés García, F. 50 años de anunciantes. Una historia de la publicidad y el consumidor en España, 2015
Calvo Hernando, M. Manual de periodismo científico.
• Ser capaz de analizar de xeito crítico os contidos publicados e emitidos polos medios de comunicación, con especial atención ao caso da prensa escrita, así como as súas posibles motivacións, intereses, dependencias...
-Coloquios abertos, a través dos que se convidará ao alumnado a participar de xeito activo nos debates ou temas de discusión propostos en cada unha das sesións programadas.
-Outras saídas específicas en función da actualidade.
-Asistencia ás aulas e ás saídas de prácticas organizadas, así como nivel de participación nas clases e as achegas realizadas aos debates.
-Exercicios prácticos.
O preciso para poder elaborar os traballos vencellados coa materia impartida en clase en casa. Non máis de 2 horas semanales.
Estar ao tanto da información en medios impresos, televisión, radios e plataformas dixitais.