Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS:
O obxectivo xeral do curso é dar a coñecer, tanto a través da explicación de conceptos teóricos como de diferentes actividades, cal é o marco conceptual das emocións como base para comprender o concepto de Intelixencia emocional e as súas competencias básicas. Tamén se darán pautas sobre cómo desenvolver ditas competencias para acadar unha vida máis plena.
• Coñecer e comprender o marco conceptual das emocións como punto de partida para desenvolver a intelixencia emocional.
• Tomar conciencia da importancia de desenvolver a propia intelixencia emocional e adquirir unha adecuada competencia emocional como base para acadar unha vida máis consciente e máis plena.
•Dar as pautas para a elaboración dun Plan de Desenvolvemento Persoal.
1. Marco conceptual das emocións: os sentires básicos, emocións, sentimentos, sensacións e estados de ánimo.
2. Concepto e competencias da Intelixencia emocional: Conciencia emocional, regulación emocional, autonomía emocional, competencia social, competencias para a vida e o benestar.
3. Pautas para a elaboración do Plan de Desenvolvemento Persoal
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bisquerra, R. (2000), Educación emocional y bienestar, Barcelona, Praxis.
Csikszentmihalyi, M. (1998b), Aprender a fluir, Barcelona, Kairós.
Garcia Rodriguez, B. (2004) Los motivos y las emociones en la vejez. UNED
López Sánchez, F. (2012) Sexualidad y afectos en la vejez.Madrid, Pirámide
Márquez-Gonzáleza, M., Izalb, M., Montorioc, I. y Pérez-Rojod, G. (2004). Emoción en la vejez: una revisión de la influencia de los factores emocionales sobre la calidad de la vida de las personas mayores
Desenvolver as competencias propias da intelixencia emocional: conciencia emocional, regulación emocional, autonomía emocional, competencia social e competencias para a calidade de vida e o benestar.
Ser capaz de elaborar un Plan de Desenvolvemento Persoal axustado ás propias necesidades e expectativas incluindo as estratexias necesarias para levalo a cabo.
Clases expositivas con participación e interacción do alumnado. Realización de actividades prácticas e vivenciais relacionadas cos contidos. Exposición por parte do alumnado e debate en torno á lectura do libro de Marián Rojas Estapé “Como hacer que te pasen cosas buenas”.
Asistencia ás aulas e participación activa nas actividades que se desenvolvan.
Exposición dun capítulo do libro proposto para lectura.
Proba escrita de conceptos básicos: proba tipo test con 30 preguntas sobre os conceptos básicos e unha pregunta de desenvolvemento.
Reflexión persoal e valoración das aprendizaxes adquiridas e a súa utilidade a nivel persoal.
Asistencia a clase: 30h
Tempo de lectura e realización das actividades que se propoñan: 10h
Asistencia a clase e lectura dos documentos que se entreguen para os distintos contidos da materia.
Realización dos exercicios que se propoñen nas clases.
Manter sempre unha actitude reflexiva.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Lina Iglesias Forneiro
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821044
- Correo electrónico
- lina.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade