Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
- Comprender e identificar os principais movementos e xéneros fotográficos.
- Coñecer os antecedentes físicos e químicos que propiciaron o xurdimento da disciplina fotográfica, así como as principais figuras que contribuíron á obtención de imaxes «fixas» captadas a través da cámara escura.
- Estudar a evolución da fotografía a través das diferentes técnicas e procedementos fotográficos; así como os principais movementos, xéneros e autores destacados.
- Identificar e analizar os elementos que compoñen unha imaxe fotográfica.
- Comprender e aplicar os elementos básicos da toma fotográfica.
Bloque I. Historia da fotografía
- Precursores: desde Aristóteles ata Davy y Wedgwood.
- Pasos previos: desde as máquinas de debuxar á heliografía, o daguerrotipo e o calotipo.
- Expansión da fotografía: unha nova profesión.
- Principais movementos e xéneros fotográficos.
- Diferentes autores, diferentes continentes.
- Autores españois e galegos.
Bloque II. Teoría da imaxe
- Conceptualización da imaxe.
- Percepción visual.
- Elementos morfolóxicos da imaxe.
- Elementos dinámicos da imaxe.
- Funcións da imaxe.
- Análise da imaxe.
- Bloque III. Nocións técnicas básicas de fotografía
- Triángulo de exposición fotográfico.
- A luz e a cor.
- Composición da imaxe.
- Análise de imaxes.
BÁSICA
Fontanella, L. (1981). La historia de la fotografía en España: desde sus orígenes hasta 1900. El Viso.
Jeffrey, I. (1999). La fotografía: una breve historia. Destino.
López, P. (2005). Historia de la fotografía en España. Lunwerg.
Newhall, B. (2002). Historia de la fotografía. Gustavo Gili.
Sougez, M. L. (1981). Historia de la fotografía [edición revisada y aumentada, 2023].
Cátedra.
Sougez, M. L. (coord.) (2007). Historia general de la fotografía. Cátedra.
Sougez, M. L., y Pérez, H. (2009). Diccionario de historia de la fotografía [segunda edición revisada y aumentada]. Cátedra.
Susperregui, J. M. (2000). Fundamentos de la fotografía. Servicio Editorial Universidad del País Vasco.
Villafañe, J. (2006). Introducción a la teoría de la imagen. Pirámide.
Villafañe, J., y Mínguez, N. (2002). Principios de teoría general de la imagen. Pirámide.
COMPLEMENTARIA
Berger, J. (2001). Mirar. Gustavo Gili.
Momeñe, E. (2016). La visión fotográfica. Curso de fotografía para jóvenes fotógrafos. Eduardo Momeñe.
Pastoriza, F. (2014). Qué es la fotografía: breve historia de los géneros, movimientos y grandes autores del arte fotográfico. Lunwerg.
Präkel, D. (2011). Principios de fotografía creativa aplicada. Gustavo Gili.
Smith, I. H. (2018). Breve historia de la fotografía: guía de bolsillo con los géneros, las obras los temas y las técnicas fundamentales. Blume.
Sontag, S. (1996). Sobre la fotografía. Edhasa.
Stieglitz, A. (1997). Camera Work. The Complete Photographs. Taschen.
- Recoñecer os elementos técnicos e compositivos que caracterizan a arte fotográfica.
- Conceptualizar como a fotografía influíu noutras formas de arte e na sociedade.
- Aplicar os contidos abordados nas sesiones ao análise e interpretación da realidade observada a través dos rexistros fotográficos.
A modalidade desta formación será de carácter presencial. Para o seu desenvolvemento, ademais do traballo autónomo que os alumnos e alumnas deberán realizar, as clases organizaranse ao redor de pequenos grupos e gran grupo.
No que respecta á modalidade de ensino, combinaranse tanto sesións expositivas nas que se propiciará a análise e debate dos conceptos abordados, como prácticas que incluirán actividades que impliquen a participación activa do estudantado de maneira que este adquira un maior protagonismo na adquisición dos coñecementos propios da materia.
- Asistencia e participación en clase: 50% da nota. O alumnado deberá acreditar polo menos o 80% de asistencia ás sesións expositivas e interactivas; ademais de participar de maneira activa nas actividades propostas na clase.
- Realización de un portafolios individual: 50% da nota. Cada alumno e alumna deberá realizar un portafolios, que será de carácter individual, no que constarán as actividades levadas a cabo na aula, e incluirá, ademais, unha reflexión acerca da aprendizaxe extraída da mesma.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA "RAI". É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo "rai".
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS. É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL. Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE. Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS. No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Katia Cino Rouco
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- katia.cino.rouco [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h