Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionar os coñecementos teóricos necesarios para a análise lingüística dos textos latinos.
- Aplicar o contido teórico adquirido no exame dalgunhas cuestións de natureza lingüística en varios textos latinos pertencentes a diferentes xéneros literarios, épocas, rexistros, etc., nas súas vertentes sintáctica, léxico-semántica e pragmática.
- Familiarizar aos alumnos cos instrumentos e ferramentas convenientes para o estudo dos textos e o manexo de diferentes corpus.
I. TEORÍA
1- Introdución: Conceptos relevantes na análise lingüística.
2- Principais ferramentas para a análise lingüística: textos, léxicos, bases de datos, etc.
3- Análises de cuestións lingüísticas particulares en textos de diversa natureza.
II. PRÁCTICA:
- Exercicios de análise lingüística de textos latinos nos que se apliquen os distintos aspectos teóricos estudados e se utilicen as ferramentas pertinentes en cada caso.
Baldi, Ph. & Cuzzolin, P. (eds.), New Perspectives on Historical Latin Syntax. Syntax of the Sentence, 4 vols., Berlin, 2009-2011.
Cheng, W., Exploring corpus linguistics: language in action, London, 2012.
Contini-Morava, E. et al. (eds.), Cognitive and communicative approaches to linguistic analysis, Amsterdam, 2004.
Garrido Medina, J., Elementos de análisis lingüístico, Madrid, 1991.
Gross, G., Manual de análisis lingüístico: aproximación sintáctico-semántica al léxico, Barcelona, 2013.
Heine, B. & Narrog, H. (eds.), The Oxford handbook of linguistic analysis, Oxford, 2010.
Langacker, R. W., Fundamentals of linguistic analysis, New York, 1972.
Leiwo, M. et al. (eds.), Variation and change in Greek and Latin, Helsinki, 2012.
Litosseliti, L., Research methods in linguistics, London, 2018.
Ortiz Ciscomani, R. M. (coord.), Análisis lingüístico: enfoques sincrónico, diacrónico e interdisciplinario, Hermosillo, 2010.
Pinkster, H., Sintaxis y semántica del latín, Madrid 1995.
Pinkster, H., The Oxford Latin Syntax. I: The Simple Clause, Oxford, 2015.
Pinkster, H., The Oxford Latin Syntax. II: The Complex Sentence and Discourse, Oxford, 2021.
Podesva, R. J. & Sharma, D. (eds.), Research methods in linguistics, Cambridge/New York, 2013.
- Capacidade de identificar e analizar diferentes aspectos lingüísticos da lingua latina.
- Habilidade para distinguir as ferramentas pertinentes na análise de cuestións lingüísticas concretas.
- Destreza na utilización dos recursos tradicionais e informáticos dispoñibles máis aptos para o exame das diversas cuestións lingüísticas.
A profesora explicará os contidos teóricos recolleitos máis arriba. A medida que se vaian expondo estes e, sobre todo, váianse mostrando as principais ferramentas para a análise lingüística, o alumno fará exercicios individuais para afianzar os contidos teóricos manexados e para exercitarse no uso das ferramentas de análises máis pertinentes.
O material de apoio para as explicacións teóricas e para os exercicios prácticos serán, no seu caso, aloxados na aula virtual da materia.
Tanto na primeira oportunidade como na segunda, os criterios que se terán en conta para a avaliación serán os seguintes:
- Asistencia e participación activa nas clases: até un 30% da cualificación.
- Realización e exposición dun traballo final individualizado: até un 70% da cualificación.
Para os alumnos que non superen a materia ou non se presenten á primeira oportunidade, a nota conseguida por asistencia e participación activa ao finalizar a impartición da materia, consérvase e aplica na segunda oportunidade.
Os alumnos que estean exentos da asistencia a clase por algún motivo dos contemplados onde corresponde, ou xa haxan cursado a asignatura e/ou teñan coincidencia no horario con outra materia, obterán o 100% da nota no traballo final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de estudo e traballo persoal depende en boa medida da capacidade de cada alumno. Recoméndase polo menos unha media de 3 horas de estudo e traballo semanais, aínda que este tempo deberá incrementarse para a realización do traballo final individualizado.
Véxanse os apartados de “Metodoloxía” do ensino e “Tempo de estudo e traballo persoal”.
É conveniente que o estudante teña cursada a materia de “Lingüística latina 1”.
A materia impartirase en castelan.
Nas sesións iniciais do curso daranse instrucións máis pormenorizadas sobre o modo de abordar a exposición e o estudo da materia.
Concepcion Virtudes Cabrillana Leal
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811806
- Correo electrónico
- concepcion.cabrillana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D03 |
20.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
20.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
25.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
25.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |