Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Distinguir a Antropoloxía filosófica como Filosofía do ser humano e do seu mundo humano das outras Antropoloxías de carácter biolóxico, cultural o social.
- Conseguir unha noción do animal humano ben fundamentada, actualizada e crítica en base tanto ás achegas de filósofos como de científicos de hoxe procedentes de diversas áreas.
- Localizar aqueles prexuízos que arrastra consigo a tradicional noción do ser humano que sempre influíron na nosa negativa conceptualización do ser humano e valoración do medio ambiente, dos demais animais e dos vexetais, e no noso comportamento con eles.
- Conseguir a localización daqueles prexuízos da nosa tradicional noción do ser humano que inflúen directamente na valoración das novas biotecnoloxías aplicadas aos humanos.
1) Filosofía do ser humano e do mundo humano: procura daquelas estruturas básicas universalmente presentes en todo ser humano e en todo mundo humano con independencia de calquera variación persoal e/cultural.
2) Precisións sobre o concepto, ámbito e carácter "filosófico" da Antropoloxía Filosófica.
3) Antropoloxía Filosófica explícita: categorías para pensar o ser humano, con apoio en diferentes pensadores.
4) Antropoloxía Filosófica implícita: xénese das diferentes imaxes do ser humano e consecuencias teórico-prácticas.
Que se concretan nos seguintes temas:
Tema 1. A pregunta polo ser humano na Antigüidade e Idade Media.
Tema 2. O ser humano na Idade Media e no Renacemento.
Tema 3. O nacemento do suxeito moderno.
Tema 4. A concepción do ser humano en Marx.
Tema 5. A invención do inconsciente en Freud.
Tema 6. A visión crítica da Escola de Frankfurt.
Tema 7. O suxeito para a psicanálise contemporánea: Lacan.
6.1. Bibliografía básica
Selección de textos para cada tema subida no campus virtual.
6.2. Bibliografía complementaria.
Balibar, E. (2011/2013). Ciudadano sujeto.Vol.1:El sujeto ciudadano. Editorial Prometeo
Balibar, E. (2011/2014). Ciudadano sujeto.Vol.2: Ensayos de Antropología filosófica. Editorial Prometeo.
Beorlegui, C. (1988). Lecturas de antropología filosófica. Desclée de Brouwer.
Dussel, E. (2019). Lecciones de Antropología filosófica. Las Cuarenta.
García Bacca, J. D. (1955/1980). Antropología filosófica contemporánea. Diez conferencias. Anthropos.
García Bacca, J.D. (1983). Antropología y ciencias contemporáneas. Anthropos.
González, A. (1988). Antropología filosófica. Del subjectum al sujeto. Montesinos Editor.
González, A. (1991). El "Orden" de lo humano. PPU.
González, A. (1993). La Pregunta por el hombre. PPU.
Morey, M. (1986). El hombre como argumento. Anthropos.
San Martín, J. (2005). Antropología filosófica. Filosofía del ser humano. Uned.
BÁSICAS E XERAIS.
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións propostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nun eido de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse nun nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade medioambientais.
ESPECÍFICAS
De entre as competencias específicas do título esta materia contribúe especialmente a acadar as seguintes competencias:
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as achegas e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos sinálanse nas fichas das materias, posto que se estudan distintos autores e métodos da Filosofía.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos, posto que se pretende que se se poidan comparar, expor e tratar nun traballo de investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do eido filosófico, posto que se trata de pensar problemas actuais.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar, posto que na exposición, como no traballo como no exame son competencias fundamentais para estar materia.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, propor e resolver problemas, posto que os autores non se estudarán por si mesmos, senón polo seu valor para pensar as preguntas centrais da Antropoloxía filosófica.
CE8 – Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético, posto que os autores escollidos teñen maiormente un enfoque crítico e de denuncia das inxustizas sociais actuais.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS (51h.)
Tipo H. Actividades
Expositivas 24 As sesións expositivas serán desenvoltas polo docente e nelas presentarase o tema a estudar nesa semana.
Interactivas 24 Traballo con textos en réxime de seminario. Valorarase a participación, resposta a preguntas formuladas polo docente e demostración de que se traballou o texto programado.
Titorías 3 Nas sesións de titoría en aula resolveranse dúbidas.
TRABALLO NON PRESENCIAL (99h.)
Horas Actividades
40h. Lectura semanal do texto programado para a sesión interactiva.
9h. Preparación de textos (Elaboración dun esquema).
50h. Preparación de exame final.
ALUMNADO ORDINARIO. PRIMEIRA OPORTUNIDADE.
Porcentaxe Competencias avaliadas
Proba presencial 1. 15% CE1, CE4, CE7
Proba presencial 2. 15% CE2, CE6, CE8
Participación 20% CE2, CE6, CE8
Exame final 50% CE2, CE4, CE6
ALUMNADO ORDINARIO. SEGUNDA OPORTUNIDADE.
Porcentaxe Competencias avaliadas
Exame 100% CE1, CE2, CE4, CE6, CE7
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE E ALUMNADO REPETIDOR.
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADES.
Porcentaxe Competencias avaliadas
Exame 100% CE1, CE2, CE4, CE6, CE7
Para ter dereito á avaliación continua é necesario asistir ao 80% das sesións.
Antes da data do exame será publicado un listado na aula virtual coas persoas que por razón de faltas de asistencia perden o dereito á avaliación continua.
Para facer media é necesario en todo caso aprobar o exame cunha nota de 5.
Proba presencial: formularase unha pregunta ou un comentario de texto dos textos traballados nas interactivas. O modelo de proba e rúbrica de corrección estará presente na aula virtual.
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, traballos, etc.
(1) Lectura semanal dos textos a traballar nas sesións interactivas
(2) Preparación das exposicións
(3) Consulta de dúbidas nas titorías
(4) Completar os apuntes das clases expositivas coa lectura da bibliografía recomendada
(5) Participar activamente nas sesións expositivas e interactivas
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: suspenso na convocatoria, incluíndo todas as oportunidades.
A materia impártese na súa totalidade en lingua galega.
Francisco Conde Soto
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812515
- Correo electrónico
- francisco.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Javier Alcala Rodriguez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- franciscojavier.alcala [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 4 |
13.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
13.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
13.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
13.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
13.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
13.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
13.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
13.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
12.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
12.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
12.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
12.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
12.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
12.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
12.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
12.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |