Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais coincidentes cos do grao
1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (doutrinas, teorías, métodos e aplicacións).
2) Aplicar estes coñecimentos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
3) Capacidade de transmisión destes coñecimentos, ideas, cuestións e solucions, tanto a un público xenral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
4) Capacidade para continuar a sua formación, en Filosofía ou noutros campos de saber, cun elevado grao de autonomía.
5) Habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
6) Difusión e aplicación dos principios de respeto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, os valores democráticos a cultura de paz.
Obxectivosa xerais da materia
1) Profundar na comprensión da etapa sociocultural denominada ilustración (s. XVIII) e na sua incidencia sobre a situación actual da denominada cultura occidental.
2) Coñecer as diversas tendencias da ilustración en países diferentes como Inglaterra, Francia, Alemania e España.
3) Comprender a especificidade da ilustración alemana, a súa orixe, as etapas do seu desenvolvemento e as diversas correntes de pensamento que se deron.
4) Coñecer os autores, textos e problemas filosóficos característicos do debate de ideas no contexto da ilustración alemana, con especial atención a Thomasius, Wolff, Baumgarten, Lessing e Kant.
5) Dotarse de criterios para valorar a importancia do pensamento da ilustración alemana en relación con etapas ulteriores como o denominado idealismo alemán.
6) Dotarse de criterios para valorar a actualidade das ideas da ilustración alemana, especialmente no ámbito de filosofía práctica: loita contra os prexuizos, tolerancia, estado de dereito, liberdade de expresión e liberdades políticas en xeral, cosmopolitismo.
7) Dotarse se criterios para valoras as concepciós contemporáneas críticas con la ilustración.
TEMARIO
Tema 1: Introdución: chaves do pensamento e a cultura da ilustración en Europa.
Tema 2: A irradiación desde diferentes focos: Enlightenment, Lumières, Aufklärung, diferencias fundamentais.
Tema 3: Camiño cara á Aufklärung. Alemania: o atraso cultural e político dunha nación dividida, espiritualidade protestante, despotismo ilustrado.
Tema 4: A Aufklärung en Halle: Thomasius, Wolff, Baumgarten. As tensións entre pietismo e Aufklärung.
Tema 5: Lessing como expoñente do humanismo durante a ilustración.
Tema 6: Kant: a filosofía como resposta á cuestión ¿qué é o ser humano?
OS TITULOS MARCADOS CON ASTERISCO CONSIDERANSE BIBL. BASICA, OS OUTROS SON BIBL. COMPLEMENTARIA
Adorno, Th/Horkheimer, M., La dialéctica de la ilustración, Trotta, Madrid, 1997.
*Alvarez, D.: «La tolerancia religiosa según G. E. Lessing en su obra Natán el Sabio», en Est Ag 40 (2005) 533-566.
Beck, Lewis White: Early German Philosophy. Kant and His Predecessors, Thoemmes Press, Bristol 1966.
Bianco, Bruno: L´illuminismo tedesco, ed. Loescher, Turín, 1983.
Biese, Bruno von: La cultura de la ilustración, ed. Instituto de Estudios Políticos, Madrid 1979.
*Cassirer, Ernst: Filosofía de la Ilustración, ed. F.C.E., México 1943.
Cavana, Mª Luisa P.: Chr. Wolff (1679-1754). Ediciones del Orto; Madrid, 1995.
*Ciafardone, Raffaele (ed.): L’Illuminismo tedesco, Loescher, Turín 1983.
- Die Philosophie der deutschen Aufklärung, Texte und Darstellung Deutsche Bearbeitung von Norbert Hinske und Rainer Specht, reclam, Stuttgart: 1990.
Cobban, Alfred (ed.): El siglo XVIII: Europa en la época de la Ilustración, ed. Alianza, Madrid 1989.
Díaz Plaja, Fernando: La vida cotidiana en la España de la Ilustración, ed. Edaf, Madrid 1997.
Florez Miguel, Cirilo: La filosofía en la Europa de la Ilustración, ed. Síntesis, Madrid 1998.
*Foucault, M.: «¿Qué es ilustración?», trad. de A. Campillo, en Daymon, 7 (1993), pp. 5-18.
Ginzo Fernández, Asensio: La Ilustración francesa: entre Voltaire y Rousseau, ed. Cincel, Madrid 1985.
Giusti, M. “Concepciones de la tolerancia. A partir de la «fábula de los anillos» de Lessing”, en Tolerancia Sobre el fanatismo, la libertad y la comunicación entre culturas, M. Giusti (coord.); PUCP, 2015, pp. 39-49.
*Hazard, P.: El pensamiento europeo en el siglo XVIII, ed. Alianza Universidad, Madrid 1991.
Hunter, I.: «Libertad religiosa y coacción racional: Thomasius y Locke sobre la tolerancia», en M. J. Villaverde y Laursen, J. C. (eds.), Forjadores de la tolerancia, Tecnos, Madrid, pp. 139.140.
*Kant, I.: ¿Qué es ilustración?, Alianza, Madrid, 2007.
— Crítica del juicio, Tecnos, Madrid, 2007.
La Rocca, Claudio: «Kant y la ilustración», en Isegoría, 35 (2006), pp. 107-127.
Moscón, P.: «La crítica de los prejuicios en la Ilustracion alemana y su recepcion en la obra de Kant», en Ideas y valores, 66 (2017). pp. 147-170.
*Kant, I.: ¿Qué es ilustración?, Alianza, Madrid, 2007.
— Crítica del juicio, Tecnos, Madrid, 2007.
La Rocca, Claudio: «Kant y la ilustración», en Isegoría, 35 (2006), pp. 107-127.
Laursen, J. Ch. «Christian Thomasius, el Estado de derecho y la separación entre Iglesia y Estado», en Hispania Sacra, 70 (2018), 105-113.
Leite García, M.: «A contribuiçao de Christian Thomasius ao processo de formaçao do ideal dos direitos fundamentais», en Novos estudos jurídicos, 10 -2, pp. 417- 450.
Moscón, P.: «La crítica de los prejuicios en la Ilustracion alemana y su recepcion en la obra de Kant», en Ideas y valores, 66 (2017). pp. 147-170.
*Thomasius, Ch.: De los prejuicios y otros escritos, ed. Fac. de Filosofía de la Univ. Complutense, Madrid: 1994.
—Fundamentos de derecho natural y de gentes, Tecnos, Madrid, 1994.
Vázquez Lobeiras, M. X.: Estudio Introductorio a Kant. Lógica, acompañada de una selección de Reflexiones del legado de Kant, ed. Akal, Madrid 2000.
— Comunicabilidad y gusto, apuntes de Kant sobre estética, en: Wer ist Weise? Der gute Lehr von jedem annimmt, Festschrift für Michael Albrecht zum 65. Geburtstag, Delfosse, H. e Yousefi, H. R. (eds.), ed. Bautz, Nordhausen
Competencias de tipo xeral
CG1 - Que os/as graduados/as posuan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluindo as suas doutrinas, teorías, métodos e aplicacions, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
Competencias especificas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
Competencias tranversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade e medioambientais.
As competencias avaliadas nesta materia son as seguintes:
CG1 (avaliarase mediante o exame da materia).
CG2 (avaliarase mediante o traballo da materia).
CG4 (idem),
CB1 (avaliarase mediante o exame da materia),
CB2 (avaliarase mediante o traballo da materia),
CB4 (avaliarase mediante o traballo e o exame da materia),
CB5 (avaliarase mediante o exame da materia),
CE1 (idem), CE6 (avaliarase mediante o traballo e o exame da materia),
CE7 (avaliarase mediante o traballo da materia),
CT01 (avaliarase mediante o traballo e o exame da materia),
CT02 (avaliarase mediante o traballo da materia),
CT03 (idem).
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Ao inicio do curso farase unha presentación da bibliografía tanto no tocante ás fontes como á literatura secundaria, sinalando as lecturas imprescindibles. O curso impartirse en forma de lección acompañada de discusión ou coloquio alternando con sesións de seminario adicadas a comentar conxuntamente as fontes. Unha selección mais precisa de lecturas imprescindibles realizarase previa discusión cos alumnos/as sobre os seus intereses e sobre posibles lecturas que xa teñan realizado. Únicamente se indica a priori a lectura obrigatoria do drama poético de Lessing, Nathan o sabio e os textos de Kant Qué é ilustración?, xunto co § 40 da Crítica do Xuizo. A obra de Lessing, que trata o problema da tolerancia interrelixiosa e intercultural e as obras de Kant, que tratan respectivamente das condicións históricas e políticas para a realización da ilustración e da noción dunha racionalidade ilustrada caracterizada pola ecuanimidade e pola comunicabilidade, serán obxecto de estudio pormenorizado e de debate na aula, dado o interés e a rediviva actualidade da sua mensaxe. Contémplase a posibilidade de que os alumnos/as fagan exposicións na aula dos textos de lectura obrigatoria ou dalgún outro do seu interés que estea relacionado co programa.
OPORTUNIDADE DE XUÑO
AVALIACION CONTINUA
Realizarase atendendo aos tres aspectos seguintes:
ASISTENCIA: non computa para a nota, pero é un requisito previo para a avaliación continua. Controlarase en cada sesión. A acumulación dun máximo de 3 faltas sin xustificar dará lugar á perda da opción de avaliación continua.
TRABALLO DA MATERIA: (valor: 40 % da nota). É obrigatorio entregar un traballo sobre o texto de Lessing Natán el sabio. A extensión e as características formais dos traballos aparecerán detallados na Aula Virtual.
EXAME: (valor 60 % da nota) Exame teórico sobre os contidos da materia expostos nas aulas expositivas e elaborados mediante o traballo en común nas aulas interactivas sobre materiais (fontes e bibliografía) que se porán a dispor do alumnado na aula virtual.
AVALIACION NON CONTINUA
Para alumnos/as que non asistan regularmente ás aulas ou que perdan o dereito á avaliación continua.
100% exame.
ALUMNOS/AS REPETIDORES E CON DISPENSA DE DOCENCIA
100% exame.
OPORTUNIDADE DE XULLO
100 % exame
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo impresdincible de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura e ordeación das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras recomendadas e de elaboración de ficheiros e arquivos propios.
Actitude proactiva de cara ao seguimento da materia, á participación nos coloquios e debates na aula e á consulta de dúbidas, tanto na aula como nas titorías. Uso intensivo da aula virtual. Realización correcta das presentacións na aula, co criterio de que esas sesións sexan útiles para os seus compañeiros/as e interlocutores. Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso. Atención á expresión tanto oral (na aula e nas presentacións) como escrita (nos informes escritos e no exame). Cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades na profesora. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Nussbaum (109) |
13.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
13.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
09.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
09.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |