Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Reflexionar sobre a pertinencia e posibilidade dun pensamento propiamente ecolóxico (i.e. unha eco-lóxica) a partir da así denominada “crise ecolóxica”.
Reconsiderar, complementariamente, os fundamentos antropo-lóxicos do noso paradigma de pensamento e o conseguinte modo de relación con todo outro, entre eles e nomeadamente a natureza.
Afondar na relevancia filosófica da ecoloxía, máis aló do mero pragmatismo superficial do medioambientalismo.
Coñecer algunhas das máis relevantes achegas da tradición do pensamento ecolóxico.
A crise ecolóxica do mundo contemporáneo, que alerta sobre apocalípticas consecuencias dunha acción humana de sobreexplotación dos recursos naturais, devólvenos A crise ecolóxica do mundo contemporáneo, que alerta sobre apocalípticas consecuencias dunha acción humana de sobreexplotación dos recursos naturais, devólvenos forzosamente á reflexión sobre a relación entre suxeito humano e natureza, xa existente desde os mesmos inicios da nosa tradición filosófica. Dentro do estreito marco que proporciona esta pequena materia, proponse reflexionar sobre esta relación atendendo moi particularmente a cuestión do límite que une, tanto como separa, natureza e ser humano. Con outras palabras, trátase de enfrontar a filosofía a unha eco-lóxica para ver como o suxeito humano pode recoñecerse no mundo unha vez se cuestiona tanto a si mesmo como a propia natureza, que lle é constitutiva. Trátase, en fin, de explorar a posibilidade dunha verdadeira ecosofía. Complementariamente, procúrase considerar a identidade do home do antropocentrismo, valéndonos dunha razón ecolóxica para cuestionar axencias de dominación, xa non sobre o medio, senón mesmo sobre outros seres humanos (colonialismo, tecnificación, patriarcado, etc.).
Para levar a cabo esta reflexión, o punto de partida será unha necesaria ollada sobre o momento de instauración do antropocentrismo no pensamento moderno, que fixa un paradigma de dominio da natureza a partir do recoñecemento desta como algo accesoriamente humano, xunto coa contraposta concepción romántica da natureza que encontramos contra a culminación da mesma Modernidade e que, invertindo os termos nunha dilución do suxeito humano na totalidade da natureza, anticipa o pensamento ecolóxico que se desenvolverá xa no século xx. Tomando este último en consideración, así como outras correntes de pensamento alleas á nosa propia tradición occidental, hase procurar entrar nunha reflexión sobre os límites constitutivos anteriormente mencionados, así como sobre a posibilidade de substitución dunha razón tecnolóxica por outra ecolóxica. Finalmente, hase completar o itinerario mediante a confrontación do ecoloxismo coas críticas procedentes desde unha perspectiva humanista, de maneira que, máis aló de opoñer teorías e paradigmas, estes poidan ser utilizados para reflexionar sobre a posibilidade / necesidade de demarcar límites que determinen o noso modo de estar no mundo. Estes contidos organízanse nas seguintes unidades temáticas:
0. A modo de introdución: ecoloxía, ecoloxismo, ecolóxica
1. A natureza do dominio da natureza
2. Alén do antropocentrismo: precedentes dunha ecolóxica
3. As múltiples figuras do pensamento ecolóxico
4. Ecoloxía e humanismo?
BBÁSICA:
Guattari, Félix, Las tres ecologías, Valencia: Pre-textos, 1990.
Heidegger, Martin, Construir Habitar Pensar, Madrid: La Oficina, 2015.
Schelling, Friedrich Wilhelm Joseph von, Escritos sobre filosofía de la naturaleza, Madrid: Alianza, 1996.
Thoreau, Henry David, Walden, Madrid: Errata Naturae, 2017.
COMPLEMENTARIA:
Crosby, Alfred W., Imperialismo ecológico. La expansión biológica de Europa, 900-1900, Barcelona: Crítica, 1999.
Deléage, Jean-Paul, Historia de la ecología. Una ciencia del hombre y de la naturaleza, Barcelona; Icaria, 1993.
Dobson, Andrew, Pensamiento político verde, Barcelona: Paidós, 1997.
Ferry, Luc, El nuevo orden ecológico, Barcelona: Tusquets, 1994.
Gorz, André, Crítica de la razón productivista, Madrid: Catarata, 2008.
La mettrie, Julian Offray de, El hombre máquina, el hombre planta y otros escritos, Buenos Aires: El cuenco de plata, 2014.
Maturana, Humberto; Varela, Francisco, De máquinas y seres vivos. Autopoiesis: la organización de lo vivo, Santiago de Chile: Editorial Universitaria, 1994.
Merchant, Carolyn, The Death of Nature: Women, Ecology and the Scientific Revolution, San Francisco: Harper, 1990.
Morin, Edgar; Kern, Anne-Brigitte, Tierra-patria, Barcelona: Kairós, 1993.
Nancy, Jean-Luc, Un virus demasiado humano, Adrogué: La cebra, 2020.
Rodríguez Rial, Nel, O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica, Padrón: Novo século, 1991.
Shiva, Vandana, Staying Alive: Women, Ecology and Development, New Jersey: Zed Books, 1989.
COMPETENCIAS XERAIS E BÁSICAS
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións planteadas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibeis de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios de respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB2 - Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que as/os estudiantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, plantear e resolver problemas.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade medioambientais.
Traballo presencial nas aulas:
Distínguense dous tipos de sesións de traballo presencial:
Sesións expositivas, de menor presenza porén non importancia, nas que se levará a cabo unha presentación dalgúns dos principais contidos que estruturan a materia, e que suporán a base material coa que estruturar e desenvolver as sesións interactivas.
Sesións interactivas, nas que, a partir da lectura previa de textos* anticipadamente facilitados polo profesor, o grupo, en dinámica de seminario, afondará nos principais problemas presentados previamente nas sesións expositivas a través da lectura e análise dos propios autores protagonistas dos mesmos. (*N.B.: enténdase aquí «texto» nun sentido amplo, incluíndo por exemplo o cinematográfico, ou o propio medio habitado; a este respecto, e desde unha vontade de coherencia e continuidade cos contidos da materia, programaranse sesións a desenvolver noutros entornos –naturais– que poidan contribuír a suscitar o traballo de reflexión sobre a nosa integración no medio, ao tempo que considerar a lectura doutros textos*, como os da natureza.)
Actividades titoriais:
Poderán desenvolverse en dous momentos sesións de titorías de grupo:
- No medio do semestre, aproximadamente, coa finalidade principal de supervisar e complementar o traballo autónomo do alumnado, nomeadamente no que respecta á elaboración de comentarios / ensaios parte da avaliación continua.
- Unha vez rematado o período lectivo, para a resolución de dúbidas.
Traballo autónomo do alumnado:
- Lectura dos textos encomendados para cada sesión interactiva.
- Traballo de documentación complementaria sobre algunhas das referencias bibliográficas (fontes, manuais, estudos, introducións, dicionarios) dadas polo profesor, tanto xenericamente no propio programa da materia, a través da súa bibliografía, como de maneira máis específica nas propias aulas. Estas lecturas adicionais deben servir de apoio e complemento ao traballado polo grupo de maneira presencial.
Dado o carácter optativo da materia e en coherencia coa metodoloxía empregada, a avaliación será exclusivamente continua.
Esta resultará de conxuntar os seguintes elementos, nas proporcións que se indican:
- Actitude de traballo e participación activa nas sesións: 25%
- Resolución e entrega de exercicios: 25%
- Elaboración dun traballo: 50%
A elaboración do traballo incluirá a posta en común dalgunha parte do mesmo, mediante a que a investigación que se leve a cabo poida contar con algún tipo de achega por parte do conxunto do grupo de clase, e á inversa.
Para poder ser recoñecida a avaliación continua, é requisito unha asistencia mínima fixada nun 80% do total das sesións do semestre, así como a entrega dos exercicios e o traballo final. De non satisfacerse este requisito, terá que facerse un exame final no que se dará conta da totalidade de contidos da materia, a preparar co conxunto de referencias que se recollen na bibliografía. Este exame pasará a adquirir un peso porcentual do 100%. O alumnado que teña exención de asistencia, segundo a normativa vixente da USC, terá que contactar ao inicio do semestre co profesor, de maneira que se lle facilite unha programación de traballo alternativa que substitúa o feito presencialmente polo grupo. Esta programación alternativa contará cos seus propios elementos diferenciados de avaliación, que serán detallados ao alumnado afectado no momento da presentación da programación. Terase en conta a participación en eventuais actividades formativas complementarias organizadas na facultade (conferencias, mesas redondas, etc.), cando teñan relación coa materia
· Horas presenciais semanais: 3h Aproximadamente, 36h no conxunto do semestre.
· Titorías de grupo: 2,25h.
Total horas presenciais: 38,25h
· Horas recomendadas para a lectura de textos (interactivas): 2h semanais.
· Horas de estudo, preparación de traballos, etc.: 4,5h semanais.
Total horas non presenciais: 74,25h
Total dedicación: 112,50h
- Participar activamente nas sesións.
- Traballar cos textos encomendados seguindo as pautas indicadas.
- Utilizar o recurso das titorías para consulta de dúbidas, explicacións adicionais, etc.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
− Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
− Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
− Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
− Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
− Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos. Será de rigorosa aplicación la Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Francisco Javier Alcala Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- franciscojavier.alcala [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
05.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
05.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |