Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS XERAIS COINCIDENTES COS DO GRAO
1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (doutrinas, teorías, métodos e aplicacións).
2) Aplicar estes coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
3) Capacidade de transmisión destes coñecementos, ideas, cuestións e solucións, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
4) Capacidade para continuar a súa formación, en Filosofía ou noutros campos de saber, cun elevado grao de autonomía.
5) Habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
6) Difusión e aplicación dos principios de respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, os valores democráticos a cultura de paz.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
1) Coñecer os autores, textos e conceptos característicos da investigación do problema do coñecemento tanto na época antiga, como na moderna e contemporánea.
2) Comprender a significación que o problema do coñecemento ten en cada época.
3) Desenvolver a capacidade de análise, comprensión e explicación de textos fonte da filosofía.
4) Desenvolver a capacidade de debate encol de temas filosófico.
TEMARIO:
Consta dun total de 8 temas, nos que se fai referencia tanto a problemas fundamentais da teoría do coñecemento, que reaparecen unha e outra vez nas diferentes épocas do pensamento, como a autores especialmente representativos. Como se pode deducir do índice, non se trata de reconstruír integramente o pensamento do autor ou autores mencionados, senón de reconstruír o problema ou problemas que se mencionan en cada epígrafe.
Tema 1) Aparición da expresión “Teoría do coñecemento” (Erkenntnistheorie) e o problema do coñecemento en perspectiva histórica.
Tema 2) A relación entre a percepción e o pensamento en Platón, con especial atención ao Teeteto.
Tema 3) Coñecemento e vida en Aristóteles, con especial atención a Acerca da Alma.
Tema 4) Escepticismo antigo, moderno e contemporáneo.
Tema 5) A noción de experiencia no empirismo moderno (Locke, Berkeley, Hume).
Tema 6) Kant: o problema do coñecemento puro, as condicións de posibilidade da experiencia e o problema do coñecemento empírico.
Tema 7) A renovación da epistemoloxía no contexto do empirismo lóxico (Russell, Wittgenstein I e o Círculo de Viena).
Tema 8) A superación da epistemoloxía no pensamento contemporáneo (Heidegger, Dewey e Wittgenstein II).
Bibliografía básica:
ARCE CARRASCO, J. L.: Teoría del conocimiento, Madrid, Síntesis, 1999.
BERKELEY: Tratado sobre los principios del entendimiento humano, Gredos, Madrid, 1982.
BLASCO, J. L. & GRIMALTOS, T.: Teoría del conocimiento, Universidad de Valencia, 2004.
CASSIRER, E.: El problema del conocimiento (4 vols.), México, FCE, 1986.
CHISHOLM, R.: Teoría del conocimiento, Madrid, Tecnos, 1982.
DANCY, J.: Introducción a la epistemología contemporánea, Madrid, Tecnos, 1995.
DESCARTES, R.: Meditaciones Metafísicas con objeciones y respuestas, Alfaguara, Madrid, 1977.
KANT, I: Crítica de la Razón Pura, Alfaguara, México-Madrid, 1996.
LOCKE, J.: Ensayo sobre el entendimiento humano, F. C. E., México, 1992.
RUSSELL B.: Los problemas de la filosofía, Labor, Barcelona, 1994.
Bibliografía Complementaria:
ARISTOTELES: Acerca del alma, Gredos, Madrid, 2003.
DEWEY, J.: Lógica: teoría de la investigación, F. C. E., México, 1950.
DIAZ MARTIN, E.: El escepticismo en la antigüedad, en: Enciclopedia Iberoamericana de Filosofía, Vol. 14. Trotta, Madrid, 1997, pp. 319-338.
GADAMER, H. G.: Verdad y método, (cap. 10), Sígueme, Salamanca,1992.
GETTIER, E.: ¿Una creencia verdadera justificada es conocimiento? (edición bilingüe) en Disputatio. Philosophical Research Bulletin3 (2013), pp. 185-193.
HEGEL, F.: Fenomenología del Espíritu, (Introducción), FCE, México, 2010.
HEIDEGGER, M.: De la esencia de la verdad. Sobre la parábola de la caverna y el Teeteto de Platón, Herder, Barcelona, 2007.
— La época de la imagen del mundo, en Caminos del bosque, Alianza, Madrid, 2005, pp. 63-90.
HUME, D.: Tratado de la naturaleza humana, Tecnos, Madrid, 1988.
MARRADES MILLET, J. & SANCHEZ DURA, N. (coords.): Mirar con cuidado. Filosofía y escepticismo. Pretextos, Valencia, 1994.
MUÑOZ, J. & VELARDE, J. (eds.): Compendio de epistemología, Trotta, Madrid, 2000.
POPKIN, R.: Historia del escepticismo desde Erasmo hasta Spinoza, México: F.C.E., 1983.
QUESADA, D.: Saber, opinión y ciencia. Ariel, Barcelona, 2000.
QUINE, W. V. O.: Dos dogmas del empirismo, en Desde un punto de vista lógico. Paidós, Barcelona, 2002, pp. 61-92.
QUISPE, H.: Descartes y el escepticismo, en Areté, 8-2 (1996), pp. 293-307.
PLATON, Teeteto, Biblioteca Nueva, Madrid, 2003.
PRITCHARD, D.: What is this Thing Called Knowledge?, Routledge, Londres – New York, 2009.
RORTY, R.: La filosofía y el espejo de la naturaleza, Cátedra, Madrid, 2001.
— Superando la tradición: Heidegger y Dewey, en Consecuencias del pragmatismo, Tecnos, Madrid, 1996, pp. 99-125.
RABADE, S.: Teoría del conocimiento, Akal, Madrid, 1995.
SANFÉLIX, V.: Mente y conocimiento, Madrid, Biblioteca Nueva, 2003.
SELLARS, W.: Ciencia, percepción y realidad, Tecnos, Madrid, 1971.
SOSA, E.: Conocimiento y virtud intelectual, México, FCE, 1992.
— Con pleno conocimiento, Prensas de la Univ. De Zaragoza, Zaragoza, 2014
VILLORO, Luís: Creer, saber, conocer, s. XXI, México, 1992.
WITTGENSTEIN, L.: Tractatus logico-philosophicus, Alianza, Madrid, 2012.
— Investigaciones filosóficas, Instituto de investigaciones filosóficas, México, 1988.
— Sobre la certeza, Gedisa, Barcelona, 1995.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
COMPETENCIAS TRANVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade e medioambientais.
As competencias avaliadas nesta materia son as seguintes: CG1 (avaliarase mediante o exame da materia), CG2 (avaliarase mediante o traballo da materia), CG4 (ídem), CB1 (avaliarase mediante o exame da materia), CB2 (avaliarase mediante o traballo da materia), CB4 (avaliarase mediante o traballo e o exame da materia), CB5 (avaliarase mediante o exame da materia), CE1 (ídem), CE6 (avaliarase mediante o traballo e o exame da materia), CE7 (avaliarase mediante o traballo da materia), CT01 (avaliarase mediante o traballo e o exame da materia), CT02 (avaliarase mediante o traballo da materia), CT03 (ídem).
As SESIONS EXPOSITIVAS adicaránse a desenvolver os contidos por parte do/da profesor/a, que colgará na aula virtual materiais idóneos para o estudo de cada tema, complementarios da exposición na aula e fará as indicacións pertinentes para a
localización dos conceptos fundamentais nos textos fonte.
As SESIONS INTERACTIVAS adicaránse ao traballo de comentario de texto, na modalidade de seminario.
As TITORIAS (ou ben no despacho ou ben online) servirán para resolver dúbidas de xeito personalizado, así como para orientar na planificación dos traballos obrigatorios da materia.
TRABALLO AUTONOMO DO ALUMNADO
- Seguimento autónomo dos temas mediante a lectura dos textos fonte e da bibliografía recomendada.
- Formulación de preguntas de comprensión de todo tipo.
- Participación nos debates.
- Rexistro de notas e apuntamentos de elaboración propia.
- Ampliación mediante a consulta da bibliografía recomendada.
- Capacidade de xestión do tempo.
OPORTUNIDADE DE XUÑO
Na oportunidade de xuño existen dúas modalidades de avaliación: continua e non-continua, tal como se detalla a continuación.
AVALIACION CONTINUA:
ASISTENCIA: Non computa para a nota pero é un requisito para a avaliación continua. Realizarase en cada sesión control da mesma. A acumulación dun máximo de 3 faltas sen xustificar dará lugar á perda da opción de avaliación continua.
A avaliación continua realizarase atendendo a tres aspectos:
EXAME (VALOR: 30 % da nota).
TRABALLO DA MATERIA (VALOR: 30 % da nota). O traballo terá unha extensión máxima de 10 páxs. (Tipo de letra Times New Roman, entreliñado 1,5).
EXAME ESCRITO (VALOR: 30 % da nota): Sobre os contados impartidos nas aulas expositivas. Duración 1 h. Terá lugar na data oficial fixada pola secretaría do centro.
PARTICIPACION (VALOR: 10 % da nota): o/a profesor/a rexistrará a participación axeitada e construtiva nas aulas interactivas. Valorarase asemade neste apartado a participación.
AVALIACION NON CONTINUA Os apartados de cualificación serán idénticos aos da avaliación continua, exceptuando o correspondente á participación, e contando con variacións na asignación de porcentaxe da nota.
EXAME (VALOR: 30 % da nota).
TRABALLO DA MATERIA (VALOR: 35 % da nota)
EXAME ESCRITO (VALOR: 35 % da nota): Terá lugar na data oficial fixada pola secretaría do centro.
ALUMNOS/AS REPETIDORES E CON DISPENSA DE DOCENCIA: Ídem avaliación non-continua. OPORTUNIDADE DE XULLO: A avaliación de xullo terá dous apartados, ca seguinte porcentaxe de cualificación: TRABALLO DA MATERIA (VALOR 50 % da nota) EXAME DA MATERIA (VALOR 50 % da nota) As pautas para o traballo da materia e para o exame serán as mesmas que en xullo. O alumnado que se tivera presentado na oportunidade de xuño poderá gardar para xullo aquela nota parcial (ou ben do traballo ou do exame) que superara o límite do aprobado. A DATA DE ENTREGA do traballo será a contemplada para a realización do exame segundo o calendario oficial fixado polo centro.
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo imprescindible de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de
estudo o tempo de relectura e ordenación das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura da bibliografía e de elaboración de ficheiros e arquivos propios.
Actitude proactiva de cara ao seguimento da materia, á participación nos foros da aula virtual e na aula (ben sexa presencial, ben sexa online) e á consulta de dúbidas, tanto na aula (ben sexa presencial, ben sexa online) como nas titorías. Uso intensivo da aula virtual. Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso.
Atención á expresión tanto oral como escrita. Boa disposición para o traballo en grupo, cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades no profesor/a. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
− Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
− Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
− Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
− Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
− Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos Será de rigorosa aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Ana Maria De La Concepcion Rabe
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- anamaria.rabe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
14.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
14.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
14.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
17.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
17.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
17.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |