Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta asignatura , tendo en conta o seu contido e situación no programa do Grao en Historia, ten como obxectivo fundamental desenvolver no alumno unha serie de competencias que o habiliten para unha mellor comprensión e asimilación daquelas materias que deberá cursar ó longo do seu periodo formativo como historiador, adquirindo coñecementos e habelencias para o uso de diversos métodos e técnicas indispensabeis para a sua futura actividade como profesional no eido das Ciencias Sociais e Humanas.
De este xeito, entre os obxectivos xerais poden mentarse:
-Aprender a "pensar históricamente".
-Adquirir coñecementos básicos dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador.
-Contribuir ó recoñecemento crítico da diversidade histórica e cultural.
-Aprender a analizar os procesos sociais e económicos que se teñen experimentado ó longo do tempo.
-Ordear, organizar, definir e sintetizar a información de fontes documentais e bibliográficas.
Introducción. Os conceptos nas ciencias sociais e na historia.
1º.- As magnitudes do tempo e a división da historia: épocas e idades.
2º - As magnitudes do cotián: nocións xerais sobre o espazo, o tempo e as medidas.
3º.- Obxectivos, fontes e métodos da Historia Social e Económica.
4º.- Mecanismos reguladores da poboación: fontes, métodos, réximen demográfico e mobilidade.
5º.- Producción económica e circulación de bens: mercado, moeda e finanzas.
6º.- O papel das institucións e o Estado na vida económica. Doctrinas e políticas.
7º.- Niveis básicos e modelos de organización social: familia, parentesco, ordes, estamentos e clases.
8º.- O Estado, os poderes e a súa organización. Tipoloxías básicas das ideoloxías políticas.
Dado o seu carácter interdisciplinar e multietapa non hai manual nen obra de referencia básica para preparar a materia; de xeito que tódolos contidos necesarios para un desenvolvemento óptimo da asignatura serán proporcionados polo profesor nas clases.
Para un óptimo manexo das fontes de información e da bibliografía, son especialmente recomendables os cursos que poida ofertar a biblioteca.
J. BERAMENDI GONZÁLEZ: La Historia Política: algunos conceptos básicos. Santiago, 1999.
P. BLOM: Años de vértigo. Cultura y cambio en occidente 1900-1914. Barcelona, 2010.
P. BURKE: Formas de hacer Historia. Madrid, 1993.
C. CARDOSO y H. PÉREZ BRIGNOLI: Los métodos de la Historias. Barcelona, 1979.
C. M. CIPOLLA: Entre la Historia y la Economía. Barcelona, 1991.
C.M. CIPOLLA: Historia Económica de la Europa Preindustrial. Madrid, 1976.
R. CROMPTON: Clase y estratificación. Una introducción a los debates actuales. Madrid, 1994.
P. CHAUNU: Historia, ciencia social. Barcelona, 1992.
O. FIGES: Los europeos. Barcelona, 2020.
E. J. HOBSBAWM: Guerra y paz en el siglo XXI. Barcelona, 2008.
A. G. KENWOOD y A. L. LOUGHEED: Historia del desarrollo económico internacional. Madrid,1989.
P. KRIEDTE: Feudalismo tardío y capital mercantil. Barcelona, 1982.
D. KAGAN: Sobre las causas de la guerra y la preservación de la paz. Madrid, 2003.
R. KOSELLECK: Futuro pasado. Para una semántica de los tiempos históricos. Barcelona, 1993.
M. LACOMBA BALDÓ: La Revolución Industrial. Madrid, 2001.
G. E. LENSKI: Poder y privilegio. Teoría de la estratificación social. Barcelona, 1993.
J. C. RUANO-BORBALÁN: L´Histoire aujourd´hui. Nouveaux objets de recherche. Courants et débats. Auxerre, 1999.
E. R. SERVICE: Los orígenes del Estado y la civilización. Madrid, 1990.
F. VALLESPIN (dir.): Historia de la teoría política. Madrid, 1990-1995. (6 vols.).
VAN DOREN, CH: Breve historia del saber. Barcelona, 2011.
Ós alumnos proporcionaráselles no seu momento unha bibliografía específica axeitada para a preparación de cada un dos temas do programa.
Entre as competencias específicas que se pretende desenvolvan os alumnos, cabe citar:
-Coñecer e interpretar a Historia como disciplina en construcción.
-Coñecer e analizar os temas e problemáticas que foron e son no presente obxecto de debate historiográfico.
-Adquirir conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
-Ter coñecemento das principais claves explicativas da organización das sociedades do pasado (perspectiva macro/micro, parentesco, estamentos, clases, cultura, identidade...).
-Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos.
A éstas debense engadir outras competencias de carácter xeral e relacionadas co proceso de formación intelectual que os alumnos deberán ir experimentando durante os seus estudos superiores, como:
-Traballar de forma autónoma con iniciativa e de forma responsable.
-Traballar en equipo de xeito colaborativo e responsabilidade partillada.
-Aprender a comunicar información e ideas de xeito claro e efectivo en público.
-Desenvolver competencias e destrezas características da docencia e aprendizaxe telemáticas.
Desenvolveránse catro tipos de actividades diferentes.
-A relacionada cos contidos teóricos, nas clases expositivas.
-Realización e exposición de traballos de carácter individual e/ou colectivo.
-Participación dos alumnos nas clases interactivas.
-Resolución de dúbidas nas titorías.
O primeiro día de clase informaráse ós alumnos sobre as distintas actividades prácticas que deberán desenvolver.
-Un 65% obtense a través dunha proba final na data que sinala o calendario oficial elaborado pola secretaría da facultade, na que o alumno deberá respostar a cuestións relacionadas con temas do programa desenvolvido polo docente.
-Para aprobala asignatura o alumno obterá en dita proba unha calificación mínima de 5 sobre 10. Se na dita parte expositiva, mais tamén na interactiva, non chega ao 5 suspenderá.
-O 35% da calificación final obtense da avaliación continua a través das actividades e os traballos programados para as clases interactivas. Pontoarase cun cero calqueira traballo ou actividade que non fose entrgada.
-So se considerarán non presentados aqueles alumnos que non tivesen realizada a proba final nen nengunha das tarefas interactivas.
*O alumno ao que se lle houbese concedido dispensa terá que realizala proba final (que pontoará en base a un 65%) e o 35% da calificación final obteráse da realización dun traballo escrito; cuxa temática concreta e características deberá consultar o alumno ao profesor.
*Segunda etapa de avaliación:
-Os alumnos que obtiveran en interactivas unha puntuación media igual o superior a 5 gardaráselles a nota para a segunda etapa de avaliación, tendo tan só que realizala proba final.
-Se un alumno suspende a asignatura pero aproba a proba final (pontuación de 5 ou mais) gardaraselle a nota da dita proba, tamén para a etapa de avaliación de xullo.
-En relación coas tarefas interactivas o alumno terá que realizar para a etapa de xullo un traballo escrito. O profesor precisará a sua temática concreta e características ao acabala etapa de avaliación previa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ademáis das horas que terá de invertir na asistencia ás clases expositivas e prácticas, interactivas e ás titorías, estímase que o alumno deberá ocupar un total de 100 horas dos créditos da asignatura en actividades de estudo, redacción de traballos e preparación de actividades en grupos reducidos.
Lectura atenta dos contidos proporcionados polo profesor; asistencia ás clases e titorías. Distribución ordenada e uniforme do tempo que deberá dedicar ó estudo, e elaboración de traballos para evitar a precipitación de última hora. A participación nos posibles debates e intercambio de ideas, tanto nas clases como nas titorías, é fundamental para obter unha calificación positiva. Iso obriga a un traballo de preparación previo que non pode ser máis que o resultado dun labor permanente e sistemático ó longo de todo o semestre.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Vitor Manuel Migues Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812616
- Correo electrónico
- vitormanuel.migues [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mario Sixto Puente
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- mario.sixto.puente [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
21.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
21.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
26.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |