Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea, Historia de América
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Ofertar unha formación básica integral que considere a relevancia da diversidade de xénero no estudo do pasado, en todas as súas dimensións (política, social, económica, ambiental, tecnolóxica e cultural).
- Coñecer os principais debates historiográficos relativos á historia de xénero e o seu interese analítico.
- Contribuír ao recoñecemento crítico da diversidade de xénero, entre outras.
- Entender criticamente e dende unha perspectiva de xénero os factores e axentes que configuraron as sociedades actuais.
- Contribuír a formar en valores de igualdade de xénero, diversidade e non discriminación, a través do coñecemento das loitas por alcanzalos en diferentes momentos históricos.
- Formar ao alumnado para que sexa capaz de construír un novo relato histórico con atención á diversidade de xénero e sexual que supere a historia andro e euro céntrica tradicional.
UNIDADE 1. ALGÚNS CONCEPTOS PARA HISTORIAR DESDE O XÉNERO
Introdución aos conceptos teóricos e analíticos necesarios para comprender a historia con perspectiva de xénero, prestando atención ao recorrido historiográfico.
– Que é o xénero? É unha categoría útil para a análise histórica?
– Dunha historia sen mulleres a unha historia de xénero. Introdución e debates historiográficos.
UNIDADE 2. ENFOQUES PARA (RE)PENSAR A HISTORIA DESDE O XÉNERO
Presentación de cuestións que contribúen a repensar os suxeitos e os obxectos de estudo da historia mais alá do binarismo, destacando algunhas liñas de investigación novidosas.
– Masculinidades e feminidades en perspectiva histórica. Que é “ser home” e “ser muller” ao longo da historia?
– Natureza e poder: a naturalización das diferenzas e a teoría das dúas esferas (espazo público vs espazo privado). A domesticidade.
– Produción e reprodución: a invisibilización do traballo feminino e a feminización dos coidados.
– Un enfoque interseccional para comprender os privilexios y las opresións: como conxugar xénero con outras categorías analíticas (clase, raza, etnia, relixión, sexo, orientación sexual e identidade).
– Mais alá do binarismo de xénero: como historiar as resistencias contranormativas, a diversidade de xénero e as disidencias sexuais.
UNIDADE 3. ESTUDOS E DEBATES DE XÉNERO NAS SOCIEDADES NON OCCIDENTAIS
Análise do rol do xénero nas sociedades non occidentais. Partirase de exemplos de sociedades pre coloniais para comprender cómo lles afectaron as lógicas euro e androcéntricas da construcción do colonialismo, tanto nas sociedades orixinarias como nas escravistas.
- Xénero e sociedades pre coloniais
- Xénero e colonización
- Xénero e esclavitude
- Xénero e sociedades orixinarias durante as situación coloniais
UNIDADE 4. ESTUDOS E DEBATES DE XÉNERO NAS SOCIEDADES CONTEMPORÁNEAS
Análise dalgúns dos debates de xénero na conformación das sociedades contemporáneas, tanto nas occidentais como naquelas que recibiron a súa influencia, con atención aos contrastes culturais e as lóxicas postcoloniais da construcción de discursos de carácter global.
- Debates e dereitos políticos. Educación e cidadanía
- O xénero nas disidencias e proxectos revolucionarios
- Revolución sexual e debates post 1968
- Mobilidades migratorias desde a perspectiva de xénero
Andreo García, Juan; Guardia, Sara Beatriz. Historia de las mujeres en América Latina. Murcia: Universidad de Murcia, 2002.
Aresti, Nerea. «La historia de las masculinidades, la otra cara de la historia de género». Ayer, n.º 117 (2020): 333-347.
–––. Masculinidades en tela de juicio. Hombres y género en el primer tercio del siglo XX. Granada: Comares, 2010.
Ariès, Philippe y Georges Duby (dirs): Historia de la vida privada. 5 vols., Madrid: Taurus, 1991.
Barrancos, Dora. Historia Mínima de los Feminismos en América Latina. Ciudad de México: El Colegio de México, Audiovisuales, 2020.
Blasco Herranz, Inmaculada, y Nerea Aresti Esteban. «Pensar el Género desde la Historia: propuestas y debates». Historia y Memoria, n.o 28 (2024): 11-20.
Blasco Herranz, Inmaculada. «A vueltas con el género: críticas y debates actuales en la historiografía feminista». Historia Contemporánea, n.o 62 (2020): 297-322.
Duby, Georges, y Michelle Perrot (eds.). Historia de las mujeres en Occidente. 5 vols. Madrid: Taurus, 1993.
Gallego Franco, Henar (ed.). Feminidades y masculinidades en la historiografía de género. Granada: Comares, 2018.
García Fernández, Mónica (2022). Dos en una sola carne. Matrimonio, amor y sexualidad en la España franquista. Granada: Comares.
García Marín, Jorge. Novas masculinidades: o feminismo a (de)construir o homen. Santiago de Compostela: Através editora, 2018.
Gómez-Ferrer Morant, Guadalupe (ed.). «Las relaciónes de género: introducción». Ayer, n.o 17 (1995): 13-28.
Killermann, Sam. A Guide to Gender: The Social Justice Advocate’s Handbook. Austin: Impetus Books, 2017.
Marçal, Katrine. ¿Quién le hacía la cena a Adam Smith? Una historia de las mujeres y la economía. Barcelona, 2016.
Martykánová, Darina, y Marie Walin. Ser hombre. Las masculinidades en la España del siglo XIX. Sevilla: Universidad de Sevilla, 2023.
MORANT, Isabel (dir.): Historia de las mujeres en España y América Latina. 4 vols. Madrid: Cátedra, 2006.
Mosse, George L. La imagen del hombre. La creación de la masculinidad moderna. Madrid: Talasa, 2001.
Muñoz Fernández, Ángela, y Jordi Luengo Lopez (eds.) (2020). Creencias y disidencias. Experiencias políticas, sociales, culturales y religiosas en la Historia de las Mujeres. Granada: Comares
Nash, Mary, María Dolores Ramos Palomo, Inmaculada Blasco Herranz, y Richard Cleminson. «Historia de las mujeres y de género: pasado y futuro». Ayer, n.o 104 (2016): 249-76.
Nash, Mary y Mercedes Arbaiza (eds.). Feminidades y masculinidades. Arquetipos y prácticas de género. Madrid: Alianza, 2014.
Nash, Mary. Mujeres en el mundo. Historias, retos y movimientos. Madrid: Alianza, 2004.
–––. «Dos décadas de historia de las mujeres en España». Historia Social, n.o 9 (1991): 137-161.
Otero-González, Uxía. «Historia, mujeres y género: de una historia sin género a una historia de género». Historiografías, n.o 17 (2019): 27-50.
Ortega López, Teresa M.ª, y Mónica Moreno Seco. Historia de las mujeres y del feminismo desde 1945. Madrid: Síntesis, 2023.
Ortega López, Teresa María, Ana Aguado Higón, y Elena Hernández Sandoica. Mujeres, dones, mulleres, emakumeak. Estudios sobre historia de las mujeres y del género. Madrid: Cátedra, 2019.
Potthast, Barbara. Madres, obreras, amantes : protagonismo femenino en la historia de América Latina. Madrid: Iberoamericana, 2010.
Prigorian, Nelly; Díaz Orozco, Carmen (coord.). Representaciones, emergencias y resistencias de la crítica cultural : mujeres intelectuales en América Latina y el Caribe. B
- Aplicar os coñecementos adquiridos á lectura crítica da Historia e á construción dun novo relato con outra perspectiva de xénero.
- Coñecer e comprender os problemas obxecto do debate historiográfico de xénero, así como os cambios que este experimenta co tempo e en función dos diversos contextos sociais, políticos económicos e culturais.
- Demostrar as habilidades necesarias para expresarse con claridade e coherencia, de modo escrito e verbal, utilizando correctamente os conceptos e terminoloxía aplicada aos estudos xénero.
DOCENCIA TEÓRICA
Impartida polo profesorado en cada Unidade do temario. Nas sesións expositivas abordaranse as cuestións fundamentais que o alumnado debe coñecer para cada tema. A través das súas explicacións, as preguntas ou os debates que se establezan, o profesorado buscará ofrecer un marco interpretativo (non descritivo) e de coñecemento axeitado que será complementado coas lecturas recomendadas.
O profesorado fará uso regular dos recursos que achegan as TIC's á aprendizaxe: presentacións en power point principalmente, así como materiais audiovisuais, recursos diversos de Internet, etc. A Aula Virtual da materia será empregada activamente para compartir material ou as tarefas que se indiquen ao longo do curso.
DOCENCIA PRÁCTICA
Ten como obxectivo principal tanto a adquisición das competencias establecidas coma a ilustración dos contidos que se expliquen nas sesións expositivas. Para a súa preparación, o alumnado contará previamente con material de lectura ou análise: artigos, documentos, material dixital, audiovisual, etc., accesible na maior parte de vos casos a través da Aula Virtual.
TRABALLOS PRÁCTICOS
O traballo práctico do curso realizarase por equipos de ata 4 persoas dentro de cada grupo de interactivas, que serán organizados polo profesorado nas primeiras semanas de actividade docente. A tarefa consistirá na lectura, análise e exposición na aula da temática escollida por cada grupo dentro dun abano limitado que ofrecerá o profesorado en relación cos contados da materia. Cada grupo disporá dunha clase interactiva para a exposición do seu traballo, que será comentado por todo o alumnado mais o profesorado presente. A data das exposicións de cada grupo indicarase nas primeiras semanas de curso, e en xeral (con axustes segundo número de grupos) iniciarase a partires de cuarta ou quinta clase interactiva.
Non será preciso entregar ningún material escrito. A avaliación realizarase en función da exposición de cada estudante e a participación nos debates que se xeneren en todas as aulas interactivas.
Nota: a presencia e participación no 80% das aulas interactivas é un requisito imprescindible para a cualificación correspondente.
TITORÍAS
Ademais das horas de Titoría que corresponden á materia e a realizar na aula, o profesorado estará a disposición do alumnado un tempo mínimo á semana para que, individualmente ou en grupo, se poidan consultar dubidas ou se ofreza asesoramento de cara ó traballo persoal que realice cada grupo.
A cualificación final da materia terá 4 compoñentes:
1. Asistencia. Imprescindible asistencia a un mínimo do 80% das aulas expositivas e ao 80% das aulas interactivas. Controlarase mediante sinaturas, e valorarase Apto / No Apto de cara á avaliación final. Unha falta de asistencia superior ao 20% supón a imposibilidade de avaliación na primeira oportunidade. Ao seren obrigatoria, a asistencia non computa na nota, pero si poderá ser tomada en conta de forma global.
2. Participación. Ha de ser de carácter activa e continuada, moi especialmente nas aulas interactivas. Para unha cualificación positiva será imprescindible o traballo persoal cos materiais entregados previamente de cara ás sesións interactivas (Aula Virtual), e a participación nos debates das exposicións dos traballos de curso. Suporá un 30% da cualificación.
3. Parte práctica: Valorarase neste apartado a tarefa realizada no Traballo de curso (exposición e debate). Suporá un 30% da cualificación final.
4. Proba escrita: acerca dos contidos da materia. Terá lugar na data oficial establecida pola Facultade. Suporá un 40% da cualificación.
*No se realizarán medias si nalgún apartado non se obtén polo menos unha puntuación do 25% do especificado.
**O alumnado que no cumpra cos requisitos establecidos examinarase de toda a materia na segunda oportunidade, exame que comprenderá todos os contidos do temario (teóricos e prácticos).
EXENCIÓN ASISTENCIA
No caso de estudantes a quen lle sexa concedida a exención de asistencia ás aulas plos motivos establecidos e regulados, ofertaráselles a posibilidade de realizar un exame final no que se valore o conxunto da materia, parte expositiva e interactiva. Igualmente, terán a obrigatoriedade de realizar un traballo individual que se axustará ao formato que foi descrito previamente, coas especificidades que correspondan á situación persoal, e que deberán ser consensuadas previamente co profesorado.
Segundo a Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudantado á materia é:
a) Presenciais (exposicións teóricas, aulas interactivas, titorías e avaliación): 50 horas
b) Traballo persoal (estudio, redacción de traballos, preparación de actividades): 100 horas
- Ter curiosidade e interese na aprendizaxe como bagaxe persoal, intelectual e humano a adquirir, máis aló do mero feito da superación da materia e a cualificación a obter.
- Participación activa e consciente na aula, tanto nas exposicións teóricas como nas clases prácticas, como clave fundamental do proceso de aprendizaxe e de superación da materia.
- Aplicar desde o inicio das clases pautas regulares de traballo que permitan o seu seguimento continuado e un aproveitamento efectivo.
- Utilización da bibliografía de apoio en función das necesidades.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
María Pilar Cagiao Vila
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia de América
- Teléfono
- 881812503
- Correo electrónico
- mpilar.cagiao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Daniel Lanero Taboas
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812593
- Correo electrónico
- daniel.lanero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Rey Tristan
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia de América
- Teléfono
- 881812637
- Correo electrónico
- eduardo.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Daniela Ferrandez Perez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- daniela.ferrandez.perez [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC
Stefania Barca
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- stefania.barca [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 11 |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 08 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 08 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 11 |
14.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
14.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
20.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |