Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Capacitar ao alumnado para relacionar cada obra cos sistemas políticos, ideolóxicos, económicos e sociais que a fan posible, recoñecendo a arte como expresión e axente dos valores dun período.
-Desenvolver a habilidade de combinar lectura iconográfica, análise formal e enfoque socio-histórico para interpretar criticamente as imaxes do século XV ao XX
-Analizar o impacto das innovacións técnicas, materiais e dos medios de difusión no proceso de creación das obras de arte e imaxes en xeral.
-Examinar os usos propagandísticos, políticos e identitarios da cultura visual.
-Manexar ferramentas críticas e dixitais para o estudo, a documentación e a difusión do patrimonio.
1. Imaxes do Humanismo: arte e sociedade no século XV entre Italia e Flandres
2. A harmonía do ideal: o Renacemento pleno e a era dos xenios
3. Imaxes en conflito: arte do Renacemento tardío na era das Reformas
4. Éxtase e poder: a arte barroca ao servizo dos absolutismos
5. Da frivolidade á virtude: Rococó, Ilustración e Neoclasicismo
6. Identidades en conflito: Romanticismo, Orientalismo e a construción do “eu” e do “outro”
7. Realismo e conciencia social: arte e sociedade industrial no século XIX
8. Impresións e expresións da vida moderna: Impresionismo e Posimpresionismo
9. A vangarda explosiva: rupturas artísticas de comezos do século XX
10. Arte, guerra e propaganda: vangardas e réximes entre 1914 e 1945
11. Do museo ao supermercado: Pop Art e a cultura de masas nos anos 60
12. A banda deseñada: narrativa gráfica e cultura visual na modernidade
13. “O persoal é político”: arte feminista e reivindicación de xénero
14. Do museo ao ciberespazo: patrimonio cultural e humanidades dixitais
Boer, Wietse de. (2022). Art in dispute: Catholic debates at the time of Trent. Brill.
Boime, A. (1994). Historia social del arte moderno: el arte en la época de la Revolución. 1750-1800. Alianza
Boime, A. (1996). Historia social del arte moderno: el arte en la época del bonapartismo. 1800-1815. Alianza.
Bonora, Elena (2019). La Controriforma. GLF editori Laterza.
Calvo Gómez, J.L., Peirats Navarro, A. I. (Coords.) (2023). Humanidades Digitales y Patrimonio Cultural. Proyectos y tendencias. Tirant lo Blanch.
Chapman, Kathleen G. (2019). Expressionism and Poster Design in Germany 1905–1922 Between Spirit and Commerce. Brill
Clark, Toby (2000). Arte y propaganda en el siglo XX : la imagen política en la era de la cultura de masas. Akal
Crow, Thomas (1989). Pintura y sociedad en el París del siglo XVIII. Nerea.
Crow, Thomas (2002). El Arte moderno en la cultura de lo cotidiano. Akal
Daix, P. (2002). Historia cultural del mundo moderno. De David a Cézanne. Cátedra
Eisenman, S. et al. (2001). Historia crítica del arte del siglo XIX. Akal
Foster, H. et al. (2006). Arte desde 1900. Modernidad, antimodernidad, posmodernidad. Akal.
Fulco, Daniel (2016). Exuberant apotheoses - Italian frescoes in the Holy Roman empire: visual culture and princely power in the age of enlightenment. Brill
García, Santiago (2010). La novela gráfica. Astiberri
Gombrich, E. H. (1982). El legado de Apeles: Estudios sobre el arte del Renacimiento. Alianza
Griese, Malte et al (eds.) (2021). Revolts and Political Violence in Early Modern Imagery. Brill
Isaak, Jo Anna (1996). Feminism and contemporary art: the revolutionary power of women’s laughter. Routlege
Larry, Silver (2023). Art and dis-illusion in the long sixteenth century. Brill
Marchán Fiz, Simón (2000). Las Vanguardias en las artes y la arquitectura. Espasa Calpe.
Marías, Fernando (1989). EL largo siglo XVI: los usos artísticos del Renacimiento español. Taurus
Murray, Linda (1995). El alto Renacimiento y el Manierismo: Italia, el Norte y España, 1500-1600.Destino
Netton, Ian Richard (2013). Orientalism revisited: art, land and voyage, Routledge.
Nochlin, Linda (1991). El Realismo. Alianza
Nochlin, Linda (2022). Mujeres artistas. Alianza Forma
Nortmann, Ulrich. (2019). City Views in the Habsburg and Medici Courts : Depictions of Rhetoric and Rule in the Sixteenth Century. Brill
Parry, R. (ed.) (2010). Museums in a digital age. Routledge.
Pevsner, N. (2022). Pioneros del diseño moderno. Infinito
Ramírez, J. A. (Dir.) (1996-1997), Historia del Arte. La edad moderna. Alianza Editorial
Ramírez, J. A. (Dir.) (1996-1997), Historia del Arte. El mundo contemporáneo. Alianza Editorial
Rewald, John (1994). Historia del Impresionismo. Seix Barral.
Rodríguez Moreno, J. J. (2019). Fabricantes de viñetas. Marvel comics y la industria de la historieta estadounidense del siglo XX. UCA
Schiff, R. (2002). Cezanne y el fin del impresionismo. Estudio de la teoría, la técnica y la valoración críticas del arte moderno. Antonio Machado.
Smithers, Tamara. (2016). Michelangelo in the New Millennium. Conversations about Artistic Practice, Patronage and Christianity. Brill
Sougez, Marie-Loup (1996). Historia de la fotografía. Cátedra
Toman, R. (ed.) (1997). El Barroco. Könemann
Toman, R. (ed.) (1999). El Arte del Renacimiento en Italia. Könemann
Toman, R. (ed.) (2000), Neoclasicismo y Romanticismo. Könemann
Ventura, Gal (2018). Maternal Breast-Feeding and Its Substitutes in Nineteenth-Century French Art. Brill
-Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, especialmente nun contexto de investigación.
-Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
-Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
-Comunicar conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
-Posuír habilidades de aprendizaxe que permitan ao alumnado continuar estudando dun modo que terá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
-Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
-Adquirir un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade para poder comprender o presente.
-Identificar os recursos, tanto teóricos como metodolóxicos, que ofrecen outras ciencias humanas e sociais para o estudo e a comprensión da Historia.
-Establecer relacións con outras áreas do coñecemento científico que proporcionen información sobre a historia da humanidade.
-Identificar fontes de información histórica, recompilar e analizar datos, e elaborar sínteses ao seu respecto.
-Manexar ferramentas tecnolóxicas aplicadas ao coñecemento, comprensión e divulgación dos contextos históricos.
-Seleccionar, interpretar e difundir informacións e interpretacións sobre o pasado histórico, adaptándoas a diferentes públicos e ás necesidades sociais.
-Traballar en equipo cunha actitude colaborativa e interdisciplinar no entorno de estudo e de traballo, mediante o debate e o intercambio de ideas e pareceres.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a docencia da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
-Clases expositivas, nas que a través da lección maxistral e contando co apoio de imaxes, textos e outros recursos dixitais explicaranse os distintos temas que figuran no programa.
-Clases interactivas, nas que o alumnado, en grupos reducidos ou individualmente, analizará textos e obras de arte que permitan poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
-Práctica de campo, en Santiago ou noutra cidade galega, segundo dispoñibilidade.
-Tutorización personalizada.
A avaliación levarase a cabo ao longo do curso mediante as seguintes fórmulas:
*As actividades vinculadas coas sesións interactivas terán unha valoración do 40% da cualificación final;
*A proba escrita (exame) corresponderase co 60% da devandita cualificación final.
É necesario superar o 50% en cada unha das partes para aprobar a materia na 1ª oportunidade. Polo tanto:
*Se se supera a parte interactiva, pero non o exame da 1ª oportunidade, nas actas constará a cualificación das sesións interactivas. Esta nota conservarase para a 2ª oportunidade.
*Se non se supera a parte interactiva, non será posible presentarse ao exame da 1ª oportunidade. O exame da 2ª oportunidade dará cabida a preguntas procedentes das sesión interactivas e expositivas da materia.
Segunda oportunidade:
1.- Quen realice e aprobe as actividades correspondentes á docencia interactiva poderá conservar esta cualificación e só terá que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.
2.- Aqueles/as estudantes que non realizasen as actividades correspondentes á docencia interactiva, ou non as aprobaran, terán que presentarse ao exame nesta segunda oportunidade. Neste exame terá cabida a materia correspondente tanto ás clases expositivas como ás clases interactivas.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024), se avaliará cun examen final que suporá o 100% da cualificación. Non obstante o anterior, de común acordo co interesado/a, o profesor/a poderá arbitrar a realización de traballos sustitutivos das sesión interactivas cuxo aprobado permitiría ao alumno/a presentarse ao exame só coa materia correspondente das sesión expositivas. En calquera caso, os/as estudantes con dispensa deben contactar coa coordinadora da materia a comezos do curso, ou tan pronto lles sexa concedida esta autorización.
No caso de fraude académico, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11.g) de la Ley de convivencia universitaria, se aplicarán as sancións previstas pola dita normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumnado e distribuídas do seguinte modo:
1. Tempo de traballo presencial: 51 horas, das cales
1a. Docencia expositiva: 32 horas
1.b. Docencia interactiva, incluíndo a práctica de campo: 16 horas
1.c. Titorías: 3 horas
2. Tempo de estudo e actividade personal: 99 horas, das cales:
2.a. Estudo autónomo, individual ou en grupo: 60 horas
2.b. Lecturas propostas, actividades de biblioteca e preparación de traballos: 27 horas
2.c. Outras tarefas, como asistencia a conferencias: 12 horas
-Asistencia e participación nas sesións expositivas e interactivas.
-Preparación da materia impartida a través dos apuntamentos, completados a partir da bibliografía recomendada.
-Utilización das horas de titorías.
*Como parte do traballo do estudantado, pódese incluir a participación nalgunha das actividades que se programen no centro ou nas súas proximidades e que estean relacionadas cos contidos da materia.
*O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do estudantado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
*Non se poderán empregar dispositivos electrónicos, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
*Resulta obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: correo rai, Campus Virtual, Microsoft Office 365, así como calquera outra facilitada pola facultade e autorizada como ferramenta institucional pola Universidade.
*Non se responderán correos nos que se solicite información sobre a materia que xa estea dispoñible na páxina web da USC ou no Campus Virtual.
Carme Lopez Calderon
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- carme.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade