Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Prehistoria
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Impartir un coñecemento xeral da evolución económica, social e cultural dos grupos humanos durante a Prehistoria Recente e a Protohistoria, dende unha perspectiva holística.
- Toma de conciencia por parte do alumnado da relación e interacción entre o pasado y o presente na conformación da sociedade.
1. O Neolítico e a orixe das economías de produción. A Neolitización de Próximo Oriente e outras áreas extraeuropeas.
2. A Neolitización da Europa continental e o Mediterráneo.
3. O Neolítico atlántico e o Megalitismo.
4. O Calcolítico: caracterización xeral, metalurxia e aparición das sociedades complexas.
5. As primeiras sociedades metalúrxicas de Europa e a Cultura do Vaso Campaniforme.
6. A Idade do Bronce na Europa continental e o Mediterráneo.
7. A Idade do Bronce na Europa atlántica.
8. O Bronce Final e a transición da Idade do Ferro.
9. A Primeira Idade do Ferro: A Cultura de Hallstatt.
10. A Segunda Idade do Ferro: A Cultura de La Tène e os Celtas.
Bibliografía básica:
EIROA, J.J., 2010: Prehistoria del Mundo. Sello Editorial. Barcelona.
MENENDEZ, M.; JIMENO, A.; FERNANDEZ, V.M., 2011: Diccionario de Prehistoria. Alianza Editorial, 2ª ed. Madrid.
MUÑOZ IBÁÑEZ, F. J. (coord.) 2021: Prehistoria II. Las sociedades metalúrgicas (3ª ed.). UNED. Madrid.
Lectura obrigatoria de curso: Gibaja, J. F., Ibáñez, J. J., Mozota, M. (2021). El Neolítico. Madrid : Consejo Superior de Investigaciones Científicas:Los libros de la Catarata. Disponible en línea: https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/1sh7577/alma9910133820812…
Bibliografía complementaria:
AURENCHE, O. y KOZLOWSKY, S. K., 2003: El origen del Neolítico en el Próximo Oriente. El paraíso perdido. Ed. Ariel. Barcelona.
BELEN, M.; CHAPA, T. 1997: La Edad del Hierro. Ed. Síntesis, Madrid.
BERNABEU, J; AURA, J.; BADAL, B. 1995: Al Oeste del Edén: las primeras sociedades agrícolas en la Europa Mediterránea. Síntesis. Madrid.
BLASCO, Mª C., 1993: El Bronce Final. Ed. Sintesis, Madrid.
COLLIS, J., 1989: La Edad del Hierro en Europa. Ed. Labor, Barcelona.
CUNLIFFE, B. (2008). Europe Between the Oceans: 9000 BC-AD 1000. Oxford University Press. Oxford.
DELIBES, G.; FERNANDEZ MIRANDA, M.: 1993. Los orígenes de la civilización. El Calcolítico en el Viejo Mundo. Síntesis. Madrid.
GARCÍA DÍEZ, M., ZAPATA, L. (eds.) (2013): Métodos y técnicas de análisis y estudio en Arqueología prehistórica. Universidad del País Vasco. Bilbao.
GRAEBER, D., WENGROW, D. (2022): El amanecer de todo. Una nueva historia de la humanidad. Barcelona: Ariel.
KRISTIANSEN, K., 2001: Europa antes de la historia: los fundamentos prehistóricos de la Europa de la Edad del Bronce y la Primera Edad del Hierro. Ed. Península, Barcelona.
LULL, V.; GONZALEZ MARCEN, P.; RISCH, R., 1992: Arqueología de Europa, 2250-1200 A.C. Una introducción a la “edad del bronce”. Síntesis, Madrid.
MAZURIE, K., 2007: El origen del neolítico en Europa. Ariel Prehistoria. Barcelona.
RENFREW, C., BAHN, P. (2004): Arqueología. Teorías, métodos y práctica. AKAL. Madrid.
RODRIGUEZ CASAL, A. A. (ed.) 1997: O Neolítico atlántico e as orixes do Megalitismo. Ed. USC. Santiago de Compostela
RUIZ-GALVEZ, M. 1998: La Europa Atlántica en la Edad del Bronce. Un viaje a las raíces de la Europa occidental. Ed. Crítica. Barcelona.
SCARRE, C. (ed) (2005): The Human Past. World Prehistory and the Development of Human Societies. Thames and Hudson. London.
- Coñecer os aspectos esenciais e as dinámicas da Prehistoria Recente e Protohistoria.
- Capacidade crítica de análise e investigación neste campo.
- Iniciación ao traballo de campo e investigación básica nesta área.
- Capacidade para localizar información arqueolóxica mediante o uso de bibliografía especializada e Internet.
Docencia expositiva.
Semanas 1ª-2ª, 3ª-7ª, 9ª-14ª, 30 horas en total, para cada grupo. Docencia teórica na aula.
Docencia interactiva.
Semanas 3ª-7ª, cinco horas en total, para cada grupo y Semanas 9ª-14ª, seis horas en total, para cada grupo. Prácticas sobre diversos aspectos da Prehistoria Recente, a Protohistoria e a Cultura castrexa, dende a aplicación de metodoloxías arqueolóxicas e a interdisciplinariedade, con manexo de fontes bibliográficas e documentais, internet, cartografía e estudos de cultura material.
Semana 8ª, dedicada a resolver dúbidas do alumnado.
Semana 15ª, dedicada a prácticas de campo con visita a xacementos e centros arqueolóxicos.
Práctica de campo: Visita de campo dun día de duración (saída ás 09.00 - volta ás 19.00) en data a establecer polo profesorado, ao Castro de Borneiro, monumentos megalíticos da Costa da Morte (Dolmen de Dombate, Casa dos Mouros de Regoelle).
Avaliación ordinaria: avaliación continua, cos seguintes porcentaxes por tipo de actividade:
- Exame final nas datas prescritas pola Facultade: 70% (7 puntos). Evaluación sobre os coñecementos adquiridos nas clases expositivas.
- Asistencia e participación nas clases, titorías e prácticas de campo, entrega de prácticas e síntese sobre unha lectura obrigatoria, xunto con varias prácticas individuais sobre as clases de docencia práctica impartidas ao longo do curso: 30% (3 puntos). A entrega realizarase en formato online pdf (Campus Virtual), nas datas indicadas polo profesorado durante as clases.
- Para facer a media entre ambas actividades será necesario obter, polo menos, 2.5 puntos no exame final.
- Proporcionarase unha bonificación de 0.5 puntos na nota final da asignatura a aquel alumnado que obteña a calificación de APTO no curso de Formación en competencias en información, nivel básico (https://rebusca.usc.gal/guia-curso-competencias-basico). Esta calificación só será aplicable na avaliación ordinaria sempre que se obteña, polo menos, 2.5 puntos no exame final.
Avaliación extraordinaria: mantendo as porcentaxes respectivas, repetirase aquela parte non superada, e de ser o caso, entregarase o traballo demandado na convocatoria ordinaria e non realizado.
Dispensa de asistencia: o examen final suporá o 100% da calificación.
Para a consideración da asistencia a materia atinxirase ao "Regulamento de asistencia á aula nas ensinanzas oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela", que entra en vigor no curso 2025/26.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recollido na "Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións". Tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Actividades docentes de carácter expositivo: 32 horas.
Actividades de docencia interactiva en grupos: 16 horas.
Titorías e avaluación: 2 horas.
Subtotal: 50 horas.
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas.
20 horas de elaboración de traballos en grupo
40 horas de elaboración de traballos individuais.
Subtotal: 100 horas.
Total: 150 horas.
Combinar a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas co estudo personal, procurando levar a materia ó día. É recomendable o manexo funcional dalguna das principais linguas extranxeiras.
Nas clases prestarase especial importancia ao Noroeste da Península Ibérica, no marco da Prehistoria europea.
Idioma en que se imparte: galego e castelán.
Na materia adoita realizarse unha saída de campo de un día de duración, para visitar xacementos arqueolóxicos da Prehistoria Recente de Galicia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recollido na "Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións". Tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Miguel Carrero Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Prehistoria
- Teléfono
- 881812565
- Correo electrónico
- miguel.carrero [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL