Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Trazar liñas de desenvolvemento para unha análise da historia do cinema español.
- Analizar diferentes achegas dos cineastas máis relevantes da historia do cinema español.
- Ofrecer unha visión histórica e interdisciplinar do cinema español en relación coas diferentes artes: arquitectura, estudios urbanos, paisaxe, música, pintura ou literatura.
- Investigar sobre as diferentes cinematografías do Estado español, en relación con contextos concretos: vasco, catalán, galego.
· Cinema Silente (1895-1930)
· Cinema da República (1931-1939)
· Cinema da Autarquía (1940-1952)
· Modernidade Incompleta (1953-1972)
· Cinema da Transición (1973-1981)
· Documental e Experimental (1950s - 2000s)
· Novos Modelos (1982-2020s)
· 'Otro Cine Español' (2000s - 2020s)
· Cinema Galego (1930s-2020s)
· Prácticas de campo: visita á Filmoteca de Galicia na Coruña. Data proposta: 9 de maio de 2025.
LECTURA OBRIGATORIA
· Buñuel, L. & Carrère, J. C. 1982. Mi último suspiro. Barcelona: Plaza & Janés.
BÁSICA
· Castro de Paz, J. L. & Pena, J. 2005. Cine español. Otro trayecto histórico: Nuevos puntos de vista. Una aproximación sintética.
Valencia: Filmoteca Valenciana.
· Gubern, R., Monterde, J. E., Pérez Perucha, J., Riambau, E. & Torreiro, C. 2009. Historia del Cine Español. Madrid: Ediciones Cátedra.
COMPLEMENTARIA
· Benet, Vicente J. 2012. El cine español. Una historia cultural. Barcelona: Ediciones Paidós.
· Catalá, J. M., Cerdán, J. & Torreiro, C. (eds.). 2001. Imagen, memoria y fascinación: notas sobre el documental en España. Málaga & Madrid: Festival de Cine Español de Málaga & Ocho y Medio, Libros de Cine.
· Caparrós Lera, J. M. 2007. Historia del cine español. Madrid: T&B Editores.
· Edwards, G. 1995. Indecent exposures: Buñuel, Saura, Erice & Almodóvar. Londres: Marion Boyars.
· Faulkner, S. 2017. Una historia del cine español: cine y sociedad, 1910-2010. Madrid: Iberoamericana-Vervuert.
· Nogueira, X. 1997. O cine en Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra.
· Nogueira, X. (ed.). 2021. Lume na periferia. Vigo: Editorial Galaxia.
· Pérez Perucha, J., Gómez Tarín, F. J. & Rubio Alcover, A. (eds.). 2009. Olas rotas. El cine español de los sesenta y las rupturas de la modernidad. Madrid: Asociación Española de Historiadores del Cine & Ediciones El Imán.
· Torreiro, C. & Alvarado, A. (eds.). 2023. El documental en España: historia, estética e identidad. Málaga & Madrid: Festival de Cine Español de Málaga & Ediciones Cátedra.
· Zunzunegui, S. 2018. Historias de España: de qué hablamos cuando hablamos de cine español. Santander: Shangrila
- Adquirir ideas sobre a evolución da nosa cinematografía desde un enfoque novo e intermedial.
- Saber distinguir tendencias e dinámicas propias do cinema español ao longo do tempo.
- Saber vencellar temas e historias con factores contextuais específicos da cultura e da evolución histórica do Estado español.
Para facilitar e racionalizar o ensino desta materia, utilizaranse as seguintes estratexias:
- Palestras que se explicarán os contidos teóricos.
- Aulas interactivas nas que as actividades serán prácticas -sempre relacionadas cos contidos teóricos da materia-, involucrando aos alumnos na realización de comentarios de filmes e textos seleccionados previamente pola profesora.
- Titorías personalizadas.
Nas aulas expositivas e interactivas exporanse aqueles aspectos que se consideren máis relevantes para a materia, que aparecen na sección de contidos, sendo en todo caso la totalidade deste programa obxecto de avaliación. Na dinámica das clases, incentivarase a participación dos estudantes e tentará fomentarse a súa reflexión crítica acerca dos contidos.
Actividades avaliábeis:
1. Comentario crítico dalgún filme de Luis Buñuel a partir das ideas expostas na súa autobiografía 'Mi último suspiro'. Extensión: 1000 – 2000 palabras. Porcentaxe na avaliación final: 20% (2 puntos)
2. Presentacións orais nas clases interactivas de fragmentos de filmes para identificar e explicar os seus elementos formais e conceptuais. Duración: 15-20 minutos. Porcentaxe na avaliación final: 20% (2 puntos)
3. Análise comparativa de dúas obras audiovisuais para identificar e explicar as súas características formais e conceptuais. Unha desas obras debe ser un dos filmes proxectados nas sesións interactivas. Extensión: 3000 – 4000 palabras (texto) ou 5-8 minutos (videoensaios). Porcentaxe na avaliación final: 20% (2 puntos)
4. Exame final: comentario dun texto audiovisual. Porcentaxe na avaliación final: 40% (4 puntos)
Será obrigatorio facer as análises comparativas, as presentacións nas aulas e os comentarios críticos para poder realizar o exame final
Segunda oportunidade. A cualificación nesta opción obterase a partir da entrega dun traballo individual de análise comparativa e da realización dun exame similar ao da primeira oportunidade.
Dispensa: os estudantes aos que se lles outorgue unha Dispensa de asistencia (seguindo a Instrución No. 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a exención de asistencia a aulas en certas circunstancias), serán avaliados para unha proba final específica que representará o 100% de la cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.
Considérase que é suficiente unha media de 3 horas semanais para o estudo da materia, que deberán empregarse na confección dos traballos e na realización das demais actividades participativas.
Os estudantes deben pór atención nas primeiras semanas ás indicacións relativas ao traballo en grupo e notificar a súa composición e tema. É recomendábel preguntar ao profesor calquera dúbida e concertar reunións de titorías para avaliar o desenvolvemento do traballo. Tamén é recomendábel consultar a bibliografía seleccionada e páxinas web especializadas.
Xose Ivan Villarmea Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ivan.villarmea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
19.05.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
30.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |