Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer os distintos materiais de traballo que se empregan para elaborar obras de arte, así como as súas particularidades físico-químicas, plásticas e expresivas.
2. Familiarizarse coas ferramentas, máquinas e instrumentos empregados para elaborar obras de arte, así como a súa evolución dentro do progreso tecnolóxico e socio-económico na Historia da Arte.
3. Analizar as técnicas e procedementos empregados na produción de obxectos artísticos a través das diferentes linguaxes, en todas as súas fases de preparación, execución e preservación.
4. Coñecer a evolución histórica dos diferentes procedementos técnicos e o seu estudo de acordo cos condicionantes do momento no que se desenvolveron, así como o seu contexto cultural e espacial.
5. Adquirir un vocabulario específico e fundamentos de linguaxe descritiva e de análise propios de unha historiadora da arte.
TEMA 1: Introdución ás técnicas artísticas
1. 1. A importancia dos procedementos técnicos na Historia da Arte
1. 2. A consideración social da arte e o artista
1. 3. A estrutura laboral: os gremios
1. 4. Institucionalización e división: as Academias
1. 5. A tratadística técnica
TEMA 2: O debuxo e a ilustración
2. 1. O debuxo como paso previo á obra e o debuxo como obra
2. 2. Compoñentes: soportes e materiais
2. 3. Técnicas e instrumentos
2. 4. O novo paradigma: do papel ao dixital
TEMA 3: A pintura
3. 1. Os soportes
3. 2. Os compoñentes da materia pictórica: pigmento, aglutinante, disolvente
3. 3. O fresco
3. 4. A encáustica
3. 5. O temple sobre táboa
3. 6. O óleo sobre lenzo
3. 7. O acrílico
3. 8. Instrumentos
TEMA 4: O gravado
4. 1. As artes gráficas e a reproductibilidade
4. 2. Compoñentes: soporte, matriz, tórculo
4. 3. A xilografía e as súas variantes
4. 4. A calcografía e as súas variantes
4. 5. A litografía
4. 6. A serigrafía
TEMA 5: A escultura
5. 1. A arte en tres dimensións
5. 2. Barro, xeso e cera: modelado e baleirado
5. 3. Metal: fundido
5. 4. Pedra: esculpido
5. 5. Madeira: tallado
5. 6. O caso paradigmático español: imaxinería e retabulística
TEMA 6: A pratería
6. 1. Materiais, leis e quilataxe
6. 2. O sistema de marcado
6. 3. Os ensaios do material
6. 4. Ferramentas e técnicas
6. 5. Técnicas ornamentais
TEMA 7: A arquitectura
7. 1. Saber ler un edificio: partes e elementos construtivos
7. 2. Materiais, aparellos e aglomerantes
7. 3. Técnicas ornamentais e de remozado
7. 4. Tipoloxías
7. 5. Panorámica histórica
TEMA 8: Outras artes
8. 1. Collage, iluminación, encadernación, imprenta, tapicería, cerámica, eboraria, mosaico, alicatado, forxa, esmalte, vidro soprado, vidrieira, ebanistería, etc.
TEMA 9: Técnicas contemporáneas
9. 1. Novas linguaxes: dripping, pouring, ebru, aerógrafo, tatuaxe, videoxogos, grafiti, etc.
9. 2. A subversión do material e do soporte: performance corporal, land art, arte povera, art brut, etc.
Bibliografía básica:
ANGOSTO, D., BERNARDEZ, C, FERNANDEZ, B e LLORENTE, A. (2005). Las técnicas artísticas. Madrid: Akal.
ALEGRE CARVAJAL, E.; TUSELL GARCÍA, G. e LOPEZ DÍAZ, J. (2011). Técnicas y medios artísticos. Madrid: Editora Universitaria Ramón Areces.
FATÁS, G. e BORRAS GUALIS, G. (1988). Diccionario de términos de Arte y elementos de Arqueología, Heráldica y Numismática. Madrid: Alianza Editorial.
FERNÁNDEZ ARENAS, J. (1996). Introducción a la conservación del patrimonio y a las técnicas artísticas. Barcelona: Ariel.
FUGA, A. (2004). Técnicas y materiales del arte. Barcelona: Editorial Electa.
MALTESSE, C. (1993). Las técnicas artísticas. Madrid: Cátedra.
MAYER, R. (1985). Materiales y técnicas de arte. Madrid: Akal.
RIVERA BLANCO, J. (1990). Manual de técnicas artísticas. Madrid: Historia 16.
Bibliografía específica:
BAZZI, M. (1965). Enciclopedia de las técnicas pictóricas. Barcelona: Edición Noguer.
BONET CORREA, A (coord) (1982). Historia de las artes aplicadas e industriales en España. Madrid: Cátedra.
DOERNER, M. (1977). Los materiales en pintura y su empleo en el arte. Barcelona: Reverté Ediciones.
ESTEBAN LORENTE, J. F., BORRAS GUALIS, G. e ALVARO ZAMORA, I. (1980). Introducción general al arte. Arquitectura, escultura, pintura, artes decorativas. Madrid: Istmo.
ESTEVE BOTEY, F. (1993). Historia del grabado. Madrid: Labor.
GARCÍA HOZ, V. (1996). Enseñanzas artísticas y técnicas. Madrid: Rialp.
HUERTAS TORREJÓN, M. (2016). Materiales, procedimientos y técnicas pictóricas. Madrid: Akal.
MULLER, W. e VOGEL, G. (1984). Atlas de arquitectura. Madrid: Alianza Atlas.
MUNARI, B. (1968). El arte como oficio. Barcelona: Editorial Gustavo Gili.
PEDROLA, A. (1998). Materiales, procedimientos y técnicas pictóricas. Barcelona: Ariel.
SAURAS, J. (2003). La escultura y el oficio de escultor. Barcelona: Ediciones el Serbal.
WITTKOWER, R. (1991). La escultura: procesos y principios. Madrid: Alianza Forma.
Xerais
1. Adquirir destrezas para o desenvolvemento de unha aprendizaxe instrumental e relevante: capacidade de análise, síntese, organización e planificación, resolución de problemas, acceso e xestión da información, razoamento crítico, aprendizaxe autónoma e expresión oral e escrita.
2. Adquirir capacidades relacionadas coa apreciación da obra de arte: sensibilidade cara temas relativos ao patrimonio histórico e cultural, recoñecendo a creatividade, orixinalidade, transcendencia e valores estéticos.
3. Desenvolver habilidades para aplicar á disciplina da Historia del Arte o manexo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs), internet e os seus recursos dixitais.
Específicas
1. Adquirir un coñecemento sistemático e integrado das técnicas artísticas e da construción, coa capacidade de contextualizar, analizar e diferenciar cada unha delas dentro da súa evolución histórica e as súas particularidades culturais e expresivas.
2. Distinguir e sistematizar as diferentes ferramentas, materiais e procedementos que se empregan en cada una das técnicas artísticas e da construción, sabendo recoñecelas e diferencialas.
3. Coñecer o vocabulario e fundamentos de linguaxe específica propios da profesión de historiadora da arte, aplicándoo na expresión oral e escrita.
A metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe é teórico-práctica, resultado da combinación de:
1. Sesións expositivas: A asistencia ás aulas é obrigatoria. A profesora explicará os contidos teóricos valéndose da lección maxistral, apoiándose en material audiovisual, no que terán gran importancia as cartas de definicións coas que se irá creando unha baralla virtual.
2. Sesións interactivas: A asistencia ás aulas é obrigatoria. A alumna/o levará a cabo, previa preparación na casa, un traballo sobre unha técnica asignada pola profesora, que deberá ser exposto na aula cunha presentación audiovisual. Na Aula Virtual estará dispoñible unha Guía de elaboración de traballos onde se explicará punto por punto o método a seguir.
3. Actividades da aula virtual: A profesora proporá a través da aula virtual unha serie de actividades que as alumnas/os deberán completar nas que se incluirán test e outros tipos de contidos interactivos (dialog cards, mix and match, drag and drop, fill in the blanks, image choice...), sempre pensando en repasar de cara ao exame.
4. Titorías: O alumnado valerase das titorías individuais para resolver as dúbidas xurdidas en torno a todo o relativo á materia, así como aos procesos de elaboración dos traballos e as cartas, nas que a profesora guiará ás estudantes de forma individual acorde aos temas a tratar. Tamén se contempla unha titoría grupal a final de curso para realizar unha serie de exercicios lúdicos de práctica do exame e resolver todas as dúbidas sobre a materia.
5. Práctica de campo: Contémplase una práctica de campo a diversas institucións museísticas e patrimoniais de A Coruña en coordinación co resto de materias do segundo cuadrimestre, e suxeita á financiación por parte da Facultade
• A avaliación será continua. A nota final será o resultado das puntuacións de tres instrumentos de avaliación a razón dos seguintes porcentaxes:
1. Exame: porcentaxe do 60% (6 puntos). Consistirá nun cuestionario de preguntas de resposta múltiple. Resultados a avaliar: Diferenciación das técnicas artísticas e os elementos construtivos conforme aos criterios explicados nas aulas.
2. Interactivas: porcentaxe do 30% a razón de: Traballo presentado na aula (1.5 puntos), Cartas (0.5 puntos) e Asistencia (1 punto). Resultados a avaliar: Planificación do traballo, busca e xestión da información e fontes, deseño atractivo e eficaz da presentación, correcta expresión oral, asistencia a clase.
3. Actividades da aula virtual: porcentaxe do 10% (1 punto). Resultados a avaliar: Participación nas actividades propostas cunha puntuación mínima de 0.5 sobre 1.
• Para superar a materia con avaliación continua será necesario aprobar os tres instrumentos por separado cunha puntuación mínima de 5/10. A avaliación continua perderase pola non asistencia ás clases expositivas ou non participación e intervención nas interactivas, e/ou por non entregar os traballos e actividades da aula virtual no tempo establecido. Neste caso será necesario recuperar as partes suspensas do seguinte modo:
- Exame suspenso: Considerarase suspenso se non se acada unha puntuación mínima de 3 puntos sobre 6 (30 respostas correctas de 60). Para recuperalo, a alumna/o deberá someterse de novo ao exame marcado na convocatoria extraordinaria de xullo.
- Interactivas suspensas: Consideraranse suspensas se a alumna/o ten unha ausencia non xustificada maior que o 30% das interactivas (3 faltas de 10 clases), e/ou se non se entrega e expón o traballo. Para recuperalas, o exame da convocatoria ordinaria (maio/xuño) contará cunha parte específica consistente en outra tanda de preguntas sobre o contido dos traballos expostos polos compañeiros.
• Se na data da proba escrita de primeira convocatoria (maio/xuño), o exame ou as interactivas quedan suspensas, deberase acudir á convocatoria extraordinaria (xuño/xullo) soamente coas partes correspondentes suspensas. As partes aprobadas gardaranse para a nota final.
• Se a alumna/o está exento da asistencia mediante a concesión dunha dispensa, segundo os criterios estipulados na normativa da USC (segundo a Instrución núm. 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cunha proba escrita específica que suporá un 100% da cualificación.
Tempo presencial da alumna/o: 51 horas (Docencia expositiva: 32 horas, Docencia interactiva: 16 horas, Titorías: 3 horas).
Tempo de estudio e actividade persoal: 99 horas (Estudio autónomo: 55 horas, Preparación do traballo, lecturas e actividades: 44 horas).
Total: 150 horas.
Para un bo seguimento da materia é imprescindible ter motivación e capacidade de traballo, asistindo ás sesións presenciais e cumprindo as actividades (traballo, cartas e aula virtual) nos tempos establecidos. Recomendamos que a alumna/o consulte a bibliografía proposta no programa, e que acuda as titorías sempre que o necesite. É conveniente que a alumna/o teña coñecementos básico de informática no tocante ao deseño de presentacións audiovisuais.
- Atención á diversidade: Darase cumprimento ao Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o “Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social”, publicado no BOE (3 de decembro de 2013)
- En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Ana Perez Varela
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ana.perez.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
03.06.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
03.06.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
09.07.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |