Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Achegar ao estudantado ás diversas manifestacións da complexa produción audiovisual contemporánea que caracteriza á nosa hipermodernidade (videocreación, instalación e performance, fotografía, cine, teleficción, imaxe informativa, videoclip, videoxogos...), seleccionando toda unha serie de obras e creadores que poidan exemplificar as distintas vetas desa produción.
- Reparar, asemade, nos procesos de mutación e hibridación que están a ter lugar en e entre esas manifestacións ao longo das últimas décadas e nos seus porqués.
- Ir alén do estritamente artístico: pensar as súas temáticas e analizar a que responden, así como de que maneiras se están a artellar e cales son as súas (novas) formas de difusión.
- En último termo, intentar construír unha materia que poida resultar operativa ao estudante de cara a comprender a poilimórfica natureza da nosa actual cultura audiovisual (que constitúe o groso da produción artística e mediática), analizar os seus máis salientables contidos -priorizando a perspectiva de xénero- e coñecer os seus moi diversos mecanismos de difusión e comercialización.
1. Introdución. As novas políticas da visión e o(s) novo(s) lugar(es) da arte. A transversalidade como modelo de análise. Cartografía do noso itinerario: as imaxes que nos van concernir.
2. Novas formas de facer e de ver na arte contemporánea. Orixes da estratexia performativa. Irrupción e evolución da videoarte: a conversión do audiovisual en soporte artístico e o desenvolvemento do concepto de intermedialidade. O remate da videoarte e o comezo da videocreación; os referentes feminista e cinematográfico. Novos camiños na fotografía.
3. O proceso de ‘musealización’ do cine. O Expanded Cinema.
4. Novas canles de difusión, novas formas de produción e recepción: a Rede como novo lugar da arte.
5. Os novos parámetros do representable e os seus efectos. Espectáculo, ficción e simulacro: a promiscuidade das imaxes na pantalla-máscara. A ausencia do punto de vista: a imaxe abxecta. O 11-S, Abu-Ghraib e Guantánamo como novos ‘xéneros’ artísticos. Entre a provocación e a transgresión: dende as estratexias performativas ata a ensamblaxe e a Nova Carne. Imágenes en tránsito intermedial. O rebordamento dos límites da representación.
6. A intemperie hipermoderna. Fraxilización e desestabilización. Da apocalipse como vivenza íntima ao confinamento global. Articulacións audiovisuais destas temáticas a través da performatividade.
7. A (unha certa) ficción televisiva contemporánea: propostas estéticas, (i)lóxicas narrativas e vetas temáticas.
8. Da pantalla lúdica á hibridación coa realidade: o videoxogo.
Saída de campo: Casa de Cinema Manoel de Oliveira, na Fundaçao Serralves, e Batalha Centro de Cinema (Porto).
Básica.
BAIGORRI BALLARÍN, Laura: El vídeo y las vanguardias históricas, Edicions de la Universitat de Barcelona, 1997. BAUMAN, Zygmunt: Modernidad líquida, Fondo de Cultura Económica, 1999. BAUMAN, Zygmunt: Vida líquida, Barcelona, Paidós, 2006. BOZAL, Valeriano (ed.): Imágenes de la violencia en el arte contemporáneo, A. Machado Libros, 2005. CATALÁ DOMÈNECH, Josep M.: La imagen interfaz. Representación audiovisual y conocimiento en la era de la complejidad, Universidad del País Vasco, 2010. DEBORD, Guy: La sociedad del espectáculo, Pre-Textos, 1999. DIEGO, Estrella de: “Memorias desde el trapecio. Límites, fronteras, afueras”, en Quintana. Revista de Estudos do Departamento de Historia da Arte da USC, nº 6 (2007), pp. 65-83.
DOMÍNGUEZ, Vicente (ed.): Tabú. La sombra de lo prohibido, innombrable y contaminante, Ocho y medio/Festival Internacional de Cine de Gijón/EdiUno. Ediciones de la Universidad de Oviedo, 2005. GUBERN, Román: La imagen pornográfica y otras perversiones ópticas, Akal, 1989 [Ed. revisada e ampliada: Anagrama, 2005]. GUBERN, Román: Patologías de la imagen, Anagrama, 2004. LIPOVETSKY, Gilles / CHARLES, Sébastien: Los tiempos hipermodernos, Anagrama, 2006. LIPOVETSKY, Gilles / SERROY, Jean: La pantalla global. Cultura mediática y cine en la era hipermoderna, Anagrama, 2009. MARTIN, Sylvia: Videoarte, Taschen, 2006. MARZANO, Michela: La muerte como espectáculo. La difusión de la violencia en Internet y sus implicaciones, Tusquets, 2010. NOGUEIRA, Xosé: “O enfrontamento cos límites da representación (imaxes entre a transgresión e a provocación)”, en Quintana, nº 6 (2007). NOGUEIRA, Xosé: “Propuestas estéticas, (i)lógicas narrativas y vetas temáticas en el seno de una cierta ficción televisiva contemporánea”, en Quintana, nº 11 (2012). NOGUEIRA, Xosé: “Desde la hibridación hasta la disolución. Algunos trayectos por el complejo paisaje de la cultura audiovisual contemporánea y por los cuerpos que la habitan. (Y la vida como acto performativo)”, en VILARIÑO PICOS, María Teresa (ed. lit.): Narrativas cruzadas. Hibridación, transmedia y performatividad en las Humanidades digitales. Vigo, Academia del Hispanismo, 2017, pp. 211-280. NOGUEIRA, Xosé: "El tránsito intermedial de las imágenes en el audiovisual contemporáneo y sus nuevas formas de representación/percepción. Lenguajes, cuerpos y performatividades”, Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte, nº 23 (2024).
REDONDO NEIRA, Fernando: “La perversión de los códigos de representación icónica en las fotografías de torturas”, en Rafael López Lita / Javier Marzal Felici / Francisco Javier Gómez Tarín (eds.), El análisis de la imagen fotográfica, Publicacions de la Universitat Jaume I, 2005
Complementaria:
ARIÈS, Philippe: Historia de la muerte en Occidente: desde la Edad Media hasta nuestros días, El Acantilado, 2000. BOURKE, Joanna: Sed de sangre. Historia íntima del combate cuerpo a cuerpo en las guerras del siglo XX, Crítica, 2008. BUTLER, J.: Cuerpos que importan, Sobre los límites materiales y discursivos del “sexo”, Paidós, 2002. CASTRO FLÓREZ, Fernando: La obra de arte en la era de la perogrullada incesante (“A reprendre depuis le debut”), en http://consellodacultura.org/mediateca/?p=308 COMOLLI, Jean Louis: “El anti-espectador, sobre cuatro filmes mutantes” en Yoel, Gerardo (comp.), Pensar el cine 2. Cuerpo(s), temporalidad y nuevas tecnologías, Manatial, 2004. TORRES, David G.: 1964. Cuando la cultura se convirtió en espectáculo. Madrid, Alianza, 2024.
- Acceder ao coñecemento das distintas manifestacións das artes audiovisuais contemporáneas e dos seus procesos de mutación e hibridación.
- Coñecer e distinguir os diferentes modelos de representación audiovisual, as súas intencións e funcións.
- Comprender a produción audiovisual contemporánea na súa globalidade, en relación co noso actual contexto cultural e socio-económico.
- Dominar os mecanismos de análise para saber interpretar, interrelacionar e descodificar os distintos tipos de imaxes.
Pártese da aplicación da estrutura de Grao. Mais cómpre advertir que, dada a peculiar natureza desta materia (o mesmo que ocorre con outras da subárea de Historia do Cine e Outras Artes Audiovisuais), a diferenzación entre horas teóricas e prácticas dilúese en boa medida. Por outras palabras, a dinámica da ensinanza é de carácter teórico-práctico: á exposición de cada un dos puntos do programa e das súas correspondentes manifestacións ou posibilidades, segue o visionado e análise na aula dun ou varios exemplos. As sesións expositivas do programa combinaranse con aqueloutras (interactivas, titoriais) nas que o protagonismo corresponde aos/ás estudantes, quen intentarán poñer en práctica os coñecementos adquiridos de cara á avaliación contínua e mais á posterior realización do traballo escrito.
Deseñouse a partir de dous apartados complementarios:
a) A realización de catro comentarios escritos sobre outros tantos filmes relacionados con distintos aspectos do programa (40% da cualificación).
b) A elaboración dun traballo, de carácter obrigatorio. O estudante deberá escoller unha obra, autor ou tema priorizando algún dos puntos de vista ou itinerarios propostos na materia para proceder a súa análise ou desenvolvemento. A presentación poderá ser tanto escrita como audiovisual (neste caso, acompañada dunha breve memoria da peza). O obxectivo desta actividade é o de complementar os aspectos teóricos e prácticos do programa desenvolvidos na aula, debendo reflexionar sobre o aprendido, profundar nos conceptos e ser quen de aplicalos aos textos audiovisuais entendidos no seu sentido máis amplo (60% da cualificación).
No caso de que a asistencia do/a estudante sexa inferior ao 75% das sesións (excluíndo, obviamente, as ausencias xustificadas), deberá realizar a maiores un exercicio escrito ao remate do curso que terá un carácter teórico-práctico: desenvolvemento dun tema vinculado aos contidos do programa. Neste caso, o reparto das cualificacións quedará do seguinte xeito:
a) Comentarios, 40%
b) Traballo, 40%
c) Exercicio escrito, 30%
Dispensa: Ao estudantado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024), avalairáselle cunha proba final que suporá o 100% da cualificación distribuída da seguinte maneira: comentarios (40%), traballo (60%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e, de conformidade co disposto no artigo 11.g) da lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo académico inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Sistema de recuperación da avaliación:
- Aqueles/as estudantes que non asistisen ás clases, desenvolvesen prácticas nin realizasen o traballo, deberán presentar o traballo alomenos UNHA SEMANA ANTES da oportunidade correspondente para poder aspirar a un 70% da cualificación total). De non facelo así, non poderán acadar a cualificación de Aprobado.
- Canto aos estudantes que teñan desenvolvido ao longo do curso as actividades arriba referidas e que, aínda así, non cheguen ao Aprobado, realizarán un novo traballo (e, de ser o caso, exercicio escrito) na seguinte oportunidade, manténdoselles as cualificacións das devanditas actividades.
Ademais das horas presenciais contempladas no plano de estudos (45 h.), 3 horas semanais para o estudo da materia impartida, a realización de actividades e mais a elaboración do traballo.
Dadas as características xa expostas respecto da materia e do exame, cómpre a asistencia regular ás clases, tendo en conta, ademais, que unha parte dos materiais que se exhibirán nas sesións son de difícil acceso. Unha asistencia que, asemade, devén un complemento imprescindible para a realización das actividades de avaliación contínua e mais a elaboración dos traballos. Neste sentido, as sesións de análise resultarán de moita utilidade –por non dicir imprescindibles- no decurso do desenvolvemento da materia de cara a enfrontar a realización da proba escrita.
Esta materia terá docencia presencial nos dous próximos cursos académicos. Despois procederase á implantación do novo plan de estudios.
A docencia impartirase en galego.
Xose Nogueira Otero
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812709
- Correo electrónico
- xose.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade