Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Ofrecer unha visión plural e integradora da arte e da cultura europea deste período nas súas diversas manifestacións, outorgando especial atención á arte italiana
2.- Aprender a diferenciar as características básicas e a súa evolución durante este período
3.- Comprender as diferentes linguaxes formais e visuais
4.- Saber enmarcar a obra de arte nos contextos nos que se xestou e relacionala con outras formas de expresión cultural
5.- Coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas e saber deducir como estas condicionan e actúan sobre a obra de arte.
6.- Que o alumno adquira os coñecementos metodolóxicos e básicos que lle permitan introducirse na actividade investigadora
BLOQUE 1.- O TÉRMO
1.1. Evolución do concepto. Marco cronolóxico
BLOQUE 2.- ARQUITECTURA
2.1. A cidade: Roma, París e Versalles
2.2. A igrexa. Bernini. Borromini. Guarini
2.3. O palacio italiano
2.4. O château e o hôtel francés.
2.5. O xardín francés. Vaux-le-Vicomte
2.6. O xardín inglés
2.7. Difusión do Barroco en Europa
BLOQUE 3.- ESCULTURA
3.1. As orixes. Bernini
3.2. O retrato
3.3. Escultura ornamental de fontes e xardíns
3.4. Escultura funeraria
3.5. O “bel composto”
3.6. Relevos e altares relixiosos
3.7. Escultura efémera
3.8. Motivos ornamentais
BLOQUE 4.- PINTURA
4.1. Natureza, Antigüidade e Ciencia
4.2. Natureza Morta
4.3. O retrato
4.4. O espido
4.5. A paisaxe
4.6. Escenas de xénero
4.7. Iconografía relixiosa despois de Trento
BIBLIOGRAFIA BASICA:
Argan, G.C.: Renacimiento y Barroco, Vol. 2, Madrid: Akal, 1987
Bazin, G.: Barroco y Rococó, Barcelona: Destino, 1992
Belda Navarro, C.: Los siglos del barroco, Madrid: Akal, 1997
Bérchez, J. y Gómez Ferrer, M.: Arte del Barroco, Madrid: Historia 16, 1998
Bottineau, Y.: El arte Barroco, Madrid: Akal, 1990
Checa, F. Y Morán, J.M.: El Barroco, Madrid: Itsmo, 1982
García Melero, José Enrique: El arte del siglo XVIII, vol. IV Historia del Arte Moderno, Madrid: UNED, 2008
Martin, J.R.: Barroco, Bilbao: Xarait, 1986
Prados García, J. M.: El Rococó en Francia y Alemania, Historia 16, Historia 16, 2002
Ramírez, J.A. (coord.): La Edad Moderna, en Historia del Arte, vol. 3, Madrid: Alianza Editorial, 1989
Starobinski, J.: La invención de la libertad, 1700-1789, Barcelona: Carroggio, 1964
Tapié, V.: Barroco y clasicismo, Madrid: Cátedra, 1978.
Toman, Rolf (ed.): El Barroco. Arquitectura. Escultura y Pintura, Barcelona: Könemann, 1997
Viñuales González, J. M.: El Barroco, vol. 3, Historia del arte Moderno, Madrid: UNED, 2006
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA:
Blunt, A.: Borromini, Madrid: Alianza Editorial, 1982
Blunt, A.: Arte y arquitectura en Francia, 1500-1700, Madrid: Cátedra, 1977
Boucher, B.: La escultura barroca en Italia, Barcelona: Ediciones Destino, 1999
Cantera Montenegro, J.: El clasicismo francés, Madrid: Historia 16, 1989
Carmona Mato, E.: Caravaggio, Madrid: Historia 16, 1993
Chastel, A.: El arte italiano, Madrid: Akal, 1988
Friedländer, W.: Estudios sobre Caravaggio, Madrid: Alianza Editorial, 1982
Marías, F.: Gianlorenzo Bernini, Madrid: Historia 16, 1993
Martínez Ripoll, A.: El Barroco en Italia, Madrid: Historia 16, 1993
Rosenberg, J., Slive, S. yTer Kuile, E.H.: Arte y arquitectura en Holanda 1600/1800, Madrid: Cátedra, 1981
Vlieghe, H.: Arte y arquitectura flamenca 1585-1700, Madrid: Cátedra, 2000
Wittkower, R.: Arte y arquitectura en Italia, 1600-1750, Madrid: Cátedra, 1979
Wittkower, R.: Gian Lorenzo Bernini, Madrid: Alianza Editorial, 1990
BIBLIOGRAFIA DE LECTURA OBRIGATORIA (clásicos do barroco):
Blasco Esquivias, Beatriz: Introducción al Arte barroco. El gran teatro del mundo, Madrid: Cátedra, 2015 (o calquera outra edición).
1.- Analizar, datar e clasificar as obras da arte barroca
2.- Contextualizar as diferentes manifestacións artísticas ao longo deste período
3.- Analizar e sintetizar os coñecementos adquiridos
4.- Utilizar as ferramentas historiográficas máis adecuadas
5.- Adquirir habilidades no manexo das novas tecnoloxías
6.- Implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural
1.- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos.
2.- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia.
3.- Prácticas de campo fóra da aula polas rúas e institucións da cidade de Santiago de Compostela relacionadas cos contidos da materia (sempre que haxa financiamento). As devanditas prácticas terán carácter obrigatorio para todos os alumnos matriculados na materia e poden ser evaluadas.
4.- Titoría personalizada.
Nas clases expositivas e interactivas explicaranse e trataranse aqueles aspectos que se consideren máis relevantes dos temas que figuran no apartado de contidos, sendo en todo caso a totalidade do contido do programa obxecto de avaliación a través das distintas probas que se realicen.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación global constará de tres partes: 1) asistencia obrigatoria a clase; 2) un exame obrigatorio dos contidos impartidos nas clases expositivas (60 preguntas) e do libro de lectura obrigatoria (10 preguntas); 3) a presentación oral obrigatoria nas clases interactivas de traballos previamente acordados co profesor, logo subidos á aula virtual.
O exame final suporá o 70% da cualificación final (para aprobar a asignatura será obrigatorio un mínimo de 3,5 sobre 7). Os traballos expostos oralmente nas clases interactivas suporán o 20% da cualificación final (para aprobar a asignatura será obrigatorio realizalo e aprobalo cun mínimo de 1 sobre 2).
A nota definitiva acádase despois de superar o 50% tanto no exame final como nos traballos expostos nas clases interactivass. En caso de non conseguilo nalguhna delas, a nota final será a cualificación da parte "non superada" ou "non presentada".
A asistencia a clase é obrigatoria e supondrá o 10 % da calificación final (a sumar sempre que se aprobase o examen e os traballos expostos nas clases interactivas).
A asistencia a clase (expositiva, interactiva e práctica de campo), ao ser a avaliación continuada, é obrigatoria polo que a ausencia a suporá a imposibilidade de que o estudante poida ser avaliado (pasarase lista todos os dias e aleatoriamente).
De acordo co Regulamento de Asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (DG do 25/11/2024), a asistencia a clase será perceptiva para superar a materia e para realizar o exame. Para ter dereito o exame o estudantado deberá contar cunha porcentaxe de presencialidade nas actividades docentes programadas do 75%, tanto nas sesiones expositivas como nas interactivas e prácticas de campo.
Na oportunidade de xuño-xullo a cualificación final obterase a partir dun exame obrigatorio de todos os contidos da materia e do libro de lectura obrigatoria (70% da cualificación final: para aprobar a asignatura será obrigatorio un mínimo de 3,5 sobre 7) e realizaranse novos traballos obrigatorios acordados previamente co profesor (20% restante: para aprobar a asignatura será obrigatorio realizalo e aprobalo cun mínimo de 1 sobre 2). A asistencia a clase durante o curso suporá o 10 % da calificación final (a sumar sempre que se aprobase o exame e os traballos expostos nas clases interactivas).
O estudante que realizase e aprobase as actividades de docencia interactiva durante o curso conservará a cualificación na oportunidade de xunio-xullo e so terá que examinarse da materia impartida nas clases expositivas. Por outro lado, o que non realizase as actividades da docencia interactiva durante o curso ou as suspendese estará obrigado à realización de varios traballos a acordar previamente co profesor.
O estudantado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo o "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela", aprobado por acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024) avaliarase cun examen final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de traballos, probas ou exámenes será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (tal e como se define no artigo 42 do "Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela" e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da "Lei de convivencia universitaria").
Tempo presencial do estudante: 78
Doc. Expo. - 51
Doc. Interac. - 24
Titorización pers.- 3
Tempo de estudo e de traballo persoal: 134
Estudos autónomo individual ou en grupo: 80
Lecturas: 35
Preparación de presentacións: 10
Outras tarefas: 9
1.- Uso das titorías para resolver calquera dubida relacionada coa materia.
2.- Coñecementos de inglés e informática.
3.- Dispor dunha conexión de internet de alta velocidade (pódense utilizar as salas de informática da USC) e acceso à plataforma educativa do Campus Virtual da USC.
Esta materia está incluida nun título en proceso de extinción polo que so estará vixente na modalidade presencial durante o presente curso 2025-2026.
Os cursos 2026-2027 e 2027-2028 a materia ofertarase sen docencia presencial ate a súa extinción definitiva.
Miguel Tain Guzman
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812677
- Correo electrónico
- miguel.tain [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |