Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Introducir ao estudantado no estudo dos séculos XVI, XVII e XVIII atendendo aos alicerces socioeconómicos e ideolóxicos dos comportamentos colectivos, así como ás estruturas e procesos históricos a nivel relixioso, político e cultural. A estrutura do sistema de estratificación social e os procesos que o caracterizan procuran que o alumno adquira un bon coñecemento da vida das persoas en sociedade, para o cal tamén abordaránse as diferentes facetas do cultural, a nivel de cultura popular, letrada, etc., e as diferentes implicacións do relixioso a distintos niveis.
Preténdese que o/a estudante adquira conciencia crítica das coordenadas espacio-temporais, quer co concernido coa propia evolución da historia quer nas súas variadas implicacións no mundo da arte.
1. Idade Moderna: Periodización e caracteres esenciais.
2. Desenvolvemento do estado moderno e as relacións internacionais.
3. Os marcos da vida económica e social no mundo moderno.
4. Estrutura e características do sistema de estratificación.
5. Os indicadores sociais. Imaxe, rituais, xustificación simbólica.
6. Cultura popular e das elites.
7. Os medios de difusión da cultura. Educación, libro e imprenta.
8. Humanismo e Renacemento cultural.
9. As reformas protestante e católica.
10. A cultura do Barroco. A Ilustración.
Bibliografía básica:
ANDERSON, M.S., The Rise of Modern Diplomacy, 1450-1919, Nueva York, 1993.
ATKINSON, J., Lutero y el nacimiento del protestantismo, Madrid, 1980
BELY, Les relations internationales en Europe, XVII-XVIII siècles, Paris, 1992.
BURKE, P., La cultura popular en la Europa Moderna, Madrid, 1991.
CHARTIER, R., Libros, lecturas y lectores en la Edad Moderna, Madrid, 1993.
EISENSTEIN, E., La revolución de la imprenta en la Edad Moderna, Madrid, 1994.
FLORISTÁN IMIZCOZ, A. (coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, 2015.
HINRICHS, E., Introducción a la Historia de la Edad Moderna, Barcelona, 2001.
TENENTI, A., La Edad Moderna: siglos XVI-XVIII, Barcelona, 2000.
Bibliografía complementaria:
ALCALA, A., Literatura y ciencia ante la Inquisición española, Madrid, 2001.
ANKERLOO, B. (edt.), Early modern Europe witchcraft: centres and peripheries, Oxford, 1993.
BARRY, J. (edt.), Witchcraft in Early Modern Europe. Studies in culture and belief, Cambridge, 1996.
BETHENCOURT, F., La Inquisición en la Epoca Moderna. España, Portugal, Italia, ss. XV-XIX. Madrid, 1997.
CAPITAN DIAZ, A., Historia de la educación en España, Madrid, 1991.
CASSIRER, E., La filosofía de la Ilustración, México, 1980.
CHATELET, F. (dir.), Historia de las ideologías, Madrid, 1989.
DAUMAS, M., Images et sociétés dans l’Europe moderne, 15e.-18e siècles, Paris, 2000.
DAVIS, N. Z., Sociedad y cultura en la Francia Moderna, Barcelona, 1993.
DESPLAT, Ch., La vie, l’amour, la mort: rites et coutumes, XVIe-XVIIIe siècles, Biarritz, 1995.
ELLIOT, J. et al., Revoluciones y rebeliones en la Europa moderna, Madrid, 1984.
FRANCO RUBIO, G., Cultura y mentalidad en la Edad Moderna. Sevilla, 1998.
FURET, F., Lire et écrire. L'alphabetisation des français de Calvin à Jules Ferry, París, 1977.
GARCIA CARCEL, R., Inquisición: Historia Crítica, Madrid, 2000.
GONZÁLEZ ENCISO, A., El nacimiento del Capitalismo en Europa, Madrid, 2011.
GOUBERT, P., El Antiguo Régimen. La sociedad., Madrid, 1980.
GRAFF, H.J., Storia dell'alfabetizzazione occidentale. L'etá moderne, Bolonia, 1989.
HALL, A.R., La Revolución científica, 1500-1750, Barcelona, 1985.
HAMPSHER-MONK, I., Historia del pensamiento político moderno: los principales pensadores políticos de Hobbes a Marx, Barcelona, 1996.
HAZARD, P., El pensamiento euripeo en el siglo XVIII, Madrid, 1985.
JULIA, D. y otros (eds.), Les Universités européennes du XVI au XVIII siècle: histoire sociale des populations étudiants, París, 1986.
LASLETT, P., El mundo que hemos perdido. Familia, comunidad y estructura social en la Inglaterra preindustrial, Madrid, 1987.
LE GOFF, J. y REMOND, R., Histoire de la France religieuse, XIV-XVIII siècles, Paris, 1988.
LEBRUN, F., Croyances et cultures dans la France d'Ancien Régime, Paris, 2001.
LUTZ, H., Reforma y Contrarreforma: Europa entre 1520 y 1648, Madrid, 2009.
MARAVALL, J.A., La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona, 2008.
MARTÍNEZ MILLÁN, J.; CARLOS MORALES, J., Religión, política y tolerancia en la Europa Moderna, Madrid, 2011.
MOUSNIER, R., Les hiérarchies sociales: de 1450 a nos jours, Paris, 1969.
RENOUVIN, P., Historia de las relaciones internacionales, Madrid, 1964.
SABINE, G., Historia de la teoría política, Madrid, 1994.
THOMPSON, E.P., Costumbres en común; Barcelona, 1995.
TILLY, Ch., The Formation of National States in Western Europe, Princeton, 1975.
WOOLF, S., Los pobres en la Europa moderna, Barcelona, 1989.
Procúrarase que o/a estudante acade un coñecemento sobre as fontes da historia social e cultural, e as liñas principais de desenvolvimento histórico sobre esta temática, de xeito que favoreza as destrezas do aluno de cara á dedicación docente, o traballo en arquivos, bibliotecas ou museos, en actividades relacionadas coa xestión do patrimonio documental, cultural e artístico, etc., axudando así a desenvolver unha metodoloxía científica en relación coa Historia da Arte.
Usar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos.
Xestionar de xeito óptimo o tempo de traballo e organizar os recursos de coñecemento e información dispoñibles.
Traballar a capacidade de argumentación lóxica no debate e tamén a capacidade de traballar en grupo.
Fomentar os valores que valoricen a obra artística desde a perspectiva da sua orixe, orixinalidade e o seu contexto histórico.
Dado que a materia forma parte dun Plan a extinguir, non inclúe docencia presencial.
Dado que a materia forma parte dun Plan a extinguir, a cualificación final da materia consta exclusivamente dun único exame escrito na data fixada oficialmente (100% da cualificación final.
Todas as horas correspondentes a esta materia serán de traballo persoal do alumno.
- Recoméndase que a formación do estudantado sexa de perfil humanístico.
- Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica do ámbito dos estudos modernistas.
-Polo carácter da materia, de perfeccionamento sobre un campo específico da Historia Moderna, no que os coñecementos básicos sobre os grandes movementos culturais, relixiosos e científicos deben dominarse dende os cursos precedentes, a recomendación básica é a lectura de bibliografía especializada, co obxectivo de ir ao compás da evolución da materia e de ver en directo a aplicación das distintas metodoloxías a fontes que, á súa vez, sexan diversificadas; esas lecturas deben ter en conta de modo especial a consulta de revistas relacionadas co tema. Para acadar un control do comentario de textos, gráficas e táboas, debe dárselle especial atención a este tipo de contidos na bibliografía; sería desexable un esforzo por reunir ese tipo de material de forma persoal para facer a súa análise e para aplicar as recomendacións teóricas. A consulta de páxinas web especializadas como, por exemplo, a da "Voltaire Foundation" e outras vinculadas con centros de estudo da cultura ben acreditados, pode ser unha axuda interesante.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o indicado na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”.
Hortensio Sobrado Correa
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812606
- Correo electrónico
- hortensio.sobrado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade