Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Coñecer os distintos materiais de traballo que se empregan para elaborar obras de arte, así como as súas particularidades físico-químicas, plásticas e expresivas.
2. Familiarizarse coas ferramentas, máquinas e instrumentos empregados para elaborar obras de arte, así como a súa evolución dentro do progreso tecnolóxico e socio-económico na Historia da Arte.
3. Analizar as técnicas e procedementos empregados na produción de obxectos artísticos a través das diferentes linguaxes, en todas as súas fases de preparación, execución e preservación.
4. Coñecer a evolución histórica dos diferentes procedementos técnicos e o seu estudo de acordo cos condicionantes do momento no que se desenvolveron, así como o seu contexto cultural e espacial.
5. Adquirir un vocabulario específico e fundamentos de linguaxe descritiva e de análise propios de unha historiadora da arte.
TEMA 1: Introdución ás técnicas artísticas
1. 1. A importancia dos procedementos técnicos na Historia da Arte
1. 2. A consideración social da arte e o artista
1. 3. A estrutura laboral: os gremios
1. 4. Institucionalización e división: as Academias
1. 5. A tratadística técnica
TEMA 2: O debuxo e a ilustración
2. 1. O debuxo como paso previo á obra e o debuxo como obra
2. 2. Compoñentes: soportes e materiais
2. 3. Técnicas e instrumentos
2. 4. O novo paradigma: do papel ao dixital
TEMA 3: A pintura
3. 1. Os soportes
3. 2. Os compoñentes da materia pictórica: pigmento, aglutinante, disolvente
3. 3. O fresco
3. 4. A encáustica
3. 5. O temple sobre táboa
3. 6. O óleo sobre lenzo
3. 7. O acrílico
3. 8. Instrumentos
TEMA 4: O gravado
4. 1. As artes gráficas e a reproductibilidade
4. 2. Compoñentes: soporte, matriz, tórculo
4. 3. A xilografía e as súas variantes
4. 4. A calcografía e as súas variantes
4. 5. A litografía
4. 6. A serigrafía
TEMA 5: A escultura
5. 1. A arte en tres dimensións
5. 2. Barro, xeso e cera: modelado e baleirado
5. 3. Metal: fundido
5. 4. Pedra: esculpido
5. 5. Madeira: tallado
5. 6. O caso paradigmático español: imaxinería e retabulística
TEMA 6: A pratería
6. 1. Materiais, leis e quilataxe
6. 2. O sistema de marcado
6. 3. Os ensaios do material
6. 4. Ferramentas e técnicas
6. 5. Técnicas ornamentais
TEMA 7: A arquitectura
7. 1. Saber ler un edificio: partes e elementos construtivos
7. 2. Materiais, aparellos e aglomerantes
7. 3. Técnicas ornamentais e de remozado
7. 4. Tipoloxías
7. 5. Panorámica histórica
TEMA 8: Outras artes
8. 1. Collage, iluminación, encadernación, imprenta, tapicería, cerámica, eboraria, mosaico, alicatado, forxa, esmalte, vidro soprado, vidrieira, ebanistería, etc.
TEMA 9: Técnicas contemporáneas
9. 1. Novas linguaxes: dripping, pouring, ebru, aerógrafo, tatuaxe, videoxogos, grafiti, etc.
9. 2. A subversión do material e do soporte: performance corporal, land art, arte povera, art brut, etc.
Bibliografía básica:
ANGOSTO, D., BERNARDEZ, C, FERNANDEZ, B e LLORENTE, A. (2005). Las técnicas artísticas. Madrid: Akal.
ALEGRE CARVAJAL, E.; TUSELL GARCÍA, G. e LOPEZ DÍAZ, J. (2011). Técnicas y medios artísticos. Madrid: Editora Universitaria Ramón Areces.
FATÁS, G. e BORRAS GUALIS, G. (1988). Diccionario de términos de Arte y elementos de Arqueología, Heráldica y Numismática. Madrid: Alianza Editorial.
FERNÁNDEZ ARENAS, J. (1996). Introducción a la conservación del patrimonio y a las técnicas artísticas. Barcelona: Ariel.
FUGA, A. (2004). Técnicas y materiales del arte. Barcelona: Editorial Electa.
MALTESSE, C. (1993). Las técnicas artísticas. Madrid: Cátedra.
MAYER, R. (1985). Materiales y técnicas de arte. Madrid: Akal.
RIVERA BLANCO, J. (1990). Manual de técnicas artísticas. Madrid: Historia 16.
Bibliografía específica:
BAZZI, M. (1965). Enciclopedia de las técnicas pictóricas. Barcelona: Edición Noguer.
BONET CORREA, A (coord) (1982). Historia de las artes aplicadas e industriales en España. Madrid: Cátedra.
DOERNER, M. (1977). Los materiales en pintura y su empleo en el arte. Barcelona: Reverté Ediciones.
ESTEBAN LORENTE, J. F., BORRAS GUALIS, G. e ALVARO ZAMORA, I. (1980). Introducción general al arte. Arquitectura, escultura, pintura, artes decorativas. Madrid: Istmo.
ESTEVE BOTEY, F. (1993). Historia del grabado. Madrid: Labor.
GARCÍA HOZ, V. (1996). Enseñanzas artísticas y técnicas. Madrid: Rialp.
HUERTAS TORREJÓN, M. (2016). Materiales, procedimientos y técnicas pictóricas. Madrid: Akal.
MULLER, W. e VOGEL, G. (1984). Atlas de arquitectura. Madrid: Alianza Atlas.
MUNARI, B. (1968). El arte como oficio. Barcelona: Editorial Gustavo Gili.
PEDROLA, A. (1998). Materiales, procedimientos y técnicas pictóricas. Barcelona: Ariel.
SAURAS, J. (2003). La escultura y el oficio de escultor. Barcelona: Ediciones el Serbal.
WITTKOWER, R. (1991). La escultura: procesos y principios. Madrid: Alianza Forma.
Xerais
1. Adquirir destrezas para o desenvolvemento de unha aprendizaxe instrumental e relevante: capacidade de análise, síntese, organización e planificación, resolución de problemas, acceso e xestión da información, razoamento crítico, aprendizaxe autónoma e expresión oral e escrita.
2. Adquirir capacidades relacionadas coa apreciación da obra de arte: sensibilidade cara temas relativos ao patrimonio histórico e cultural, recoñecendo a creatividade, orixinalidade, transcendencia e valores estéticos.
3. Desenvolver habilidades para aplicar á disciplina da Historia del Arte o manexo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs), internet e os seus recursos dixitais.
Específicas
1. Adquirir un coñecemento sistemático e integrado das técnicas artísticas e da construción, coa capacidade de contextualizar, analizar e diferenciar cada unha delas dentro da súa evolución histórica e as súas particularidades culturais e expresivas.
2. Distinguir e sistematizar as diferentes ferramentas, materiais e procedementos que se empregan en cada una das técnicas artísticas e da construción, sabendo recoñecelas e diferencialas.
3. Coñecer o vocabulario e fundamentos de linguaxe específica propios da profesión de historiadora da arte, aplicándoo na expresión oral e escrita.
Tendo en conta que se trata de una asignatura extinta, non haberá clases presenciais, nin práctica de campo. O alumnado poderá valerse das titorías para obter recomendación de bibliografía e materiais, así como para resolver todas as dúbidas con respecto aos contidos.
A avaliación será levada a cabo cun único exame que contará o 100% da calificación. Consistirá nun cuestionario de 50 preguntas de resposta múltiple (cada unha ben puntúa 0.2, cada unha mal resta 0.1). Resultados a avaliar: Diferenciación das técnicas artísticas e os elementos construtivos conforme aos criterios explicados nas aulas. Para superar a materia será necesario aprobar cunha puntuación mínima de 5/10. En caso de suspenso, a alumna/o deberá someterse de novo ao exame (coas mesmas características) marcado na convocatoria extraordinaria de xullo.
Tempo de estudio e actividade persoal: 150 horas.
Para un bo seguimento da materia é imprescindible ter motivación e capacidade de traballo. Recomendamos que a alumna/o consulte a bibliografía proposta no programa, e que acuda as titorías sempre que o necesite.
- Atención á diversidade: Darase cumprimento ao Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o “Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social”, publicado no BOE (3 de decembro de 2013)
- En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Ana Perez Varela
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ana.perez.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU