Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprender os elementos e as ideas que entran na asignación de valor ás obras de arte
- Comprender e ser conscientes das dinámicas que veñen afectando ao mercado da arte e o coleccionismo internacional desde finais do século XIX.
- Ser conscientes das oscilacións no gusto e a súa influencia no mercado.
- Apreciar as nocións ou ideas que poden servir para artellar unha colección de arte.
- Coñecer os pasos principais na xestión profesionalizada dunha colección
- Coñecer os debates actuais en torno á situación económica dos produtores culturais
BLOQUE 1: MERCADO E ECONOMÍA DA ARTE
1. Introdución: valor, redes e procesos de lexitimación
2. O papel das galerías na evolución da historia da arte contemporánea
3. As feiras internacionais de arte
4. Economía, sistema da arte e precarización do traballo creativo
5. Comercio electrónico da arte
BLOQUE 2: XESTIÓN DE COLECCIÓNS
6. Coleccionismo de arte: historia e novos modelos
7. As institucións culturais: servizo público e participación privada
BÁSICA
JIMÉNEZ-BLANCO, Mª. Dolores; MACK, Cindy: Buscadores de belleza: historias de los grandes coleccionistas de arte, Arial, Barcelona, 2007.
THORNTON, Sarah: Siete días en el mundo del arte, Edhasa, Barcelona, 2010.
WU, Chin-tao: Privatizar la cultura: la intervención empresarial en el mundo del arte desde la década de 1980. Madrid: Akal, 2007.
COMPLEMENTARIA
ALBARRÁN, Juan: Disputas sobre lo contemporáneo, Exit, Madrid, 2019.
BARRAGÁN, Paco: From Roman Feria to Global Art Fair, From Olympia Festival to Neo-Liberal Biennial: On the 'Biennialization' of Art Fairs. Artpulse Editions.
BOLTANSKI, Luc; CHIAPELLO, Eve: El nuevo espíritu del capitalismo, Akal, 2002.
BOLTANSKI, Luc; ESQUERRE, Arnaud: Enriquecimiento. Una crítica de la mercancía, Anagrama, Barcelona, 2022.
CARRILLO, J. (ed.), Desacuerdos: sobre arte, políticas y esfera pública en el Estado español, vols. 1, 2, 3, 4 y 8, 2004-2014. MACBA / Arteleku / Universidad Internacional de Andalucía, Barcelona, 2004.
COHEN-SOLAL, Anne: El galerista Leo Castelli y su círculo, Turner, Madrid, 2011.
DURÁN, José Mª: Hacia una crítica de la economía política del arte, Plaza y Valdés, Madrid, 2008.
FINDLAY, Michael: El valor del arte: dinero, poder, belleza, Fundació Gala-Salvador Dalí, Figueres, 2013.
FREY, B.; POMMEREHNE, W.: Musas e mercados. Exploracións na economía da arte, Laiovento, Santiago, 1996.
LAZZARATO, Maurizzio: “Las desdichas de la ‘crítica artista’ y del empleo cultural”, Instituto europeo para políticas culturales progresivas (2007). URL: https://transversal.at/transversal/0207/lazzarato/es
LINDEMANN, Adam: Coleccionar arte contemporáneo, Taschen, Colonia, 2010.
LUCAS, A.; NAVARRO M.: Soledad Lorenzo: una vida con el arte, Proyectos utópicos, Madrid, 2014.
McANDREW, Claire: El Mercado español del arte en 2017. Cuadernos Arte y Mecenazgo, Fundación La Caixa. URL: https://coleccion.caixaforum.com/cuaderno-arte-y-mecenazgo
NORTH, Michael: Art and Commerce in the Dutch The Golden Age, Yale University Press, New Haven, 1997.,
ROWAN, Jaron: Cultura libre de estado, Madrid, Traficantes de Sueños, 2016.
SHOLETTE, Gregory: Materia oscura. Arte activista y la esfera pública de oposición
Archivos del Índice, 2015. URL: https://cargocollective.com/archivosdelindice/Materia-oscura
TRANSFORM: Producción cultural y prácticas instituyentes. Líneas de ruptura en la crítica institucional, Traficantes de sueños, Madrid, 2009.
VELTHUIS, Olav: “Introduction. The contemporary art market between stasis and flux”. In Maria Lind, Olav Velthuis (eds.): Contemporary Art and Its Commercial Markets: A Report on Current Conditions and Future Scenarios, Sternberg Press, Berlín, 2021. http://www.velthuis.dds.nl/velthuis_statis%20flux.pdf
VETTESE, A.: Invertir en arte: producción, promoción, y mercado del arte contemporáneo, Pirámide, Madrid, 2002.
O estudiante será capaz de:
- Analizar e sintetizar os coñecementos adquiridos.
- Manexar as ferramentas habituais na xestión de coleccións.
- Desenvolver unha análise crítica da elaboración de coleccións por parte de institucións.
- Implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural.
O desenvolvemento da materia vaise efectuar dacordo sempre cos contidos do programa, e constará dos seguintes elementos:
- Clases expositivas, nas que a través das explicacións do profesor e da análise de textos, os estudantes poderán adquirir os coñecementos teóricos e debatir nas clases.
- Clases interactivas, nas que os estudantes realizarán análises de textos de referencia e doutros materiais proporcionados polo profesor, establecéndose debates e coloquios.
- Visitas a coleccións ou charlas de profesionais, mediante as cales o estudantado poderá tomar contacto directo con especialistas deste ámbito. Dentro destas, prevese a realización de prácticas de campo, coordinadas coas restantes materias do primeiro semestre de cuarto curso para visitar poboacións como Monforte de Lemos, Pontevedra, Tui e Valença, Allariz e Celanova, A Coruña e Lugo (suxeito a financiamento). Estas prácticas serán obrigatorias para todo o estudantado matriculado no curso e serán avaliadas. Os destinos poderán modificarse dentro de Galicia segundo as necesidades de cada materia..
- Titoría personalizada.
Nas clases expositivas e interactivas explicaranse aqueles aspectos que se consideren máis relevantes dos temas que figuran no apartado de contidos, sendo en todo caso a totalidade do contido do programa obxecto de avaliación. Na dinámica das clases vaise incentivar a participación do estudantado e intentarase fomentar o pensamento crítico con respecto aos contidos.
TIPO DOCENCIA TOTAIS HORAS/MATERIA
Doc. Expositiva........................... 32
Doc. Interactiva.......................... 16
Titorización personalizada.............. 3
A materia levarase a cabo a partir da suma dos seguintes valores:
- Exame: na calificación final valórase cun 60%
- Asistencia e participación en clases interactivas: 25%
- Traballo final: de carácter obrigatorio, conta un 15%
É imprescindible para aprobar a materia ter realizado as tarefas propostas nas clases interactivas e o traballo final. Este último realizarase en grupo e ten carácter obrigatorio. Así mesmo, tanto a parte teórica (exame) como a práctica (interactivas e traballo final) deben terse superado, acadando o 50% da nota en ambolosdous casos. A asistencia ás clases interactivas terase en conta, podendo chegar ao 15% do total da nota. Vaise pasar listaxe na aula.
Vaise levar a cabo unha práctica de campo en Santiago de Compostela, de carácter obrigatorio para todo o estudantado matriculado, e será avaliable.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a evaluación do rendemento académico dos estudiantes e a revisión das cualificacións. O mesmo será de aplicación para os casos comprobados de plaxio na realización de traballos.
OPORTUNIDADE DE XULLO
Aqueles estudantes que non realicen as actividades correspondentes á docencia interactiva ou non as aproben, terán que respostar no exame de xullo unha pregunta a maiores, relativa aos contidos vistos nas Interactivas. Estes contidos estarán dispoñibles previamente na Aula Virtual da materia.
En caso de non teren presentado o traballo final na data prevista, terán unha segunda oportunidade en xullo, cun traballo que determinará o profesor. As porcentaxes para a avaliación de xullo vanse manter: parte teórica 60% e parte práctica 40%.
DISPENSA
O estudantado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia (seguindo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por acordo do Consello de Goberno de 25/11/2024) serán avaliados cunha Proba final específica que representará o 100% da cualificación. Nesta, a cualificación repartirase da seguinte maneira: traballo (40%), exame (60%).
TEMPO PRESENCIAL DO ESTUDANTE: 51 HORAS
Doc. Expositiva........................... 32
Doc. Interactiva.......................... 16
Titorización personalizada.............. 3
TEMPO DE ESTUDIO E ACTIVIDADE PERSOAL: 99 HORAS
Estudio da materia impartida nas clases expositivas:......... 58 h
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, etc: ..... 32 h.
Preparacion de presentacións, debates, etc ..................... 9 h.
- Consulta da bibliografía recomendada.
- Asistencia ás sesións interactivas, imprescindible para a superación da materia.
- Consultas co profesor nas horas de titoría.
Esta materia terá docencia presencial nos vindeiros cursos académicos. No curso 2027-2028 completarase o implantación do novo plan de estudos do Grao en Historia e deixará de ofertarse.
Miguel Anxo Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812601
- Correo electrónico
- miguelanxo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 13 |