Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Identificar e valorar a importancia dos diversos factores incidentes no proceso de ensino e aprendizaxe dunha L2.
2. Vincular unha actividade ou manual con determinado método ou enfoque de ensino de linguas.
3. Seleccionar actividades de ensino de galego para non galegofalantes adecuadas aos diferentes niveis / contidos / destrezas / competencias e situacións de aula.
4. Valorar criticamente actividades, manuais e métodos de ensino.
4. Deseñar actividades de ensino de galego para non galegofalantes adecuadas aos diferentes niveis / contidos / destrezas / competencias e situacións de aula.
5. Planificar unha clase de galego como lingua estranxeira.
6. Deseñar unha unidade didáctica para o ensino e aprendizaxe do galego
7. Empregar adecuadamente os conceptos e a terminoloxía específica do ensino e aprendizaxe de L2.
8. Utilizar os recursos dispoñibles para o ensino e aprendizaxe do galego como L2.
1. O ensino e aprendizaxe de linguas como disciplina da lingüística aplicada
2. Os procesos de adquisición das L1 e de aprendizaxe das L2
3. Métodos e enfoques no ensino e aprendizaxe dunha L2
4. Ensino e aprendizaxe de competencias
5. Ensino e aprendizaxe das destrezas lingüísticas
6. Deseño e programación de unidades didácticas
OBSERVACIÓN: O último contido que figura na ficha da memoria, "O galego como LE e como L2: recursos, necesidades, dinámicas, actividades", será tratado transversalmente a través dos diferentes temas da programación, e moi especialmente a través dos temas 4, 5 e 6, pois os contidos expostos neles serán abordados e ilustrados esencialmente desde a perspectiva do galego.
Bibliografía básica
Xunta de Galicia (2006): Niveis de competencia en lingua galega. Descrición de habilidades e de contidos adaptados ao Marco común europeo de referencia para as linguas. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Consello de Europa / Xunta de Galicia (2005): Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. Santiago de Compostela / Xunta de Galicia.
García Santa-Cecilia, A. (2000): Cómo se diseña un curso de lengua extranjera. Madrid: Arco Libros.
Sánchez Lobato, J. / I. Santos Gargallo (dirs.) (2004): Vademécum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua (L2) / lengua extranjera (LE), Madrid: SGEL.
Dicionarios
Instituto Cervantes. Diccionario de términos clave de español como lengua extranjera.
http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/default.htm
Palacios Matínez, I. M. (dir.) (2009): Dicionario de ensino e aprendizaxe de linguas. Santiago de Compostela: Universidade, A Coruña: Universidade, Vigo: Universidade. Versión on line, 2019, en https://www.dicenlen.eu/gl
Robinson P. (ed.) (2015): The Routledge encyclopedia of second language acquisition. New York: Routledge.
Recursos na Rede
Aulaintercultural. Portal de la educación intercultural
http://www.aulaintercultural.org
DidactiRed: actividades de ensino do español e de reflexión
http://cvc.cervantes.es/aula/didactired/
Portfolio Europeo das linguas (PEL)
http://www.edu.xunta.gal/portal/portfolio
Materiais para a aprendizaxe do galego
Aulas galegas: https://aulasgalegas.org/category/linguas/galego/
Labraña Barreiro, S. (2008): Vencello: lingua e cultura galegas para estudantes de fóra de Galicia. Cabrera del Mar: Galerada.
Loia. Guía aberta á lingua galega. http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/index.php?idioma=1
Regueira, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
En http://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego podes encontrar diferentes recursos.
Bibliografía complementaria
Alonso Alonso, María Rosa (2023): Factores individuales en el aprendizaje de segundas lenguas. Berlin : Peter Lang.
Benati, A. G. (2020): Key questions in language teaching : an Introduction. Cambridge : Cambridge University Press
Branden, Kris van den (2022): How to teach an additional language: to task or not to task? Amsterdam ; Philadelphia : John Benjamins Publishing Company
Cook, V. / D. M. Singleton (2014): Key topics in second language acquisition. Bristol: Multilingual Matters.
Gass, S. M. / A. Mackey (eds.) (2014): The Routledge handbook of second language acquisition. London: Routledge.
González Piñeiro, M. / C. Guillén Díaz, / J. M. Vez (2010): Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural. Madrid: Síntesis.
Nussbaum, L. / M. Bernaus (eds.) (2001): Didáctica de las lenguas extranjeras en la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid: Síntesis.
Pastor Cesteros, S. (2004): Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas. Alicante: Universidad.
Richards, J. C. / Th. S. Rodgers (1986): Approaches and Methods in Language Teaching, Cambridge University Press.
Castrillo. Jose M. / M. Condor (2003): Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas. Cambride: Cambridge University Press, 2ª ed. actualizada.
Ruiz Bikandi, U. (ed.) (2000): Didáctica de la segunda lengua en educación infantil y primaria. Madrid: Síntesis.
Ruiz de Zarobe, L. / Y. Ruiz de Zarobe (eds.) (2019): Enseñar hoy una lengua extranjera. Barcelona: Octaedro
A seguir amosamos as competencias específicas do Grao en Lingua e Literatura Galegas adaptadas á contribución particular que fai esta materia á súa consecución. As competencias son entendidas aquí como saberes (coñecementos, capacidades ou actitudes) de carácter complexo que se desenvolven ao longo da formación integral do individuo. Así, a achega da nosa materia debe lerse no marco do proceso formativo global do estudante.
CE1 - Dominar as bases teóricas, enfoques e recursos elementais de análise do ámbito do ensino de linguas estranxeiras e segundas linguas
CE4 - Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, etc.) que definen e articulan os estudos sobre ensino e aprendizaxe de linguas como disciplina científica no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos sobre ensino e aprendizaxe de linguas.
CE6 - Aplicar a metodoloxía científica que permita abarcar os distintos tipos de estudos sobre ensino e aprendizaxe de linguas
CE17 - Manexar con habilidade as novas tecnoloxías que faciliten os procesos de ensino e aprendizaxe do galego como segunda lingua e lingua estranxeira.
CE18 - Empregar ferramentas de procura de recursos bibliográficos para o ensino e aprendizaxe de segundas linguas e linguas estranxeiras
CE19 - Desenvolver a competencia comunicativa.
CE20 - Ser capaz de realizar posteriores estudos especializados no ámbito do ensino e aprendizaxe do galego como segunda lingua e lingua estranxeira.
O proceso de ensino / aprendizaxe vehicularase a través das seguintes vías:
o Clases expositivas e interactivas presenciais: a profesora traballará de forma aplicada contidos previamente expostos e introducirá, frecuentemente a través dun método indutivo, algúns conceptos do programa. Así mesmo, as actividades desenvolvidas servirán para fixar coñecementos e verificar a correcta comprensión dos contidos expostos.
o Actividades de curso: trátase de exposicións ou ben de lecturas, exercicios, traballos ou comentarios. Algunhas destas actividades terán carácter non presencial, mentres que outras se desenvolverán exclusivamente na clase.
o Outras actividades: véxase o indicado no punto 4 do sistema de avaliación.
Algúns dos materiais de traballo atoparanse dispoñibles nas aulas virtuais, que se empregarán tamén para a entrega de tarefas e a realización de actividades.
A avaliación da consecución das competencias realizarase a partir dos seguintes ítems:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
1. Asistencia e participación (10% da cualificación global). Farase unha valoración cuantitativa e cualitativa da asistencia e da participación e intervencións dos alumnos e alumnas nas clases (comentarios, dúbidas, preguntas, respostas...). Para optar a ter algunha cualificación neste ítem o número de faltas sen xustificar non pode ser superior a 5.
2. Actividades e traballos (50% da cualificación global). Ao longo do curso, serán cualificados diversos traballos, exposicións, exercicios ou probas, ben individuais, ben feitos en grupo. Valorarase a calidade dos contidos presentados e, no seu caso, a orixinalidade, o esforzo, así como o deseño, a corrección lingüística e a presentación (formato, redacción ou claridade expositiva...).
3. Exame sobre contidos da materia (40%).
4. Se o número de alumnos/as e as circunstancias así o permiten, e con carácter opcional, os/as estudantes poderán realizar actividades co alumnado das materias Lingua, literatura e cultura galegas I ou II, que se imparten na Facultade durante o segundo cuadrimestre. Os/as estudantes que realicen estas actividades poderán beneficiarse dun incremento de como máximo o 10% da nota obtida na suma dos ítems anteriores.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Mantéñense os mesmos ítems coa mesma porcentaxe asignada na primeira oportunidade.
1. Manterase a cualificación obtida nos ítems 1 e 4, que non son recuperables.
Sempre a decisión da/do estudante,
2. Poderán repetirse as actividades e traballos suspensos ou non presentados ou ben, segundo o caso, poderán ser realizados actividades ou traballos equivalentes.
3. Poderá realizarse un novo exame no caso de que este estea suspenso ou non se realizara previamente.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA Á CLASE
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación da consecución das competencias realizarase a partir dos seguintes ítems:
1. Actividades e traballos (50% da cualificación global). Ao longo do curso, serán cualificados diversos traballos, exercicios ou probas. Valorarase a calidade dos contidos presentados e, no seu caso, a orixinalidade, o esforzo, así como o deseño, a corrección lingüística e a presentación (formato, redacción ou claridade expositiva...).
2. Exame sobre contidos da materia (50%).
Na segunda oportunidade, mantéñense os mesmos ítems coa mesma porcentaxe asignada na primeira oportunidade.
Sempre a decisión da/do estudante,
1. Poderán repetirse as actividades e traballos suspensos ou non presentados ou ben, segundo o caso, poderán ser realizados actividades ou traballos equivalentes.
2. Poderá realizarse un novo exame no caso de que este estea suspenso ou non se realizara previamente.
OBSERVACIÓNS
1. Dado que se segue un sistema de avaliación continua, os alumnos e alumnas que conten con dúas ou máis cualificacións non serán avaliadas/os como Non-Presentados, independentemente de que non asistan ao exame. Isto tamén é aplicable aos alumnos e alumnas que seguen un sistema non-presencial e teñan entregados dous ou máis traballos dos requiridos.
2. Para superar a materia é requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito, e moi particularmente, o dominio do código normativo. Daquela, na cualificación tanto dos exames como dos traballos e exposicións repercutirán negativamente as faltas cometidas (no nivel léxico, ortográfico, sintáctico...).
3. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
HORAS PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 24
Sesións interactivas: 24
Titorías programadas: 3
Sesións de avaliación: 3
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 54
HORAS NON PRESENCIAIS
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 50
Realización de traballos de diverso tipo: 20
Lecturas: 16
Preparación de probas: 10
TOTAL HORAS: 150
Diego Rivadulla Costa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- diego.rivadulla.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C03 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C03 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C03 |
20.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
20.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
25.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
25.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |