Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
a) Incrementar a capacidade de entender textos en galego, tanto orais coma escritos.
b) Incrementar a capacidade de expresarse en galego, tanto por escrito coma oralmente, en situacións cotiás.
c) Consolidar e aumentar coñecementos acerca da gramática galega.
d) Consolidar e aumentar coñecementos acerca dos principais períodos da historia da literatura galega.
A) CONTIDOS LINGÜÍSTICOS
1. Funcións comunicativas
Localizar no espazo un obxecto, persoa ou lugar
Identificar e describir persoas, lugares e obxectos.
Realizar valoracións e estabelecer comparacións.
Dar enderezos e indicacións para chegar a un determinado lugar.
Expresar propósitos e intencións. Os horarios
Expresar gustos, opinións e desexos de facer algo [U10, U11]
Relatar algo en presente e en pasado
Pedir algo nunha tenda
2. Contidos léxicos
A alimentación: gustos, hábitos gastronómicos, as comidas do día
Características psicolóxicas das persoas.
As actividades profesionais.
A localización no espazo
O tempo de lecer. As vacacións, as viaxes.
As partes da vivenda. O mobiliario doméstico.
O clima.
A saúde
3. Contidos gramaticais
Funcións dos pronomes persoais tónicos e átonos. Os usos de ti / vostede e vós / vostedes. A colocación do pronome átono.
Demostrativos e posesivos: formas, contraccións e usos.
A comparación.
Forma impersoal con se
Usos de ser e estar.
Futuro. Perífrases de futuro.
Usos do pretérito perfecto e imperfecto ou copretérito e diferenzas entre eles.
O imperativo: formación e usos.
Os verbos irregulares máis frecuentes: ser, estar, facer, saber, poder, ter...
A reflexividade e os verbos pronominais.
Perífrases verbais de uso xeral: estar a + inf., ir + inf., ter que + inf., haber + (de) + inf., ter + participio.
O subxuntivo.
B) CONTIDOS LITERARIOS E SOCIOCULTURAIS
4. A literatura galega nos seus contextos históricos e socioculturais
4.1. A literatura galego-portuguesa medieval. Textos.
4.2.O Rexurdimento. Textos.
4.3. As vangardas e a Época Nós. Textos literarios e non literarios.
4.4. A posguerra e a ditadura. Textos literarios e non literarios.
4.5. O final do século XX e o século XXI. Textos literarios, xornalísticos, e doutros tipos.
5. Os medios audiovisuais (cine, TV)
Bibliografía básica
Na clase usarase como material auxiliar o manual Aula de galego 1 (http://www.xunta.es/linguagalega/materiais_celga_1), e concretamente as unidades 7-12
Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (2012): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galega. [Santiago de Compostela]: Instituto da Lingua Galega / [A Coruña]: Real Academia Galega, 23ª ed. http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/252
Bibliografía complementaria
Dicionarios
Álvarez de la Granja, M. (coord.) (2001): Dicionario gallego castellano. Vigo: Galaxia.
Fernández Salgado, Benigno (1999): Diccionario elemental Inglés-Galego.
Vigo: Xerais.
Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega
http://www.realacademiagalega.org/dicionario.
Regueira, X. L. (dir.): Dicionario de pronuncia da lingua galega: http://ilg.usc.es/pronuncia/
VVAA (2008): Novo dicionario da lingua galega. Santiago de Compostela: Obradoiro.
Gramáticas
Álvarez, R. / X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia. Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Recursos on-line
Loia. Guía aberta á lingua galega: http://consellodacultura.gal/cdsg/loia/?idioma=1
Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/dicionario.
Dicionario CLUVI inglés-galego (baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/dicionario/clig.html
Dicionario CLUVI francés-galego (baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CLFG/clfg.html
Rinoceronte. Dicionario castelán-galego. https://rinoceronte.gal/dicionario/
Máis recursos (inclúe aplicacións de corrección e tradución e para móbiles): http://maos.gal/recursos/recursos-galego/
Lecturas complementarias
de Toro Santos, Antonio Raúl (2010): Breogán's Lighthouse: An Anthology of Galician Literature. London: Francis Boutle.
Murado, Miguel-Anxo (2008): Outra idea de Galicia. Barcelona: Debate.
Vilavedra, Dolores (1999): Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia.
-Entender en galego conversas e textos de uso común.
-Expresarse en galego por oral e escrito en situacións cotiás.
-Coñecer a gramática galega a nivel básico.
-Coñecer os períodos da literatura galega e os principais autores.
A metodoloxía basearase nun uso eminentemente práctico da lingua, a nivel pasivo (comprensión) e activo (expresión).
Traballarase fundamentalmente con textos orais e escritos (literarios, mais non só) previamente seleccionados conforme á súa aptitude para traballar os conceptos e contidos propostos na aula. Contarase tamén co apoio de material audiovisual (sobre todo música), especialmente no desenvolvemento dos contidos socio-culturais da materia.
No campus virtual disporanse contidos (recursos, información gramatical, textos literarios) e proporanse exercicios (tarefas ou cuestionarios).
Primeira oportunidade
A avaliación será continua e avaliarase coas seguintes proporcións:
a) Asistencia e participación activa nas aulas ou nos foros: 20%. Para obter puntuación neste apartado, o número de ausencias non xustificadas non pode ser superior a 5.
b) Tarefas periódicas referidas a aspectos comunicativos e gramaticais: 50%. Se non se entregan na data estipulada, a puntuación será 0.
c) Cuestionarios (2): 30%.
Segunda oportunidade
No caso de o alumnado non superar a materia por avaliación continua, para a segunda oportunidade poderá repetir traballos non superados (dos epígrafes b) e c). A nota de a) permanecerá inalterable. As proporcións serán as mesmas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-ACTIVIDADES PRESENCIAIS (indícase o número de horas)
- Clases expositivas: 28.
-Clases interactivas: 28.
-Titorías programadas: 1.
- Exames: 3
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
- Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 50.
- Realización de traballos de diverso tipo: 15.
- Lecturas: 20.
- Preparación de exames: 5.
É necesario ter cursado con anterioridade a materia "Lingua, literatura e cultura galegas I" ou ter coñecementos básicos de lingua e literatura galegas.
A asistencia e participación activa na clase é fundamental para poder ter unha avaliación positiva nesta materia.
Ana Isabel Boullon Agrelo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811812
- Correo electrónico
- ana.boullon [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Diego Rivadulla Costa
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- diego.rivadulla.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU