Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Recoñecer os recursos expresivos de cada arte e os códigos propios de cada medio.
- Coñecer a natureza específica das diferentes disciplinas que interveñen nun espectáculo.
- Saber analizar a interacción dos diferentes códigos artísticos nun mismo espectáculo.
- Manifestar espíritu crítico en relación co espectáculo estudiado.
- Aprezar o papel que desempeñan os diferentes medios en la transmisión e difusión do material artístico e espectacular.
- Adquirir flexibilidade e capacidade creativa propia á hora de traballar sobre os aspectos do espectáculo tratados en clase.
1. Espectáculo, cultura e relación interartísticas.
2. Xéneros e medios: heteroxeneidade e límites do espectáculo.
3. Teatro, performance e artes escénicas.
4. O Cinema.
ABUIN GONZÁLEZ, A., El teatro en el cine, Madrid: Cátedra, 2012.
ADORNO, T.W., The culture industry. New York: Routledge, 2001.
ALBRIGHT, D., Music speaks. On the language of Opera, Dance and Song, University of Rochester Press, 2009.
ALONSO PÉREZ, S. (ed.), Música y literatura : estudios comparativos y semiológicos, Madrid, Arco Libros, 2002.
BARTHES, R., "Réthorique de l'image", Oeuvres Complètes, 1964.
BATTA, András, Ópera, Barcelona, Könemann, 2005.
BENJAMIN, W. (1971). La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica. Mexico D.F.: Editorial Itaca, 1971.
BOBES NAVES, Mª del C., Semiología de la obra dramática, Marid, Taurus, 1997, 2ª ed.
CAMPOS GARCÍA DE QUEVEDO, G., Producción de eventos: la puesta en escena del protocolo. Madrid: Ediciones Protocolo, 2008.
CARMONA, R., Cómo se comenta un texto fílmico, Madrid, Cátedra, 1993.
CASAS, A. (coord.), Elementos de Crítica Literaria, Vigo, Edicións Xerais, 2004.
CLULEY, R., Engineering great moments: The production of live music. Leicester. University of Leicester, 2009.
CUADRADO GARCÍA, M. y PÉREZ CABAÑERO, C., «La gestión de la programación teatral en España», Investigaciones Europeas de Dirección y Economía de la Empresa, Vol. 13, nº1, 2007, pp. 79-89.
DONINGTON, R., Opera & its symbols. The unity of words, music & staging. New Haven & London: Yale University Press, 1990.
FISCHER-LICHTER, E., Semiótica del teatro, Madrid, Arco Libros, 1999.
GARCÍA BARRIENTOS, J.L., Cómo se comenta una obra de teatro, Madrid, Síntesis, 2007.
GAUDREAULT, A. e F. JOST, El relato cinematográfico, Barcelona, Paidós, 1995.
GENETTE, G., Figuras III, Barcelona, Lumen, 1989.
GOETHE, J.W., Ensayos sobre arte y literatura, Málaga, Universidad de Málaga, 2000.
GUBERN, R., Medios icónicos de masas, Madrid, Historia 16, 1997.
GUILLÉN, C., Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la literatura comparada, Barcelona, Crítica, 1985.
KERMAN, J., Write all these down: essays on music, Berkeley, University of California, 1994.
KOTLER, P. & SCHEFF, J. Marketing de las artes escénicas. Madrid: Fundación Autor, 2004.
KOWZAN, T., El signo y el teatro, Madrid, Arco, 1997.
KOWZAN, T., Literatura y espectáculo, Madrid, Taurus, 1992.
LAMAS DOMÉNECH, R., Música e identidad. El teatro musical español y los intelectuales en la Edad Moderna, Madrid, Alianza, 2008.
LESSING, G.E., Laocoonte, Madrid, Tecnos, 1989.
LOTMAN, Y., Semiótica de la cultura: Y. M. Lotman y Escuela de Tartu, Madrid, Cátedra, 1979.
LOTMAN, Y., Estructura del texto artístico, Madrid, Istmo, 1978.
LOTMAN, Y.M., Semiótica de la cultura, Madrid: Cátedra, 1979.
LÓPEZ PENA, Z., La verbena (en)cubierta: las actuaciones musicales en salas con programación periódica a través de la prensa local de Vigo (noviembre 1975-agosto 1990). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2016.
MANN, Th., Ensayos sobre música, teatro y literatura, Barcelona: Alba, 2002.
MARTÍN LÓPEZ, C., La trilogía Da Ponte-Mozart. De Sevilla a Europa, Sevilla, Fundación José Manuel Lara, 2007.
PÉREZ MARTÍN, M.A., Técnicas de Organización y Gestión aplicadas al teatro y al espectáculo, Ciudad Real: Ñaque, 2006.
PEÑA-ARDID, C., Literatura y cine, Madrid: Cátedra, 1999.
SPANG, K., Teoría del drama. Lectura y análisis de la obra teatral, Pamplona, EUNSA, 1991.
STRAW, W., Cultural Scenes. Montreal: McGill University, 2005. Recuperado de http://strawresearch.mcgill.ca/straw/loisirarticle.pdf a 23 de mayo de 2015.
TATTI, M., Dal libro al libretto. La letteratura per musica dal '700 al '900, Roma, Bulzoni, 2005.
TATARKIEWICZ, W., Historia de seis ideas, Madrid, Alianza, 2002.
URRUTIA, J., Contribuciones al análisis semiológico del film, Valencia, Fernando Torres, 1976.
VAN DER HOOGEN, E., El ABC de la ópera, Madrid, Taurus, 2005.
VÁZQUEZ MONTALBÁN, M, (1974), Cien años de Canción y Music Hall, Barcelona: Nortesur, 2014.
VILLANUEVA, D. (coord.), Curso de Teoría de la literatura, Madrid, Taurus, 1994.
- Con06: Coñecer a norma e uso coherente e adecuado das linguas ambientais (español ou galego), tanto de
forma oral como escrita
- Con09: Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos humanos diversos
- H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun modo claro e eficaz
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas
Na modalidade virtual o proceso de ensino e aprendizaxe desenvolverase, fundamentalmente, a distancia e atendendo ás características da formación en remoto. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docentes e alumnado, realizaranse a través da aula do Campus virtual da USC e mediante a tecnoloxía de streaming corporativa da USC ( MSTeams).
Cada semana haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais e será transmitida pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona e este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona.
A hora semanal de titoría non presencial síncrona corresponderá a unha das horas de titoría que todo o profesorado debe publicar ao comezo da súa actividade lectiva. O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato antes do comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, realizaranse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) e teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do estudantado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e estudantado. Na Aula Virtual estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia. As consultas realizadas polas/os estudantes serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o/a docente non estea a gozar dalgún permiso oficial.
Na aula virtual a docente poñerá a disposición do estudantado recursos e tarefas que responderán a diversas metodoloxías: clase maxistral, comentarios de texto e produtos audiovisuais, presentación oral de traballos, exercicios, estudos de caso, etc.
Mediante avaliación continua e o exame final complementario. Nesta primeira oportunidade o 60% da cualificación final corresponderá á avaliación das tarefas e actividades programadas na aula virtual. Para poder desfrutar desta avaliación continua será necesario entregar, como mínimo, unha das actividades programadas en cada un dos catro temas. Neste proceso de avaliación continua os principais obxectos de valoración serán:
- A consistencia teórica e argumental, así como a corrección formal dos traballos escritos e das exposicións orais presentados (40%).
-A participación activa, orixinal e construtiva na aula virtual (participación no foro da materia) (20%)
O outro 40% da nota final corresponderá á nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro. Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 neste exame final.
SEGUNDA OPORTUNIDADE Os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade: 40% exame, 20% valoración da participación activa na aula virtual e 40% avaliación das tarefas entregadas. Nesta segunda oportunidade o alumnado terá a ocasión de volver entregar, ou facer por primeira vez, un máximo de dúas das tarefas programadas para poder mellorar a súa cualificación no criterio de avaliación continua.
CONVOCATORIAS POSTERIORES O alumnado repetidor, que xa cursara esta materia, será avaliado co mesmo sistema de avaliación explicado para o alumnado de primeira matrícula tanto na primeira como na segunda oportunidade. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Docencia non presencial síncrona: 15 horas
Titorías non presenciais síncronas: 15 horas
Docencia non presencial asíncrona: 14 horas
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 102 horas
Avaliación final (exame): 4 horas
Na modalidade de docencia virtual resulta indispensable o traballo constante e continuo, o que obrigará a entrar na aula virtual cando menos un par de veces á semana ó longo do semestre. A lectura e estudo dos materiais proporcionados polo profesor, a participación activa nos foros e actividades abertas na aula virtual e a realización e entrega en prazo das tarefas programadas será a forma máis eficaz de lograr os obxectivos formativos. A asistencia habitual á sesión semanal de docencia presencial será moi útil para clarificar os contidos máis complexos da materia.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL: O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ó docente, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Silvia Alonso Perez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- silvia.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
02.06.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |