Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
Recoñecer, definir, explicar e xustificar os valores éticos propios da profesión
Recoñecer os dereitos culturais como dereitos humanos e posuir destrezas para a súa posta en práctica e implementación
Adherirse a un compromiso moral e social desde o sector profesional da cultura
Conxugar a perspectiva global coas identidades e os recursos socioculturais propios de cada rexión e ámbito local de incumbencia
Aplicar os coñecementos e estratexias á diversidade cultural, persoal, de xénero, etc., presentes na sociedade
1. Cuestións introdutorias: a ética e a xestión cultural
2. Reflexións desde o ámbito da cultura
2.1. A cultura como portadora de identidade, valores e significado
2.2. O global e o local: proteción da diversidade cultural
2.3. Interculturalidade e diálogo intercultural
2.4. Cultura e cooperación para o desenvolvemento
2.5. Cultura e medio: desenvolvemento sostible
3. Reflexións desde o ámbito da sociedade
3.1. Cultura, paz e valores democráticos
3.2. Dereitos humanos
3.3. Participación da sociedade civil
3.4. Igualdade de xénero
4. Reflexións desde o ámbito da profesión
4.1. Responsabilidade ética e social da xestión cultural
4.2. Boas prácticas profesionais
Bibliografía básica:
• ASOCIACIÓN DE PROFESIONALES DE LA GESTIÓN CULTURAL DE CATALUÑA (1996), La gestión cultural: una nueva profesión en debate. Barcelona.
• ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA XESTIÓN CULTURAL: pensamentos sobre que facer coa cultura?
• MARCÉ, X. & MARTINELL, A. (1995): Perfil y formación de gestores culturales en España. Madrid, Ministerio de Cultura.
• MARTÍN-BARBERO, J (2010): “Industrias culturales: modernidad e identidad” en Cuadernos de comunicación y cultura, nº 15.
• MARTINELL, A (2001): La gestión cultural: singularidad profesional y perspectivas de futuro. (Recopilación de textos). Disponible en: http://observatoriocultural.udgvirtual.udg.mx/repositorio /bitstream/handle/123456789/346/AlfonsoMartinell_GC.pdf?sequence=1&isAllowed=y
• MENÉNDEZ, C. & GUÉREZ, V. (eds.) (1994): La formación en gestión cultural. Secab-Colcultura, Colombia.
• MENÉNDEZ, C. & FARFAN, M. (eds.) (1995): El gestor cultural. Agente de cambio. Secab, OIE, Ministerio de Educación y Cultura de Ecuador.
Bibliografía complementaria:
• BONET, L. (1995): La cultura contemporánea, un sector mercantilizado. Santiago de Compostela, Universitat de Barcelona.
• INCANOP (1997): Les professions de la cultura. Barcelona, Generalitat de Catalunya.
• NAISSBETT, J. (1990): Megatendencias 2000. Bogotá, Editorial Norma.
• TAYLOR, Ch. (1994): Multiculturalismo y las políticas de reconocimiento. FCE, México.
• UNESCO: Convención sobre la protección y la promoción de la diversidad de las expresiones culturales. París, 20 de octubre de 2005. Dispoñíbel en: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/ pf0000142919_spa
• UNESCO: Batería de Indicadores UNESCO en Cultura para el Desarrollo. Febrero 2011. (Borrador). Dispoñíbel en: http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/CLT/pdf/Co nv2005 _CDi ndicators_Analytical_ es.pdf
• UNESCO: Nuestra diversidad creativa: Informe de la Comisión Mundial de Cultura y Desarrollo. Dispoñíbel en: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000105586_spa
• ZALLO, R. (1992): El mercado de la cultura: estructura económica y política de la comunicación. San Sebastián, Editorial Garos.
• ZALLO, R. (1988): Economía de la comunicación y la cultura. Madrid, Akal.
- Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir juizos que inclúan reflexións sobre temas de índole
social, científica ou ética
- H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos
procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano,
atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con
diversidade funcional
No horario oficial da materia está prevista 1 hora semanal de clase presencial (14 horas), á que se poderá asistir ou ben na aula ou de xeito síncrono, a través da plataforma MSTeams. Igualmente, programaránse 12 horas de titorías en grupo reducido.
O alumnado poderá contar coa posibilidade dun seguimiento personalizado a través das titorías.
Utilización da aula virtual como ferramenta principal para a docencia.
Utilización de recursos e fontes bibliográficas, proporcionadas pola profesora en formato dixital
Elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de curso, individualmente ou en grupo, a través de aula virtual
Utilización da tecnología streaming para o desenvolmento de encontros entre o alumnado e encontros e aulas de profesorado e alumnado
Presentación oral de traballos
SISTEMA DE AVALIACIÓN PONDERACIÓN
Participación activa na aula virtual (tutorías, chats, foros e debates, e outras ferramentas virtuais) 20%
Actividades de avaliación continua 70%
Exame 10%
Para a segunda oportunidade, as actividades requeridas serán axustadas ao que cada estudante precise recuperar, mantendose a cualificación das partes xa superadas.
O alumnado de 2ª convocatoria poderá cursar a materia como se fora alumnado ordinario, sendo cualificado do mesmo xeito; de non elixir esta opción, deberán ser entregadas as actividades de avaliación continua (que computarán un 70% da cualificación final) pasando a prueba de exame a computar un 30% da cualificación.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
As competencias a acadar a través da materia serán avaliadas a través das actividades de avaliación previstas. A totalidade das competencias, e fundamentalmente aquelas referidas a actitudes e compromisos éticos y democráticos, serán atendidas nas actividades interactivas solicitadas para a avaliación continua e as participacións de clase; as competencias Con02 e H/D03, ademáis, poderán ser avaliadas a través da proba escrita.
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDADE
Actividade presencial: presentación de contidos básicos e clases prácticas 14 100
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodológico 12 100
Exame presencial 4 100
Traballo personal do alumnado e outras actividades 120 0
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Beatriz Fernandez Herrero
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 982824742
- Correo electrónico
- beatriz.fernandez.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
22.05.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |